X

Quen somos

Para quen é Son de Pau?

-PARA TÍ … que vives a música tradicional con paixón.

-PARA TÍ … que ves no teu instrumento de percusión un compañeiro.

-PARA TÍ … que queres un instrumento-compañeiro feito a medida.

-PARA TÍ … que valoras o traballo artesanal e os materiais naturais.

-PARA TÍ construimos pandeiretas, tamboriles e tambores, pandeiros e pandeiras, bombos… e arranxamos o teu instrumento- compañeiro se o precisa.

Quen somos?

Quen somos?  Dificil pregunta… e a resposta pódenos levar a temas demasiado metafisicos. Así que mellor centrarémonos no aspecto máis mundano.

Somos Eloi e Pilar, vivimos en Reboreda, unha pequena aldea de Ourense, xunto coa nosa filla Estrela.

Sempre nos gustou vivir no campo, por iso despois de algún anos estudiando e traballando fóra, decidimos instalarnos aquí.

Neste tempo adicámonos á agricultura ecolóxica e a construir a nosa casa.

Fai cinco anos decidimos dar un cambio a nosa vida e deixamos de traballar  na agricultura, ainda que seguimos tendo unha horta para a casa.

Nese momento abríuse ante nós a posibilidade de facer algunhas cousas que nos apetecían, pero que ata entón non tivéramos tempo. E outras que nin nos inmaxinábamos.

Entre esas posibilidades surxe a música tradicional, casi sen darnos conta.

Ata entón, o noso contacto coa música limitábase a mirar, con certa envexa, para aqueles que nas xuntanzas de amigos, sacaban os seus instrumentos e púñanse a tocar.

Un día comentáronnos que había un profe que daba clases de música tradicional no Concello, e alá fomos.

Agora acudimos  puntualmente ás clases con David e os ensaios co grupo Vai de Vagar.

Co noso historial de “yo me lo guiso, yo me lo como” non foi nada extraño que acabáramos facendo os nosos instrumentos… e dende aí, unha cousa foi levando a outra… e aquí estamos… Son de a Pau Obradoiro de percusión tradicional.

Este blog surxe para que  poidas acompañarnos nesta aventura, e xuntos vaiamos aprendendo e compartindo experiencias ó redor  da música tradicional.

Compartiremos contigo

– Técnicas de construcción dos instrumentos.

-Falaremos de grupos de música tradicional.

-Iremos contando sobre as nosas festas e festiñas….

Particípa tí tamén

-Comparte con nós as túas cancións favoritas.

-Cóntanos  que é o que máis che gusta do teu instrumento-compañeiro.

-E fálanos tamén das túas festas e festiñas.

Suscríbete

Se che interesan estos temas suscríbete o blog.

Así poderemos estar en contacto e compartir contigo as novidades.

Ademáis podes descargarte gratis un pequeno cancioneiro coa letra de 15 cancións tradicionais e populares.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar