X

Coñeces o Proxecto Ardelloeixo-Foliadas da Coruña?

PROXECTO ARDELLOEIXO-FOLIADAS DA CORUÑA

En que consiste este proxecto?

Ardelloeixo é un proxecto para a promoción e dinamización da música e o baile tradicionais na Coruña.

O seu obxetivo é  que a música e o baile tradicionais esten presentes e visibles na vida da cidade.

Apostan por un folclore vivo que sexa unha opción máis de ocio…. Que…! Hoxe imos o cine… ou imos de foliada…?

O proxecto comeza no 2015 cunha folida no Campo da Leña, dende entón traballan tecendo redes entres os distintos grupos e colectivos e buscando espazos na cidade onde o canto e o baile estén presentes dun xeito natural.

Quen participa en Ardelloeixe-Foliadas da Coruña?

As asociacións que forman parte activa do proxecto son:

1#. DONAIRE

A Asociación Cultural Donaire créase na cidade da Coruña no ano 2000, co obxectivo de recuperar, promover e difundir o folclore galego.

Para saber máis da Asociación Donaire:
Este é o video da presentación da A.C.Donaire

2#. SON D’AQUÍ

Esta asociación nace na Coruña no ano 2014 da mán dun grupo de amantes da cultura e as tradicións da nosa terra.

Para coñecer máis da Asociación Son D’Aquí:

A presentación da A.C. Son d’aquí

3#. XACARANDAINA

Dende o ano 1978 leva esta asociación traballando e gozando o folclore e a música tradicionais.

Según eles mesmos din, Xacarandaina “pretendende ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo”

Se queres coñecelos un pouco mellor podes:

A presentación da A.C.Xacarandaina

Outras colaboracions

Outras asociacións e grupos que tamén colaboran ocasionalmente co proxecto son:

1#.PANDERETEIRAS SEN FRONTEIROS

2#. ATURUXO

3#. ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS

4#. CÁNTIGAS DA TERRA

5#. OS GAITEIRIÑOS

Ardelloeixo estrea web

Non cabe dúbida que hoxe en día o medio fundamental de promoción e comunicación e a rede de redes.

Así que Ardelloeixo acaba de estrear web, www.ardelloeixo.gal/.

ACTUALIZACIÓN: A web xa non está dispoñible pero sí o facebook e a canle de youtube.

Alí podes estar o tanto de tódalas cousiñas que fan.

Tamén podes seguílos no seu  facebook  ou visitar a súa canle de youtube.

O Contido audiovisual de Ardelloeixo

Os encargados de realizar o contido audiovisual de Ardelloeixo son os rapaces de Punto e Volta ( Se queres saber máis sobre eles podes ler o artigo que escribimos no blog  Punto E Volta-Unha volta pola música e o baile tradicionais )

As súas aulas virtuais

Na súa web teñen unha sección de aulas virtuais onde podes comezar a dar os teus primeiros pasos no baile tradicional.

Podes aprender como se baila a muiñeira, a xota, o maneo, o pasodrobre, o valse… Bótalle un ollo e xa estarás preparado para ir de foliada… !

Aula de Xota con Olga Kirk e Pablo Díaz

QUE CHE PARECE?

Xa coñecías Ardelloeixo?

Que che parecen este tipo de proxectos?

Gústache ir de foliada…?

Eloi e Pilar:
Related Post