Pandeiretas personalizadas

Gustache a pandeireta e por fin decidíches apuntarte a clases?

Cando empezaches a tocar deixáronche unha, pero xa vai sendo hora de ter a túa propia?

Levas anos coa mesma pandeireta e a pobre xa non da pra máis?

Ou simplemente pensas que xa te mereces un pequeno capricho?

Estrea pandeireta...!

A túa pandeireta vai ser a túa compañeira durante moito tempo… así que queremos que estés a gusto con ela.

Imos…,mans a obra!

Comeza xa a deseñar a túa pandeireta….

ELIXE A MADEIRA DA TÚA PANDEIRETA

Agora mesmo estamos usando:

Madeira de Bidueiro ou Bido

Esta árbore é moi abundante no noso entorno e fai unha función moi importante nas zonas húmidas e nas ribeiras dos ríos.

Antigamente usábanse moito na vida cotiá do rural.

Por exemplo, nalgunhas pezas dos carros, dos muiños, para cestería, apeiros de labranza…. e como non, nas zocas.

E como dí o poema de Manuel María:

“Anque feitas de bido ou amieiro son, como o vento, de lixeiras”

A súa madeira nestes últimos anos caeu en desuso ó ir desaparecendo moitas das actividades da vida rural.

Hoxe non é doado atopalas nos aserradoiros.

Este é o resultado do noso intento por recuperar o uso desta madeira.

-Madeira de cerdeira

Madeira de Cerdeira

A madeira de cerdeira é unha madeira noble e ben coñecida.

As pandeiretas feitas con esta madeira, de forma cariñosa chamámoslles Cereixas xa que, o mesmos que as ricas froitas, as pandeiretas tamén son froito da cerdeira.

O tipo de madeira que elixas é o que basicamente vai afectar o precio final da pandeireta.

Conta con que a cerdeira é unha madeira máis custosa que a de bidueiro.

Son de Pau Obradoiro de percusion tradicional galega-Pandeireta 10 pares de ferreñas

Madeira de Cerdeira

Pandeireta de Bidueiro 1

Madeira de Bidueiro

COLLES A PANDEIRETA COA MAN DEREITA OU COA ESQUERDA...?

Tanto se escolles a unión solapada como a pano nos dous casos a empuñadura ten un diseño ergonómico que se adapta a mán.

Se eres zurdo ou colles a pandeireta coa mán esquerda tamén tes a túa pandeireta adaptada.

GÓSTANCHE AS PANDEIRETAS COA COR NATURAL DA MADEIRA OU TINGUIDA...?

Madeira Natural

A madeira coa súa cor natural, bernizada con berniz incoloro ou tratada con aceite de tung.

Madeira Escurecida

Escurecida con nogalina e bernizada con berniz incoloro.

Madeira Tinguida

Madeira Tinguida con tintes de distintas cores, verde, laranxa, azul, rosa … e bernizadas con berniz incoloro.

Tamén hai pandeiretas con dúas cores, no interior a cor natural da madeira e no exterior unha cor a elexir.

Pandeireta de madeira en acabado natural

Madeira de cerdeira con acabado natural

Obradoiro de instrumentos de percusion tradicional galega-pandeireta corazons

Madeira tinguida en branco con corazóns encarnados

QUERES UN SON MÁIS FORTE OU MÁIS APAGADO...?

Podes escoller:

Ferreñas de 5,5 cm.

Este é o tamaño máis común e teñen un son máis forte e cristalino.

Ferreñas de 5 cm.

Estas ferreñas son un pouquiño máis pequenas e ten un son máis agudo.

As Ferreñas Son de Pau están feitas no propio obradoiro con folla de lata recortada, ondulada, temperada e bernizada. Caracterízanse por un son máis suave, ideais para cantar. Ademáis pola súa forma de cuncha non marcan a madeira ó bater contra ela.

Bernizando ferreñas

Ferreñas de folla de lata feitas no Obradoiro

ferreñas temperadas

Ferreñas temperadas

OS PREZOS DAS PANDEIRETAS

Pandeireta de madeira de Cerdeira

De dez pares de ferreñas colocadas en línea (24cm. de diámetro)  o prezo 110 euros.

De nove pares de ferreñas alternas (24cm. de diámetro) o prezo é de 100 euros

De sete pares de ferreñas (22cm. de diámetro) o prezo é de 90 euros

Pandeiretas de madeira de cerdeira con 10 pares de ferreñas

Dez pares de ferreñas colocadas en línea (24cm. de diámetro)

120 euros

Pandeireta de madeira en acabado natural

Nove pares de ferreñas colocadas alternas (24cm. de diámetro)

110euros

pandeireta de cerdeira de sete pares

Sete pares de ferreñas colocadas alternas (22cm. de diámetro)

100 euros

Pandeireta de madeira de Bidueiro

De nove pares de ferreñas colocadas en línea   BICOLORES (24cm. de diámetro) o prezo é de 95 euros

De nove pares de ferreñas (24cm. de diámetro) o prezo é de 90 euros

De sete pares de ferreñas (22cm. de diámetro) o prezo é de 80 euros

Pandeireta bicolor de bidueiro con 9 pares de ferreñas

Nove pares de ferreñas e dúas cores (24cm. de diámetro )

105 euros

pandeiretas de bidueiro de sete pares de ferreñas

Nove pares de ferreñas e unha cor (24cm. de diámetro )

100 euros

Pandeireta de bidueiro de sete pares de ferreñas

Sete pares de ferreñas (22cm. de diámetro )

90 euros

QUERES UN DETALLE ESPECIAL NA TÚA PANDEIRETA...?

Personalizar a túa pandeireta co teu nome e un pequeno debuxo pirograbado  ten un custo de 15 euros.

Podes ver algúns exemplos a continuación… Para que te fagas unha idea!

IMOS FACER UN REPASO

ENVIOS POR TRANSPORTE E PAGO

Estamos en Reboreda, no Concello de Porqueira a uns quince kilómetros de Xinzo de Limia. Se estás preto de nós podes pasar polo Obradoiro e así coñecémonos.

Podes consultar en google onde está o Obradoiro SonDePau.

Se non é o caso, e vives lonxe… non te preocupes…! Mandámoscha por transporte.

O custo dos gastos de envío son 10 euros dentro da Península.

Para outro lugares consúltanos…!

O pago podes facelo, unha vez que recibes a pandeireta e comprobas que chegou ben, através dunha transferencia bancaria a un número de conta que che enviaremos.

Se che queda algunha dúbida  ou tes algo que comentarnos preme no seguinte botón e fala con nós….!

Si xa o tes clarísimo… encarga agora a tua pandeireta…!

Copyryht © 2025 Son de Pau

Aviso Legal — Protección de Datos — Política de Cookies

logo SonDePau
Resumen de Privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénanse no teu navegador e realizan funcións tales como recoñecerte cando volvas a nosa web ou axudar o noso equipo a comprender qué seccións dla web encontras máis interesantes e útiles. Podes ver o noso Aviso Legal e a nosa Protección de datos.