
O Organistrum do Pórtico do Paraiso
Non sei se sabías… pero en Ourense temos ( a parte de outras moitas cousas….!) unha xoia da arquitectura románica.
Con case mil anos de antiguidade a Catedral de Ourense, adicada a San Martiño de Tours, é un lugar de obrigada visita se pasas pola Cidade.
Ainda que na Catedral podes atopar obras importantes de distintas épocas e representivas de distintos artes, un dos conxuntos monumentais que destacan é o Pórtico do Paraíso.
O Pórtico do Paraíso constrúese seguindo o modelo do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago pero, o ser a súa construcción máis tardía e estar influida por novos estilos como o gótico, fai que o Pórtico do Paraíso teña un estilo e unha personalidade propios.
Nas arquivoltas do arco central do Pórtico están representados 24 anciáns. Cada un deles porta un instrumento musical. En total aparecen 20 instrumentos distintos.
O instrumento que queda na parte superior do arco é o Organistrum.
Este instrumento impresiona polas súas dimensións, a súa ornamentación e tamén polo feito de que precisa de dous anciáns para ser tocado.
Esta é a única representación que existe en Ourense deste instrumento que chegaría a desaparecer totalmente para ser sustituído pola zanfoña.
A construcción do Organistrum do Pórtico do Paraíso
Xa fai uns cantos anos que o Obradoiro de instrumentos musicais da Deputación de Ourense, dirixido por Manuel Brañas, se propuxo a recuperación e reconstrucción destes instrumentos.
Transformar os instrumentos de pedra que se representan no Pótico en instrumentos reais non é doado. Para facelo coa maior fidelidade posible e que ademáis se poidan tocar é necesario un estudio organolóxico en profundidade.
Froito deste traballo de investigación e recuperación, Ourense dispón hoxe dunha importante colección de instrumentos medievais.
A última das réplicas que se ten feito no Obradoiro é precisamente do Organistrum.
Xunto con un grupo de compañeiros dirixidos polo mestre artesán Luciano Pérez reconstruímos este fermoso instrumento.
Foi un pracer ademáis dunha grande aprendizaxe traballar con todos eles.
E un especial recordo para Octavio que non chegou a ver este traballo rematado.



A exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel
Estes días o Organistrum, e outras réplicas de instrumentos do Pórtico, están expostos no Centro Cultural
Marcos Valcárcel de Ourense. Comparten espazo coa exposición adicada os instrumentos de Leonardo Da Vinci “Leonardo o músico”.
Podes velos todos ata o día 23 de Febreiro.
No seguinte artígo fálase dalgúns dos instrumentos diseñados por Leonardo e que poderás ver se te pasas pola mostra “Recordamos a Leonardo da Vinci y su legado en la música”
Está expo é moi interesante…! Hai que ver… a este Leonardo non lle paraba a cabeza…!
