PANDEIRAS GALEGAS ARTESANAIS FEITAS A MAN
Merca unha pandeira tradicional galega personalizada
Gústache a pandeira e queres dar o paso a ter unha propia?
Construímos pandeiras galegas artesanais feitas a man, adaptadas á túa forma de tocar, ao son que buscas e ao uso que lle vas dar.
Cada instrumento está elaborado no noso obradoiro con materiais naturais e técnicas tradicionais.
👉 Se buscas comprar unha pandeira galega de calidade, aquí podes deseñala ao teu gusto.
Guardar
Guardar
Que é unha pandeira galega?
A pandeira galega é un instrumento de percusión tradicional de marco redondo, con pel tensada e ferreñas metálicas.
É fundamental na música popular galega, acompañando:
- Canto tradicional
- Baile
- Música de raíz
O seu son combina ritmo, textura e presenza, sendo máis grave e potente que a pandeireta.
Guardar
Guardar
Pandeiras feitas a medida
Cada pandeira constrúese baixo pedido. e podes personalizar:
Guardar
Guardar
TIPO DE MADEIRA
- Bidueiro → lixeiro e equilibrado
Cerdeira → máis cálido e consistente
Nogal → máis denso e estable, con son profundo e boa proxección
👉 A madeira inflúe no peso, estética e resonancia.
Guardar
Guardar
TAMAÑO DA PANDEIRA
O tamaño das pandeiras é de 40 centímetros de diámetro por 8 centímetros de alto. Se queres outra medida consúltanos.
Guardar
Guardar
FERREÑAS
- Grandes (7 cm. de diámetro) → máis volume e apertura
- Pequenas (5.5 cm. de diámetro)→ máis control e definición
Fabricadas artesanalmente para garantir durabilidade e bo comportamento acústico.
Guardar
Guardar
ACABADOS
- Natural (aceite ou verniz)
- Escurecido (nogalina)
- Tinguido en cor
Guardar
Guardar
Prezo das pandeiras galegas
Pandeira de bidueiro
150 euros
Pandeira de cerdeira e nogal
160 euros
PERSONALIZACIÓN DAS PANDEIRAS
Podes engadir:
- Nome gravado
- Debuxos
- Detalles únicos
👉 Cada pandeira pode ser unha peza única.
O custo da personalización é de 15 euros.
Guardar
Guardar
RESUMINDO
Tes que fixarte nos seguintes puntos para encargar a túa pandeira personalizada
Guardar
Guardar
- Tipo de madeira
- Tamaño
- Ferreñas
- Acabado
- Se queres algunha personalización
No caso de elexir un pandeiro AFINABLE entón:
Guardar
Guardar
Guardar
Guardar
Quero unha pandeira feita a medida
Se queres unha pandeira con outras medidas, algún deseño especial ponte en contacto con nós, cóntanos o que queres e darémosche un presuposto sen compromiso.
Guardar
Guardar
Como recibo e como pago a miña pandeira...?
ENVÍOS E PAGO DENTRO DA PENÍNSULA
Guardar
Guardar
Estamos en Reboreda, no Concello de Porqueira a uns quince kilómetros de Xinzo de Limia.
Se estás preto de nós podes pasar polo Obradoiro e así tamén podemos coñecémonos.
Podes consultar en google onde está o Obradoiro SonDePau.
Se non é o caso, e vives lonxe… non te preocupes…! Mandámoscha por transporte.
O custo dos gastos de envío son 10 euros dentro da Península.
Para outro lugares consúltanos…!
O pago podes facelo, unha vez que recibes o pandeiro e comprobas que chegou ben, através de bizum ou dunha transferencia bancaria a un número de conta que che enviaremos.
Guardar
Guardar
ENVÍOS E PAGO FORA DA PENÍNSULA
Guardar
Guardar
Se o envío é para fora da Península entón terás que consultarnos o custo.
O pago podes facelo, unha vez que recibes o pandeiro e comprobas que chegou ben, através dunha transferencia bancaria a un número de conta que che enviaremos.
Guardar
Guardar
Ainda teño algunha dúbida
Guardar
Guardar
Xa o teño clarísimo...!
Copyryht © 2017 Son de Pau