Leilía nace a finais dos anos 80.
Seis rapazas (Rosario Rodríguez, Patricia Segade, Mercedes Rodríguez, Felisa Segade, Montse Rivera e Ana Rodriguez) inician a súa andaina na recuperación e posta en valor das melodías tradicionais cantadas polas mulleres e acompañadas coa pandeireta que estaban olvidadas e a piques da desaparición.
Leilía fixo un gran traballo de campo e de recollida de material.
Voltaron a aldea, falaron coas mulleres e rescataron da memoria cancións e músicas que xa estaban medio olvidadas.
Foron pioneiras na recuperación da nosa tradición oral. E foron as que abriron o camiño a todos os grupos de pandereteiras dos que hoxe en día podemos disfrutar.
DISCOGRAFÍA
Imos facer un repaso pola súa discografía comezando polo seu último traballo e rematando polo máis antigo.
5#. Consentimento
Este disco é unha homenaxe a tódalas mulleres que fixeron, conservaron e transmitiron a tradición oral galega personifícadas en Eva Castañar, cantadora e pandereteira da nosa terra.
Leilía, acompañadas pola gaita, o acordeón, a guitarra e o contrabaixo, poñen voz, neste disco, a poemas de escritoras galegas como Marilar Aleixandre, Eva Moreda, Ana Romaní, Mariña Pérez, Eva Veiga, Yolanda Castaño e Ana Amado.
Os arranxos son de Xoan Porto e Felisa Segade e o diseño do espectáculo corre ó cargo de Quico Cadaval.
Os temas do disco:
- Bonaval ( letra de Mariña Pérez Rei )
- Por riba do medo ( Ana Romaní )
- Cinsas ( Rosario Rodríguez )
- Corazón de sal ( Marilar Aleixandre )
- A voz das Evas ( Ana Amado )
- De rondón ( Tradicional )
- Cortellas ( Tradicional )
- Voz das amigas ( Yolanda Castaño )
- Coiro de cacique ( Tradicional )
- Corren os amores ( Tradicional)
- Noite de festa ( Eva Moreda )
- Como un soño que pasa ( Eva Veiga )
- Jota de Eva ( Tradicional )
O video presentación do disco
Merca o disco Consentimento
4#. Son de Leilía
Coincidindo co seu 15º aniversario publican “Son de Leilía”
Neste traballo fan unha recompilación de temas inéditos do grupo, colaboracións en discos colectivos que non se chegaron a distribuír en España, colaboracións con outros músicos e grupos e temas de bandas sonoras.
Fan un repaso a eses 15 anos de traballo.
Os temas do disco:
- Serán de Rubiós
- Muiñeira de Calvos de Randín
- Ai La-le-lo
- Muiñeira de Anxeríz
- Danza de Cerdeira
- Pasodoble de Folgoso
- Tocatas do serán de Queimadelos
- Romance de Fonseca
- Canto de Nadal de Laxoso
- Finisterre
- O naúfrago
- Compostela
- Danza das Cortellas
- Camiños
- Toutón
Canción As danzas das Cortellas (Palmira)
3#. Madama
Este disco sigue a estela do traballo anterior pero incorpora novos instrumentos e as letras das cancións tratan temáticas actuais, como o Prestige ou o conflicto xudeo-palestino.
Os temas do disco:
- Pedras contra tanques
- Se souberas
- Hei de estar alí
- Falando de máis
- Vaite polo mundo
- Vai dando a volta
- Non digas o que non hai
- O meu amor
- Deusa Antiga
- Amantes
- E tí que tanto tes
- Olvídame
- Cantar por non chorar
Video da canción “Vai dando a volta”
Merca o disco Madama
2#. I é verdade i é mentira (1998)
Unha vez que o grupo consolidada a raíz co primeiro disco neste dan un paso adiante e inclúen arranxos musicais.
Traen a tradición o noso tempo.
Os temas do disco:
- Axúdame a cantar
- Danza das pereiras
- Lévame
- Jota de Cornes
- Palabra de casamento
- Muiñeira de Seaia
- Noutro tempo
- O gharutiño
- Jota de Zobra
- Estreliña do luceiro
- Ruada de Bearíz
- Canto de Nadal
- Ribeirana-Manuel
- I é verdade i é mentira
Video da canción Ruada de Beariz
1#. Leilía (Dismedic-1994)
Este traballo está composto exclusivamente por pezas tradicionais. Nace do desexo de salvar do esquecemento as melodias que forman parte do pobo e que ían camiño da desaparición.
Temas do disco:
- Serán do Barrio do Ceo
- Alalá e muiñeira vella de Seaia
- Mazurca e jota de Axeitos
- Muiñeira de Grixoa e jota de Soutelo de Montes
- Trulla, añas e canto de Abril de Gargamala
- Pandeirada de Miñata
- Canto de andar o camiño de Bembibre
- Muiñeira de Barrán
- Jota en danza de Cerdeira
- Canto de berce
- Devina estrella
- Jota e pasodoble de Mangüeiro
- Verde-Gaio
- Ruada de Folgoso
- Ronda de Mangüeiro
Video da canción do “Verde-gaio”
Merca o disco Leilía
