PROXECTO ARDELLOEIXO-FOLIADAS DA CORUÑA
En que consiste este proxecto?
Ardelloeixo é un proxecto para a promoción e dinamización da música e o baile tradicionais na Coruña.
O seu obxetivo é que a música e o baile tradicionais esten presentes e visibles na vida da cidade.
Apostan por un folclore vivo que sexa unha opción máis de ocio…. Que…! Hoxe imos o cine… ou imos de foliada…?
O proxecto comeza no 2015 cunha folida no Campo da Leña, dende entón traballan tecendo redes entres os distintos grupos e colectivos e buscando espazos na cidade onde o canto e o baile estén presentes dun xeito natural.
Quen participa en Ardelloeixe-Foliadas da Coruña?
As asociacións que forman parte activa do proxecto son:
1#. DONAIRE
A Asociación Cultural Donaire créase na cidade da Coruña no ano 2000, co obxectivo de recuperar, promover e difundir o folclore galego.
Para saber máis da Asociación Donaire:
- podes visitar a súa web acdonaire.com
- Ou mirar o seu facebook
Este é o video da presentación da A.C.Donaire
2#. SON D’AQUÍ
Esta asociación nace na Coruña no ano 2014 da mán dun grupo de amantes da cultura e as tradicións da nosa terra.
Para coñecer máis da Asociación Son D’Aquí:
- Visita a súa web sondaqui.gal
- Ou pásate polo seu facebook
A presentación da A.C. Son d’aquí
3#. XACARANDAINA
Dende o ano 1978 leva esta asociación traballando e gozando o folclore e a música tradicionais.
Según eles mesmos din, Xacarandaina “pretendende ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo”
Se queres coñecelos un pouco mellor podes:
- Ir a súa web xacarandaina.com
- Ou seguilos no seu facebook
A presentación da A.C.Xacarandaina
Outras colaboracions
Outras asociacións e grupos que tamén colaboran ocasionalmente co proxecto son:
1#.PANDERETEIRAS SEN FRONTEIROS
2#. ATURUXO
3#. ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS
4#. CÁNTIGAS DA TERRA
5#. OS GAITEIRIÑOS
Ardelloeixo estrea web
Non cabe dúbida que hoxe en día o medio fundamental de promoción e comunicación e a rede de redes.
Así que Ardelloeixo acaba de estrear web, www.ardelloeixo.gal/.
ACTUALIZACIÓN: A web xa non está dispoñible pero sí o facebook e a canle de youtube.
Alí podes estar o tanto de tódalas cousiñas que fan.
Tamén podes seguílos no seu facebook ou visitar a súa canle de youtube.
O Contido audiovisual de Ardelloeixo
Os encargados de realizar o contido audiovisual de Ardelloeixo son os rapaces de Punto e Volta ( Se queres saber máis sobre eles podes ler o artigo que escribimos no blog Punto E Volta-Unha volta pola música e o baile tradicionais )
As súas aulas virtuais
Na súa web teñen unha sección de aulas virtuais onde podes comezar a dar os teus primeiros pasos no baile tradicional.
Podes aprender como se baila a muiñeira, a xota, o maneo, o pasodrobre, o valse… Bótalle un ollo e xa estarás preparado para ir de foliada… !
Aula de Xota con Olga Kirk e Pablo Díaz
QUE CHE PARECE?
Xa coñecías Ardelloeixo?
Que che parecen este tipo de proxectos?
Gústache ir de foliada…?