Os tamboriles e tambores están ligados en casi tódalas culturas cos traballos de cultivar, de construir, de fabricar. Cada traballo ten o seu ritmo.
Nas culturas ancestrais, os Druidas, Chamáns e Sacerdotes usábanos nos seus rituais. Consideraban que a percusión en xeral e o toque dos tambores en particular estaban ligados a maxía e facilitaban a comunicación co máis alá.
Que é un tamboril?
Os tamboriles son instrumentos de percusion similares a un tambor pero co corpo máis estreito e alongado. Son máis pequenos e lixeiros porque antigamente tocábanse coa mán dereita mentres coa esquerda tocábase unha frauta de tres buratos.
AS MEDIDAS DOS TAMBORILES
Tamboril de 25cm. de diámetro
Diámetro: 25 cm.
Altura corpo: 20 cm.
Altura dos arillos: 3,6 cm. aproximadamente.
Tamboril de 22cm. de diámetro
Diámetro: 22 cm.
Altura corpo: 15 cm.
Altura dos arillos: 2,5 cm. aproximadamente.
Tambores de outras medidas
Se queres un tambor con outras medidas consúltanos.
25 cm. de diámetro
22 cm. de diámetro
Comparación de tamaños
A MADEIRA DO TAMBORIL
Para os tamboriles de 25cm. de diámetro usamos madeira de cerdeira.
Para os tamboriles de 22 cm. de diámetro usamos madeira de chopo ou de bidueiro para o corpo e madeira de faia para os arillos.
O TIPO DE ACABADO DO TAMBORIL
Tamboril coa madeira ó natural
A madeira coa súa cor natural, bernizada con berniz incoloro ou tratada con aceite de tung.
Tamboril coa madeira escurecida
Escurecida con nogalina e bernizada con berniz incoloro.
Tamboril coa madeira tinguida
Madeira Tinguida con tintes de distintas cores, verde, laranxa, azul, … e bernizada con berniz incoloro.
Acabado natural
Acabado escurecido
Tinguido de cores
O TIRABORDÓN E O ENGANCHE DO CINTO
Facémolo a partir de láminas de aceiro inoxidable que cortamos, moldeamos e pulimos no Obradorio.
Tirabordón
Enganche para o cinto
PARCHE, CORDA E AROCHOS
Parche de pel de cabra.
Corda de Cáñamo
Arochos en coiro negro.
Corda de cáñamo e arochos de coiro negro
Parche de piel de cabra
BORDÓN DE CORDA DE TRIPA
O bordón é unha corda de tripa entorchada e encerada.
Faise unha corda unindo varias tripas que se enroscan entre sí.
Logo estíranse e póñense a secar.
Unha vez secas encéranse con cera virxen de abella .
E finalmente púlese.
Todos estes procesos fanse no Obradoiro
Corda de tripa
Bordón de corda de tripa
PRECIO DOS TAMBORILES
Tamboril de 25cm. de diámetro
Diámetro: 25cm
Altura do corpo: 20cm
Altura dos Arillos: 3,6cm.
Madeira: Cerdeira
Acabado: Natural, escurecido ou tinguido
Parche: Pel de Cabra
Corda: Cáñamo
Arochos: Coiro negro
Enganche do cinto: Aceiro inox
Tirabordón: Aceiro inox
Bordón: Corda de tripa
Baquetas: Incluídas
Precio: 450 euros
Tamboril de 22 cm. de diámetro
Diámetro: 22cm
Altura do corpo: 15cm
Altura dos Arillos: 2,5cm.
Madeira: Corpo en madeira de amieiro e arillos de faia
Acabado: Natural, escurecido ou tinguido
Parche: Pel de Cabra
Corda: Cáñamo
Arochos: Coiro negro
Enganche do cinto: Aceiro inox
Baquetas: Incluídas
Precio: 250 euros
Tamboril de 25 cm. 450 euros
Tamboril de 22 cm. 250 euros
QUERES PERSONALIZAR O TEU TAMBORIL CUN PEQUENO DETALLE...?
E sen que supoña un maior coste para tí….!
-Podes personalizalo co teu nome
-Se queres engadirlle un detalle pirogravado envíanos o debuxo que che gusta e decímosche o custo que tería.
Podes ver algúns exemplos a continuación… Para que te fagas unha idea!
IMOS FACER UN PEQUENO REPASO
#1. Escolle o tamaño do teu tamboril
#2. Escolle o acabado
#3. Consulta os prezos
#4. Queres o teu nome e/ou algún pequeno detalle pirogravado...?
ENVIOS POR TRANSPORTE E PAGO
Estamos en Reboreda, no Concello de Porqueira a uns quince kilómetros de Xinzo de Limia. Se estás preto de nós podes pasar polo Obradoiro e así coñecémonos.
Se non é o caso, e vives lonxe… non te preocupes…! Mandámoscho por transporte.
O custo dos gastos de envío son 10 euros dentro da Península.
Para outro lugares consúltanos…!
O pago podes facelo, unha vez que recibes o tamboril e comprobas que chegou ben, através dunha transferencia bancaria a un número de conta que che enviaremos.
Se queres un tamboril con outro tipo de madeira, tes algunha dúbida ou algo que comentarnos preme no seguinte botón e fala con nós….!