X

Tamboriles

Tamboriles

Os tamboriles e tambores están ligados en casi tódalas culturas  cos traballos de cultivar, de construir, de fabricar. Cada traballo ten o seu ritmo.

Nas culturas ancestrais, os Druidas, Chamáns e Sacerdotes usábanos nos  seus rituais.  Consideraban que a percusión en xeral e o toque dos tambores en particular estaban ligados a maxía e facilitaban a comunicación co máis alá.

Que é un tamboril?

Os tamboriles son instrumentos de percusion similares a un tambor pero co corpo máis estreito e alongado. Son máis pequenos e lixeiros porque antigamente tocábanse coa mán dereita mentres coa esquerda  tocábase unha frauta de tres buratos.

AS MEDIDAS DOS TAMBORILES

Tamboril de 25cm. de diámetro

Diámetro:  25 cm.

Altura corpo: 20 cm.

Altura dos arillos: 3,6 cm. aproximadamente.

Tamboril de 22cm. de diámetro

Diámetro:  22 cm.

Altura corpo: 15 cm.

Altura dos arillos: 2,5 cm. aproximadamente.

Tambores de outras medidas

Se queres un tambor con outras medidas consúltanos.

25 cm. de diámetro

22 cm. de diámetro

Comparación de tamaños

A MADEIRA DO TAMBORIL

Para os tamboriles de 25cm. de diámetro usamos madeira de cerdeira.

Para os tamboriles de 22 cm. de diámetro usamos madeira de chopo ou de bidueiro para o corpo e madeira de faia para os arillos.

O TIPO DE ACABADO DO TAMBORIL

Tamboril coa madeira ó natural

A madeira coa súa cor natural, bernizada con berniz incoloro ou tratada con aceite de tung.

Tamboril coa madeira escurecida

Escurecida con nogalina e bernizada con berniz incoloro.

Tamboril coa madeira tinguida

Madeira Tinguida con tintes de distintas cores, verde, laranxa, azul,  … e bernizada con berniz incoloro.

Acabado natural

Acabado escurecido

Tinguido de cores

O TIRABORDÓN E O ENGANCHE DO CINTO

Facémolo a partir de láminas de aceiro inoxidable que cortamos, moldeamos e pulimos no Obradorio.

Tirabordón

Enganche para o cinto

PARCHE, CORDA E AROCHOS

Parche de pel de cabra.

Corda de Cáñamo

Arochos en coiro negro.

Corda de cáñamo e arochos de coiro negro

Parche de piel de cabra

BORDÓN DE CORDA DE TRIPA

O bordón é unha corda de tripa entorchada e encerada.

Faise  unha corda unindo varias tripas que se enroscan entre sí.

Logo estíranse e póñense a secar.

Unha vez secas encéranse con cera virxen de abella .

E finalmente púlese.

Todos estes procesos fanse no Obradoiro

Corda de tripa

Bordón de corda de tripa

PRECIO DOS TAMBORILES

Tamboril de 25cm. de diámetro

Diámetro:   25cm
Altura do corpo: 20cm
Altura dos Arillos: 3,6cm.
Madeira: Cerdeira
Acabado: Natural, escurecido ou tinguido
Parche: Pel de Cabra
Corda: Cáñamo
Arochos: Coiro negro
Enganche do cinto: Aceiro inox
Tirabordón: Aceiro inox
Bordón: Corda de tripa
Baquetas: Incluídas

Precio: 450 euros

Tamboril de 22 cm. de diámetro

Diámetro:   22cm
Altura do corpo: 15cm
Altura dos Arillos: 2,5cm.
Madeira: Corpo en madeira de amieiro e arillos de faia
Acabado: Natural, escurecido ou tinguido
Parche: Pel de Cabra
Corda: Cáñamo
Arochos: Coiro negro
Enganche do cinto: Aceiro inox
Baquetas: Incluídas

Precio: 250 euros

Tamboril de 25 cm.
450 euros

Tamboril de 22 cm.
250 euros

QUERES PERSONALIZAR O TEU TAMBORIL CUN PEQUENO DETALLE...?

E sen que supoña un maior coste para tí….!

-Podes personalizalo co teu nome

-Se queres engadirlle un detalle pirogravado envíanos o debuxo que che gusta e decímosche o custo que tería.

Podes ver algúns exemplos a continuación… Para que te fagas unha idea!

IMOS FACER UN PEQUENO REPASO

ENVIOS POR TRANSPORTE E PAGO

Estamos en Reboreda, no Concello de Porqueira a uns quince kilómetros de Xinzo de Limia. Se estás preto de nós podes pasar polo Obradoiro e así coñecémonos.

Podes consultar en google onde está o Obradoiro SonDePau.

Se non é o caso, e vives lonxe… non te preocupes…! Mandámoscho por transporte.

O custo dos gastos de envío son 10 euros dentro da Península.

Para outro lugares consúltanos…!

O pago podes facelo, unha vez que recibes o tamboril  e comprobas que chegou ben, através dunha transferencia bancaria a un número de conta que che enviaremos.

Se queres un tamboril con outro tipo  de madeira, tes algunha dúbida ou algo que comentarnos preme no seguinte botón e fala con nós….!

Si xa o tes clarísimo… encarga agora o teu tamboril…!

Copyryht © 2025 Son de Pau

Aviso Legal — Protección de Datos — Política de Cookies