X

RAIGAME, unha visita ó Medievo

Raigame, a romería que se celebra, dende o ano 2002, en Vilanova dos Infantes (Celanova), coincidindo co día das Letras Galegas.

RAIGAME 2016

Este ano celébrou  a súa XV edición.

Estivo adicada os Segadores que no século XIX ían á sega a Castela.

Houbo exposición de ferramentas, fotografías, selos, pasaron varios documentais e unha demostración do ciclo do pan feita polos veciños de Queiroás.

Tamén se conmemorou na Praza Maior o centenario da galeguización do topónimo Vilanova dos Infantes e a entrega do premio “Adolfo Enríquez” ó etnógrafo Clodio González pola súa aportación á cultura tradicional galega.

Se tes interese en afondar sobre estes temas podes consultar O Xornal 2016

Ó longo de todo o día houbo actuacións de grupos de música e baile, nas distintas prazas do pobo, que para o pequeno que era, cantas prazas tiña!

Houbo mostras de distintas artesanías, oleiros, cesteiros, palilleiros e de calzado.

Un sinfín de postos de artesanía de todo tipo, e de comida e bebida.

Tamén acondicionaron algúns baixos das casas do pobo, para acoller postos e facer improvisadas tabernas.

O NOSO RAIGAME

Este, era o noso primerio ano nesta Romería.

Chegamos pola mañá e xa vimos que todo estaba moi ben organizado. Con amplas zonas de aparcamento ben señalizadas, baños públicos e informacións sobre as actividades.

O primeiro que nos sorprendeu foi a cantidade de xente que había, e que iría aumentando ó longo do día.

O pobo pareceunos precioso, ainda que se queres coñecelo e apreciar os seus rincóns e mellor que vaias outro día que non haxa tanta aglomeración.

Levabamos nenos e con tanta xente despistáronsenos varias veces, e andivemos media mañá e media tarde na súa procura. Así que non nos deu tempo a ver todo o que nos gustaría.

Pola mañá estivemos tocando.

A parte dos grupos que tiñan actuacións programadas había outros que tocabamos improvisadamente polas rúas.

Logo fomos comer debaixo dunha carballeira.

E pola tarde volta a tocar polo pobo.

Tivemos varias sorpresas ó longo do día, fómonos atopando con bastante xente que facía tempo que non viamos. Todo un pracer volverlles a dar unha aperta.

Retirámonos pronto, a verdade é que somos pouco festeiros, e un día enteiro de troula faisenos moito.

Dende logo un día intenso.

E O TEU RAIGAME?

¿Estiveches no Raigame?

¿Que tal o pasaches?

¿Que foi o que máis che gustou?

Se che apetece cóntanos as túas impresións facendo un comentario.

Eloi e Pilar:

View Comments (2)

  • Que dia máis bonito....!!!!
    Temos un folclore marabilloso.
    Xa me apunto para a próxima.

    • Dende logo un día especial, non é fácil ver a tanta xente nunha aldea tan pequena.
      Nin a tanto ghaiteiro xunto!

Related Post