Os tamboriles e tambores estan ligados en casi tódalas culturas cos traballos de cultivar, de construir, de fabricar. Cada traballo ten o seu ritmo.
Nas culturas ancestrais, os Druidas, Chamáns e Sacerdotes usábanos nos seus rituais. Consideraban que a percusión en xeral e o toque dos tambores en particular estaban ligados a maxía e facilitaban a comunicación co máis alá.
E non me extraña vendo cousas como esta…
QUE SON OS TAMBORILES?
Os tamboriles son instrumentos de percusion similares a un tambor pero co corpo máis estreito e alongado. Son máis pequenos e lixeiros porque antigamente tocábanse coa mán dereita mentres coa esquerda tocabase unha frauta de tres buratos.
#Son de madeira
Para os tamboriles usamos madeira de cerdeira, freixo e chopo. As veces o corpo é dunha madeira e os aros son de outra.
#Tipo de acabado
-Ó natural
A madeira coa súa cor natural e bernizado con berniz incoloro.
-Escurecido
Tínguese a madeira con nogalina. Acádanse tons dende un tostado claro a un marrón escuro.
#Tirabordón e enganche do cinto
Facémolo a partir de láminas de aceiro inoxidable que cortamos, moldeamos e pulimos.
#Bordon de corda de tripa
Nunha corda únense varias tripas que se enroscan entre sí.
Logo estíranse e póñense a secar.
Unha vez secas encéranse con cera de abella virxen.
VARIOS TAMBORILES E UN TAMBOR
CÓNTANOS
Se queres preguntarnos algo sobre os tamboriles ou che interesa algún en concreto fala con nós através do correo electrónico ola@sondepau.com ou através da páxina de contacto.
Ah! … e se che gusta o blog suscríbete.