Carlos Núñez é, sen dúbida, o gaiteiro galego máis internacional.
Ven de celebrar os 20 anos do seu primeiro disco A Irmandade das Estrelas por todo o alto.
Un gaiteiro universal cunha enerxía desbordante.
A súa filosofía é o traballo en equipo, compartir escenario con artistas e grupos de distintos paises e de diferentes estilos, e conectar a música galega coas músicas do resto do mundo.
A máis dos seus propios discos ten colaborado con moitos outros artistas e ten feito a banda sonora de varias películas.
A DISCOGRAFÍA DE CARLOS NUÑEZ
Imos facer un repaso pola súa discografía.
Iremos dende os traballos máis recente os máis antigos.
Comezamos…!
10#. Inter-Celtic ( 2014 )
Inter-Celtic é unha recopilación de pequenas xoias fruto da súa colaboración con grupos e cantantes de todo o mundo.
Este disco é unha homenaxe ” á música Celta do futuro” que abre o seu abano e incorpora as músicas de hispanoamérica.
É un traballo completamente instrumental.
Tamén inclúe un DVD onde podemos ver 11 videos de 11 actuacións de Carlos Núñez en distintos momentos e en diferentes lugares do mundo.
Os temas do disco Inter-Celtic
- Mambo
- Vento das Cies
- Is de big man within
- Jota do Porto do Cabo
- O Cabalo Azul
- Gavotte
- Tro Breizh
- Un Galicien libre à Paris
- Over Nine waves
- Alborada de Veiga-Muiñeira de Chantada
- The flight of the heart
- Feira de Mangaio
- Two shores
- Lundu
- A Moura
- Reel Roots
Feira de Mangaio
Mercar o disco Inter-Celtic
9#. Discover ( 2012 )
En Discover, Carlos Núñez recompila temas que foron froito das súas colaboracións con outros artistas e que estaban a marxe da súa propia discografía.
Só catro dos temas son inéditos.
Un total de 39 temas recollidos en 2 CD’s.
Os temas do disco Discover
CD 1
- Amanecer
- A Irmandade das Estrelas
- Mar Adentro
- Negra Sombra
- Marcha do Entrelazado de Allariz
- María Soliña
- A Orillas do Río Sil
- Concierto de Aranjuez
- Viva la Quinta Brigada
- A Lavandeira da Noite
- Cantigueiras
- Lela
- Jings & Bulls
- Galleguita
- Galleguita/Tutankhamen
- Para Vigo me voy
- Guadalupe
- Padaria Eléctrica da Barra
- Nau Bretona
Cantigueiras coas Pandereteiras de Xiradela
CD 2
- The Crow on the Cradle
- Aires de Pontevedra
- Camiño de Santiago
- Pasacorredoiras
- The Moon Says Hello
- The Raggle Taggle Gipsy
- Karante Doh Doue
- The Threer Pipers
- Saint Patrick’s An Dro
- Women of Ireland
- Bolero
- Diferencias sobre Gayta
- Prelude – J.S.Bach
- Alborada de Vigo
- The Foggy Dew
- Shining Boy & Little Randy
- Ocean of Sound
- Morning Poem
- Ponthus et Sidoine
- Salve Finisterrae
Aires de Pontevedra
Merca o disco Discover 
8#. Alborada do Brasil ( 2010 )
Carlos Núñez inicia unha viaxe polo Brasil na procura da historia do seu bisabó que marchou para alá e nunca máis voltou.
Esta viaxe que dura un ano permítelle tamén sumerxirse na música brasileira para atopar as súas conexións coa música galega.
Alborada do Brasil e o froito desa experiencia.
Temas do disco Alborada do Brasil
- Alborada de Rosalía
- Vou vivendo
- Alvorada de Cartola
- Nau bretoa
- Gaita
- Xotes universitarios
- Coraçao brasileiro
- Y-Brazil
- Ponta de Areia
- Padaria Elétrica da Barra
- Maxixe de Ferro
- Feira de Mangiao
- Assum Preto/Asa Branca
Alborada de Rosalía
Merca o disco Alborada Do Brasil
7#. Cinema do Mar ( 2006 )
Cinema do Mar vai de bandas sonoras.
Bandas sonoras nas que o propio Carlos Núñez ten participado, como a da película Mar Adentro de Amenabar ou Historias de Terramar, unha película de animación xaponesa, entre outras.
Tamén hai versións celtas de grandes clásicos do cine.
Este disco vai acompañado dun documental en base a imaxes que o propio Carlos Núñez foi gravando coa súa cámara e que nos amosa á súa maneira de vivir e facer música.
Os temas do disco Cinema do Mar
- Home Da Terra
- Bolero
- Shining Boy & Little Randy
- Historias de Terramar
- Historias de Terramar II
- Gabriel’s oboe (La Misión)
- Women of Ireland
- Preludio de la Suite Nº 1 para Cello de Bach
- You’re so cool
- Noite e Luar
- Weep Not For The Memories
- Títulos Finales (Mar Adentro)
- Finale (El Padrino)
- Conciero de Aranjuez (Adagio)
- Quero Ir ao Mar
- Dragon
- El viaje (Mar Adentro)
- Town Jig
- The Sailor’s Hornpipe (Popeye)
- Tristán e Isolda
- Smile
Bolero
6#. Carlos Núñez & amigos ( 2004 )
Carlos Núñez quere celebrar por todo o alto o seu 33 aniversario e os 20 anos dende a súa primeira presentación en público.
