Obradoiro de percusión Tradicional, para tí que buscas un instrumento feito a medida, artesanalmente e con materiais naturais
Percusión Tradicional GalegaEsta noite hai foliada…! Que ben o vas pasar…!
Tes que porte ghuap@ e preparar todo o que precisas levar.
O primeiro a pandeireta, algo de cera para que risque ben, as letriñas dunhas cancións que ainda non te sabes moi ben e igoal hai que cantalas…
Ah! e o móbil, claro!, e tamén diñeiro ( que non vas andar gorroneando toda a noite!)
Ai! e o carnet de conducir e as chaves do coche…!
Onde vou levar todo isto…!
ENTENDÉMOSTE PERFETAMENTE, A NÓS PÁSANOS O MESMIÑO…!
Por iso deseñamos esta funda, para que poidas levar todo o que precisas nun só bolso!
É importante levar a pandeireta na súa funda para protexela de posibles golpes e tamén dos cambios de temperatura e humidade que tal mal lle sentan os instrumentos de madeira.
É unha lata andar con varios bolsos ou cos bolsillos cheos de cousas (móbil, chaves, carteira...). Leva todo o que precisas na mesma funda e pasao ben sen complicacións!
A funda transfórmase facilmente en mochila. Así, cando estás tocando non tes que deixar a funda por aí tirada e podes ter controladas todas as túas cousas. Sen preocupacións!
UNHA FUNDA TODOTERREO…!
Eleximos o tecido por:
É cadrada para:
Decidimos facer varios bolsillos:
Esta funda está totalmente feita a mán no noso Obradoiro.
E podemos personalizarcha o teu gusto
♥ Podes escoller o tecido.
Nós usamos lona de algodón impermeabilizada porque nos parece un tecido de calidade e resistente, pero tí podes propor outro tipo de tecido que che guste.
♥ Podes escoller as cores.
En lona de algodón, temos negro, encarnado, azul e crudo, e algún estampado. Neste tipo de tecido é máis complicado atopar variedade de cores. Se che gusta algúnha outra cor, cóntanos e miramos si se pode atopar.
♥ Podes pedir algún bolsillo especial.
Se precisas un bolsillo extra ou para levar algun obxeto concreto tamén cho facemos.
Tes algunha dúbida sobre a funda?
O precio desta funda ou unha similar é de 55 euros
(Máis 10 euros de gastos de envío)
Para personalizacións máis complexas ponte en contacto con nós
Copiright©Son De Pau
Aviso Legal-Política de Privacidade-Política de cookies