MERCA O TEU BOMBO SONDEPAU
O Bombo introdúcese na música tradicional galega através das bandas que proliferaban no século XIX.
Convírtese en compañeiro inseparable da gaita, o clarinete e a caixa nos Cuartetos Tradicionais que se popularizaron a principios do século XX.
É o encargado de remarcar o pulso na melodía.
Guardar
Guardar
QUE MEDIDA DE BOMBO QUERES?
De 55cm. de diámetro
Diámetro: 55 cm.
Altura corpo: 20 cm.
Altura dos aros: 4 cm. aproximadamente.
De 45cm. de diámetro
Diámetro: 45 cm.
Altura corpo: 20 cm.
Altura dos aros: 4 cm. aproximadamente.
De outras medidas
Se queres un bombo con outras medidas consúltanos.
55 cm. de diámetro
45 cm. de diámetro
Comparación de tamaños
A MADEIRA DO BOMBO
Para o corpo do bombo usamos madeira de chopo ou amieiro.
E os aros van en madeira de faia.
O TIPO DE ACABADO
Coa madeira ó natural
A madeira coa súa cor natural, bernizada con berniz incoloro ou tratada con aceite de tung.
Coa madeira escurecida
Escurecida con nogalina e bernizada con berniz incoloro.
Coa madeira tinguida
Madeira Tinguida con tintes de distintas cores, verde, laranxa, azul, … e bernizada con berniz incoloro.
Acabado natural
Acabado escurecido
Tinguido de cores
PARCHE, CORDA E AROCHOS
Parche de pel de cabra.
Corda de Cáñamo
Arochos en coiro negro.
CORREA DE COIRO E MAZA
Correa de coiro regulable y maza incluída
PRECIO DOS BOMBOS
Bombo de 55cm. de diámetro
Precio: 500 euros
Bombo de 45cm. de diámetro
Precio: 450 euros
QUERES PERSONALIZAR O TEU BOMBO CUN PEQUENO DETALLE...?
-Se queres facer un detalle pirogravado mándanos o debuxo que che gusta e dicímosche o custe que tería.
Para pintar no parche un logo, escudo, etc … consúltanos precios.
Podes ver algúns exemplos a continuación… Para que te fagas unha idea!
IMOS FACER UN PEQUENO REPASO
- #1. Escolle o tamaño do teu bombo
- #2. Escolle o acabado
- #3. Consulta os prezos
- #4. Queres o teu nome e/ou algún pequeno detalle pirogravado...?
- #5. Se queres pintar un logo, escudo, etc... no parche consúltanos precio
ENVIOS POR TRANSPORTE E PAGO
Estamos en Reboreda, no Concello de Porqueira a uns quince kilómetros de Xinzo de Limia. Se estás preto de nós podes pasar polo Obradoiro e así coñecémonos.
Podes consultar en google onde está o Obradoiro SonDePau.
Se non é o caso, e vives lonxe… non te preocupes…! Mandámoscho por transporte.
O custo dos gastos de envío son 10 euros dentro da Península.
Para outro lugares consúltanos…!
O pago podes facelo, unha vez que recibes o bombo e comprobas que chegou ben, através dunha transferencia bancaria a un número de conta que che enviaremos.
Se tes algunha dúbida ou algo que comentarnos preme no seguinte botón e fala con nós….!
Si xa o tes clarísimo… encarga agora o teu bombo…!