Música Galega Tradicional,Folk e de verbena do 2017
Tes ganas de música galega…?
Pois estás de sorte….!
Aquí tes cinco discos que foron estreados neste ano 2017.
A que esperas… veña dalle o play…!
1#. NON ME TOQUES A SAIA de Xestreu
O grupo Xestreu, hoxe está formado por cinco rapazas, pero nos seus inicios eran nove amigas e compañeiras que se xuntaban para cantar e pasalo ben.
Algunhas delas viñan de estar no Colectivo Castro Floxo e xa tiñan participado en recollidas polos pobos e coñecían a música tradicional ben de preto.
O grupo foi cambiando co tempo pero o que sempre tiveron claro é que lles gustaba interpretar a música tradicional … pero non só a galega…
A música tradicional é a alma dos pobos e elas quixeron profundizar nesa alma.
Unha boa mostra diso é este traballo Non me toques a Saia onde podemos facer unha viaxe polas músicas tradicionais de Ucraína, Macedonía,O Magreb, México, Portugal. Tamén hai unha mostra da música Serfardí e como non… da Galega.
Ó disco tamén vai asociada a unha campaña de sensibilización social contra o maltrato ás mulleres.
Así que xa sabedes… Que non vos toquen a saia…..!
Os temas do disco Non me toques a saia:
- Trenza (Tradicional Galicia.Taboadela)
- Mulatinhas (Tradicional Portugal. Alentejo)
- Pandeiro (Tradicional Galicia, A Coruña)
- El Taconazo (Tradicional de México)
- Adío (Tradicional Sefardí)
- Aturuxos (Tradicional Galicia, Liñares, Avión)
- Sto mi e milo (Tradicional Macedonia)
- Nabina (Tradicional Magreb)
- O muiño (Tradicional Galicia, Liñares, Avión)
- Marishko (Tradicional Ucraína)
- Carolina (Tradicional Galicia)
O grupo Xestreu interpretando a canción Pandeiro.
Quero mercar o disco Non me toques a saia…!
2#.INDOEVINDO de Milesios
No ano 2009, un grupo de amigos que teñen en común o seu interese pola música tradicional galega e a música tradicional irlandesa, xúntanse para formar o grupo Milesios.
No 2013 sacan o seu primeiro disco Alén Mar.
E agora, no 2017 ve a luz Indoevindo que se presenta como un libro-CD. Este novo traballo segue buscando inspiración nas dúas tradicións, na galega e na irlandesa.
No libro podes ver fotos orixinais Daniel Díaz Trigo e o disco é un concerto itinerante que vai entrelazando as músicas coas paisaxes libro.
Os temas do disco Indoevindo:
- O valado
- Ás segas a Lugo
- O Castelo de Pambre
- Non irei
- Se me amares
- Lume vello
- Lume novo
- Valse de Ribarteme
- Grossmutterdobre
- Polca da Fonsagrada
- Anceio
- 12 (Feat. Daniel Díaz Trigo)
- Ás sete menos cuarto
- Parada en Forcarei
O grupo Milesios tocando a canción Valse de Ribarteme do seu disco Indoevindo
Quero mercar o disco Indoevindo…!
3#. CANTOS DA IALMA de Xulio Lorenzo
Xulio Lorenzo leva toda a vida no mundo da gaita.
Participou en varios grupos ben recoñecidos da música tradicional galega e tamén funda o seu propio grupo, Xabenga Folk.
Este ano presenta o seu primeiro traballo discográfico, Cantos da Ialma, no que participan e colaboran grandes músicos.
É un disco elegante. evocador e tranquilo.
Para desfrutar escoitando…!
Os temas do disco Cantos da Ialma:
- Muiñeira de Mos
- Bonequiña
- Cantos da Ialma
- Brigan Vals
- No mar heite amar
- Ostara in Gallaecia
- Sudades
- Miña Nai
- Desexo inesperado
- Muiñeira de Chisco
- Alborada Camiño da Rosa
- A Illa da Bagoas
O videoclip do tema Cantos da Ialma
Quero mercar o disco Cantos da Ialma…!
4#. CELTIS AUSTRALIS de Pancho Álvarez
Pancho Álvarez é un referente da música folk en Galicia.
Formou parte de grupos como Na Lúa, Matto Congrio e Tres.
Dende o ano 95 acompaña a Carlos Núñez nos seus concertos por todo o mundo e tamén en varios dos seus discos.
Leva participado en innumerables proxectos como productor, como colaborador e como arreglista.
E ademáis de todo iso ainda lle da tempo a facer os seus propios discos…! Ata agora tiña catro :
- FLORENCIO, O CEGO DOS VILARES – 1998 (Premio mellor disco folk europeo 1998 pola revista FOLK WORLD).
- NAS CORDAS – 2001
- SÓLIDOS GALICIANOS – 2009
- SONCHE ATLÁNTICO – 2012
E no 2017 chega Celtis Australis, o seu último traballo en solitario.
O título xoga con dous significados, por unha parte sitúa a Galicia e os galegos como os Celtas do Sur e pola outra fai referencia o nome científico do Lodoeiro.
Os temas do disco Celtis Australis:
- Nas Túas Mans a Miña Casa
- Aires De Aquí e De Acolá
- Mestre Florencio
- Canto de Berce
- Rumbas do Sar
- Illas do Norte
- Medulio
- Unha Tregua
- Baixo o Lodoeiro
- Danzas do Sur
- Dos Gregos Aprendín
- Pasodoble de San Roque
- Aires de Guimaraes
- A Miña Viola
- O Cando
- Outra mañá
- The Burren
O tema Outra Mañá do disco Celtis Australis.
Quero mercar o disco Celtis Australis…!
5#. SETE DEZASETE do Sonoro Maxín
O Sonoro Maxín naceu en Ourense fai dez anos.
Dende entón levan animando a xente por toda Galicia e parte do estranxeiro.
No ano 2012 sacaron o seu primeiro disco A onda Sonora, un albúm que é unha mistura de cumbia, ranchera, rock, ballenato, reggae e bolero.
E neste ano estrearon o seu segundo traballo discográfico co nome de SeteDezasete… que son os días que hai feira en Ourense e ademáis son dous números que non se deixan dividir por ninguén.
Este disco é como unha feira onde podes encontrar de todo…!
A bailar….!
Os temas do disco Setedezasete:
- Dou mil voltas
- Se tí quixeses
- Máquina a vapor
- Así se constrúe unha bomba
- O carreiro
- Outeiro de Montealegre
- Que ben che queda o bigote
- Patas arriba
- O Cataventos
- Festa da Primavera
- Onde o Miño vai
- San Benitiño
O Sonoro Maxín e o seu tema Así se constrúe unha bomba.
Quero mercar o disco SeteDezasete…!
CÓNTANOS QUE CHE PARECEN ESTES DISCOS DE MÚSICA GALEGA TRADICIONAL, FOLK E DE VERBENA.
Xa escoitaras algún destes discos…?
Cal che gusta máis…?
O teu é a música tradicional…, o folk…, a verbena… ou todas…?
Déixanos nos comentarios as túas respostas.
View Comments (2)
Moitas grazas......!!!!
Nada... que o desfrutedes...!