MERCA O TEU BOMBO SONDEPAU

O Bombo introdúcese na música tradicional galega através das bandas que proliferaban no século XIX.

Convírtese en compañeiro inseparable da gaita, o clarinete e a caixxa nos Cuartetos Tradicionais que se popularizaron a principios do século XX.

É o encargado de remarcar o pulso na melodía.

 

Guardar

Guardar

QUE MEDIDA DE BOMBO QUERES?

De 55cm. de diámetro

Diámetro:  55 cm.

Altura corpo: 20 cm.

Altura dos aros: 4 cm. aproximadamente.

De 45cm. de diámetro

Diámetro:  45 cm.

Altura corpo: 20 cm.

Altura dos aros: 4 cm. aproximadamente.

De outras medidas

Se queres un bombo con outras medidas consúltanos.

Bombo de 55cm. de diametro

55 cm. de diámetro

Bombo de 45 cm.

45 cm. de diámetro

Comparativa de tamaños dos bombos

Comparación de tamaños

A MADEIRA DO BOMBO

Para o corpo do bombo usamos madeira de chopo ou amieiro.

E os aros van en madeira de faia.

O TIPO DE ACABADO

Coa madeira ó natural

A madeira coa súa cor natural, bernizada con berniz incoloro ou tratada con aceite de tung.

Coa madeira escurecida

Escurecida con nogalina e bernizada con berniz incoloro.

Coa madeira tinguida

Madeira Tinguida con tintes de distintas cores, verde, laranxa, azul,  … e bernizada con berniz incoloro.

Bombo acabado natural

Acabado natural

Bombo con acabado escurecido

Acabado escurecido

Bombo tinguido

Tinguido de cores

PARCHE, CORDA E AROCHOS

Parche de pel de cabra.

Corda de Cáñamo

Arochos en coiro negro.

CORREA DE COIRO E MAZA

Correa de coiro regulable y maza incluída

PRECIO DOS BOMBOS

Bombo de 55cm. de diámetro

Precio: 460 euros

Bombo de 45cm. de diámetro

Precio: 400 euros

QUERES PERSONALIZAR O TEU BOMBO CUN PEQUENO DETALLE...?

E sen que supoña un maior coste para tí….!

-Podes personalizalo co teu nome

-Ou engadirlle un sinxelo detalle pirogravado.

Para pintar no parche un logo, escudo, etc … consúltanos precios.

Podes ver algúns exemplos a continuación… Para que te fagas unha idea!

IMOS FACER UN PEQUENO REPASO

ENVIOS POR TRANSPORTE E PAGO

Estamos en Reboreda, no Concello de Porqueira a uns quince kilómetros de Xinzo de Limia. Se estás preto de nós podes pasar polo Obradoiro e así coñecémonos.

Podes consultar en google onde está o Obradoiro SonDePau.

Se non é o caso, e vives lonxe… non te preocupes…! Mandámoscho por transporte.

O custo dos gastos de envío son 10 euros dentro da Península.

Para outro lugares consúltanos…!

O pago podes facelo, unha vez que recibes o bombo  e comprobas que chegou ben, através dunha transferencia bancaria a un número de conta que che enviaremos.

Se  tes algunha dúbida ou algo que comentarnos preme no seguinte botón e fala con nós….!

Si xa o tes clarísimo… encarga agora o teu bombo…!