X

Romaría Brava- De festa por Cambeo…!

A Romaría Brava

O pasado sábado día 9 estivemos en Cambeo na Romaría Brava que organizaba a asociación Xoaninha Brava.

A Xoaninha Brava está formada por un grupo de rapazas e rapaces que, botando en falta, preto delas, festas que teñan como protagonista a música tradicional decidiron montar unha.

E vaia se a montaron….!

A música estivo presente toda a xornada, gaitas, pandeiretas, pandeiros, tambores, cantos, bailes…. foi un punto de encontro para as persoas que gostamos do tradicional.

A festa foi no campo da festa de Cambeo, unha carballeira moi xeitosa para comer, tocar, bailar e tamén para pór o noso posto de instrumentos de percusión xunto con outros compañeiros e amigos artesáns.

Durante toda a tarde houbo actividades.

Os Rampeiros

Os Rampeiros deron comezo á festa…tocando unhas pezas ben animadas polo campo.

E como podedes comprobar no video…. había un vento un pouco tolo…!

A verdade é que as gravacións non son moi boas…. ! Temos que aprender a gravar e a editar os videos… Hoxe o tempo non da para máis…pero todo sea andará.

Xogos e enredos

Na Romería Brava pensaron nos máis pequenos e había unha zona de xogos e enredos para os cativos.

Foliada

Despois do xantar os que quixeron xuntáronse para tocar e bailar.

Obradoiro de baile

Da man de Xavier de Merí e das pandereteiras Charamusga do Concello de Coles organizouse un obradoiro de baile tradicional…

Que por certo non temos nin idea de baile… haberá que porse as pilas…

E sigue o aire…!

A partires das sete comezaron os concertos

Os Rampeiros

Os Rampeiros voltaron pola tarde para dar comezo os concertos facendo unha ronda polo campo.

Xavier de Merí

Xavier de Merí foi o primeiro en subir o escenario. Tocou e cantou… Sempre me admira ver a unha persoa soa… coa súa voz e unha pandeireta ou un pandeiro… Valente…!

As Cantaralai

(A partires daquí, como xa era de noite… e como a que gravou tampouco era moi boa… imos poñer uns videos de internet onde podedes velas… e escoitalas mellor)

Despois subiron ó escenario as Cantaralai que nos animaron e quentaron o ambiente (facía un frío do demo…!) coas suas músicas e a súa simpatía. Todas unhas profesionais.

As pandereteiras Xestreu

E como broche de ouro da festa, as Xestreu.

Fermosuras…!

Como elas din na súa páxina web

“XESTREU afonda na recollida, adaptación e interpretación das cantigas dos diferentes pobos do mundo. Rachando coas fronteiras e cos prexuizos incorpora os cantos dos pobos á súa forma de entender a música”

Unha festa para todos

A conclusión é que a música tradicional ten moitas caras e que hai un oco para todos… e que todos podemos participar activamente da festa.

Dende o que non sabe, pero lle apetece participar tocando, cantando ou bailando. Pasando polo que está aprendendo e busca un lugar onde por en práctica o aprendido. Ata os que xa saben, que uns téñeno como unha afición para pasalo ben e outros que xa son profesionais disto.

Todos estivemos presentes alí e todos fomos protagonistas da festa.

Gracias Xoaninha Brava pola oportunidade de participar…!

CÓNTANOS

Que che parece a Romaría Brava?

Eres dos que lle gusta participar da festa?

Levas sempre o teu instrumento contigo… polo que poida pasar…?

Podes deixar os teus comentarios máis abaixo.

Eloi e Pilar:

View Comments (2)

  • Pois como Xoaninha Brava que son agradezo mil a Son de Pau que se achegaran ca súa artesanía e saber facer, que partillaran con nos a súa ilusión e que nos deixen un oco nos seus corazóns!
    Grazas mil por vir! Ouvímonos nas fragas!

Related Post