Para a ocasión decide invitar os mellores interpretes da música celta a un concerto no auditorio de Castrelos en Vigo.
Este concerto foi gravado en directo e queda recollido nun CD e un DVD.
Os temas do disco Carlos Núñez & amigos
- Intro
- Mar Adentro ( títulos finales)
- Camino De Santiago
- A Costa De Galicia
- Amanecer
- Pasacorredoiras
- Entrelazado De Allariz
- Tears Of Stone (Non Te Namores Meniña)
- Duelling Chanters
- Galleguita (Tango)
- An Dro
- Solo Le Pido A Dios
- Reels
- Alborada De Veiga / Muineira De Chantada
- Aires De Pontevedra
Mar Adentro
Merca o disco Carlos Nuñez & Amigos
5#. Almas de Fisterra ( 2003 )
Da vinculación de Carlos Núñez coa Bretaña francesa nace este disco.
En Almas de Fisterra móstranos a conexión coa música tradicional bretona e, como non podía ser doutro xeito, rodeado dos mellores músicos daquela terra.
Temas do disco Almas de Fisterra
- Danzas Macabras
- Bretoña
- Yann Derrien
- A Noite Pecha
- El Otro Finisterre
- Karante Doh Doue
- Saint Patrick’s Polka
- Ar Vag (O Barco)
- The Three Pipers
- As Covas do Rei Cintolo
- Ponthus et Sidoine
- Un Galicien Libre a Paris
As Covas do Rei Cintolo nas festas de Barakaldo 2008
Merca o disco Almas de Fisterra
4#. Todos os Mundos ( 2002 )
Neste disco hai unha selección de temas dos seus primeiros anos de carreira.
Todos os Mundos é un resumo das aventuras musicais de Carlos Núnez.
Aventuras que parten dende Galicia e que buscan puntos de encontro coas músicas do mundo.
Os temas do disco Todos os Mundos
- Amanecer
- Mary´s Lament-Caoineadh Mhuire
- A Irmandade das Estrelas
- Tears of Stone
- Setting Sail
- Lela
- The Moon Says Hello
- Bailando con Rosiña
- Negra Sombra
- A Lavandeira da Noite
- Muiñeiras de Poio e Ourense
- El Pozo de Arán
- Morning Poem
- Para Vigo me Voy
- A Costa de Galicia
- The Raggle Taggle Gipsy
Bailando con Rosiña
Mercar o disco Todos Os Mundos
3#. Mayo Longo ( 2000 )
O poema de Rosalia, Mayo Longo da título a este disco.
É un traballo máis sinxelo, máis tranquilo e máis conectado coa natureza.
Os temas do disco Mayo Longo
- Marcha do entrelazado de Allariz
- Pasacorredoiras
- Mayo Longo
- Moon Says Hello
- Vento d’as Cíes
- Moura
- Astros, Fuentes y Flores
- Capitán Nemo
- Nana de lluvia
- El pozo de Arán
- Foliada dos Aires da Terra
- Alborada Anterga de Pontevedra
- Canto de Seitura
- Aires de Pontevedra
A Marcha do Entrelazado de Allariz
2#.
Os Amores Libres ( 1999 )
Este disco foi gravado ó longo de dous anos e dez paises diferentes.
Neste caso Carlos Núñez explora as conexións entre o flamenco e a música celta.
E nel volve estar rodeado de grandes artistas como Teresa Salgueiro, Noa, Paddy Keenan, Mike Scott, Vicente Amigo, Carmen Linares…
Tamén conta con músicos andalusís de Marrocos e xitanos de Rumanía.
Os temas do disco Os Amores Libres
- Jigs & Bulls
- Os Amores Libres
- Muiñeiras da Sorte
- Maria Solina
- O Cabalo Azul
- The Raggle Taggle Gipsy
- Danza da Lúa en Santiago
- A Lavandeira da Noite
- Negra Sombra
- A Lavandeira da Noite
- Viva la Quinta Brigada
- O Castro da Moura
The Raggle Taggle Gipsy
Merca o disco Os Amores Libres
1#. A Irmandade das Estrelas (1996)
Neste disco Carlos Núñez senta as bases de quen somos, cal é a nosa música.
Indaga na orixe celta da tradición galega.
Por outra banda con este traballo tamén asenta a filosofía que o guiará ata hoxe. Traballo en equipo, con artistas de culturas e estilos diferentes, e buscando as conexións da música galega co resto do mundo.
Os temas do disco A Irmandade das Estrelas
- Amanecer
- A irmandade das estrelas
- Nubes del otro lado
- Negra sombra
- Os gaiteiros da noite
- Cantigueiras
- Villancico para la navidad de 1829
- Bailando con Rosiña
- Lela
- The flight of the earls
- Canto de afiador
- Para Vigo me voy
A Irmandade das Estrelas
Merca o disco A Irmandade Das Estrelas
CONTANOS
Cal é a túa canción preferida de Carlos Núñez?
Estiveches nalgún concerto?
Na caixa dos comentarios podes deixarnos a túa opinión.
SUSCRÍBETE
Aquí podes suscribirte o blog para recibir tódalas novidades no teu correo electrónico
E descárgate gratis o Cancioneiro de Son de Pau
Gratis e 100% libre de spam