Os pequenos desfrutan un montón da música… de cantar…de bailar…!
E para que poidan disfrutar de todo isto e ademáis en galego fixemos unha escolla dalgúns dos últimos traballos en galego adicados a eles.
Cales son as últimas novidades da música galega para nenos?
1#. Pitusa Semifusa e os Estilos musicais de Olga Brañas
Este é o segundo traballo de Olga Brañas para o público infantil.
Nel atopamos cancións de reggae, blues, funky, swing, hip hop… para bailar e cantar sen parar…!
Este libro-disco é unha viaxe chea de variedade e diversidade musical coas especiais ilustracións de Leandro Lamas.
Os temas do disco:
- Pitusa Semifusa e os estilos musicais
- O pop pituso
- O Reggae Pituso
- O folk Pituso
- O Rock Pituso
- O Blues pituso
- O Swing Pituso
- O Funky Pituso
- O Hip Hop Pituso
- Cuscús Pituso
Video clip de Pitusa Semifusa
Queres mercar os libro-discos de Olga Brañas?
Aquí podes mercar os dous disco-libros que Olga Brañas ten para nenos.
2#. Camiños de Magín Blanco
Neste novo traballo de Magín Blanco podes atopar música, poesía, teatro e contos que estimulan a imaxinación e a creatividade.
Ten un formato de libro disco e conta coas preciosas ilustracións de Leandro Lamas.
Anímate a descubrir novos camiños…!
Os temas do disco:
- Marcho que teño que marchar
- Peixiños do mar
- O Abecedario
- Este planeta é divertido
- Meu avó icié
- O Chapeu espantallo
- O amigo invisible
- Voa paxariño
- Camiñiño
- Paxariño novo
- O ñu de Leandro
- A luz
- O Camiño dos paxaros
Video da canción Marcho que teño que marchar
Queres mercar algún dos discos de Magín Blanco para nenos?
Se queres mercar Camiños ou algún dos outros discos que Magín Blanco ten para nenos aquí podes facelo.
3#.Radio Bulebule de Paco Nogueiras
Paco Nogueiras inspírase no mundo radiofónico para este traballo.
As cancións deste libro-disco preséntanse como a programación dunha peculiar radio, coa súa axenda cultural, as súas noticias, os deportes, o faladoiro, as señais horarias…
As divertidas ilustracións do libro están feitas por David Pintor.
Os temas do disco:
- Pelos, melena
- Bulebule
- Movendo o pé
- Un bo plan
- Un mundo por viaxar
- Teño que investigar
- Éxito vogal
- Fálame
- Tempo tolo
- Carmela é…
- Querido mundo
- Adeus
Video clip de Radio Bulebule
Merca os libro-discos de Paco Nogueiras
4#. Cancións para nenas e nenos de María do Ceo
A fadista María do Ceo fai este traballo cunha intención didáctica para que os nenos aprendan sobre a solidariedade, a diversidade e a liberdade.
No disco hai poemas musicados de Xosé Neira Vilas, Luis González Tosar, Armando González e Carlos Casares.
Os temas do disco:
- Gando Galego
- Trabalinguas polisémico
- A galiña azul
- Xesta doce
- O Cuco
- Parabéns para tí
- Bate a mar
- Tres bolboretas
- Babel
- O inverno
- Nena para arrolar
- Nunha folla de salgueiro
Escoita a Galiña a Azul de María do Ceo
Quero mercar o libro-disco Cancións para nenas e nenos de María do Ceo…!
5#. Eu cociño. Ti cociñas? de Mamá cabra
Este traballo de Mamá Cabra surxe dun proxecto do CEIP de Sigüeiro (Oroso) no que a cociña e alimentación saudable forman parte do día a día dos máis pequenos.
Un libro-disco cheo de receitas, música e diversión.
Imos a cociñar….!
Os temas do disco:
- Ensalada de pasta
- Tomates recheos
- Crema de Cabaza
- Nadal
- A papar!
- Arroz negro con choquiños
- Filloas
- Polvo á feira
- O pan
- Empanadillas
- Albóndegas de pavo
Aquí podes mercar algúns dos traballos de Mamá Cabra
6#. Volta revolta e reviravolta-As Maimiñas
Este é o segundo libro-disco das Maimiñas.
Músicas e melodías para viaxar soñando…!
Os temas do disco:
- Na lúa
- Hei, ola!
- Quería voar
- Pizza italiana
- Imos como motos
- Eu de maior
- Levouno o vento
- Poñede un sari
- A nena Sayaka
- Tripulación
- Bechos raros
- Glu glu
- Que as ondas me leven
- Ese Óscar, quen será?
- Choco choco chu
- New Orleans
- Canción de nenos
- As maimiñas
Video da canción Na lúa
Se queres mercar algún dos traballos de As Maimiñas aquí podes facelo
Cóntanos
Que che parecen estes libro-discos en galego para nenos?
Tes algún outro grupo que che guste e non aparece aquí?
Víches algún dos espectáculos vínculados a estes traballos?
Cóntanos todo o que che parece… estamos encantados de compartir contigo.

