A música galega terá a súa representación no Womex 16.
Womex significa World Music Expo, Exposición de Músicas do Mundo.
Pero, que é a World Music?
A World Music é unha etiqueta comercial creada no ano 87 en Londres por un grupo de representantes de pequenas discográficas para designar a música tradicional, folk, étnica e outros xénero locais e as súas fusións e hibridacións.
Esta etiqueta recolle unha grande variedade de sons, chegados de tódolos rincóns do mundo, que ata ese momento foran ignorados pola industria musical e que a partir de entón transfórmanse nun novo producto comercial.
A World Music surxe nun entorno de globalización e fomenta a igualdade cultural pero dende un punto de vista occidental.
A música local descontextualízase e transfórmase para ser consumida globalmente.
Que é o WOMEX?
O Womex é a feira profesional máis importante da “World Music” do mundo.
Lévase celebrado en distintas ciudades de Europa (Berlín, Bruselas, Estocolmo, Copenhague, Sevilla, Tesalónica, Santiago…) dende fai 22 anos.
No Womex xúntanse máis de 3000 profesionais da música entre productores, programadores, axentes e periodistas que veñen a ver, descrubrir e contratar a novas propostas artísticas.
Músicos de todo o mundo aspiran a participar neste grande escaparate.
Onde vai ser o Womex 16?
O Womex 16 será este ano en Santiago de Compostela, entre o 19 e o 23 de outubro.
Terá dous escenarios:
- O DayWomex: A Feira profesional e as súas actividades complementarias celebraránse no Museo Centro Gaiás e no CINC da Cidade da Cultura
- O NightWomex: Os pequenos concertos (Showcases) que se celebrarán en distintos lugares da Cidade Vella.
Os artistas poden participar:
- Na selección oficial. Os artistas que participan no Womex son escollidos por un xurado internacional formado por sete persoas, chamados os Sete Samurais. Entre eles un galego Vítor Belho de Nordesía Produccións.
- No Atlantic Connections. Así se chamará o escenario local e será unha mostra da escea musical da Península Ibérica e Latinoamérica.
- No focus Galician Tunes. É unha iniciativa de Agadic , previa ó Womex 16, no que haberá unicamente música galega. Pretenden con isto que os programadores, axentes e mánagers adianten a súa viaxe a Santiago para poder disfrutar de Galicia e da música da terra.
Música Galega no Womex 16
1#.Na selección oficial
A oganización xa deu a coñecer os 33 artistas da selección oficial.
Entre eles un grupo galego, Radio Cos.
Esta é a terceira vez que elixen un grupo galego na selección oficial.
Antes estiveran, Mercedes Peón no 2010 e Davide Salvado no 2014.
RADIO COS
Xurxo Fernándes e Quique Peón, ambos adicados a investigación etnográfica, a docencia e a interpretación da música e do baile tradicional galego, iniciaron o proxecto Radio Cos xa fai uns cantos anos.
Primeriro eles os dous e logo xunto coa banda formada por Nikolay Velikov (violín), Pedro Lamas (gaita y saxo) e Xan Pampín (acordeón).
Todo o traballo deses anos plasmárono no disco Sete Cuncas, o seu primeiro e único disco ata o momento.
Merca o disco Radio Cos
2#.No Atlantic Connections
Tamén participarán no Atlantic Connections Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre e a asociación de Narft e Timbila Muzimba o grupo Mozambiqueño.
XABIER DÍAZ e AS ADUFEIRAS DO SALITRE
The Tambourine Man é o traballo musical de Xabier Díaz xunto coas Adufeiras do Salitre.
Un disco que mira ás raices da música dende o século XXI.
Con este traballo obtiveron o galardón ó mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax (2016) e ó mellor disco galego nos “Premios de la Música Independiente” (2016).
Merca o disco The Tambourine Man
NARFT e TIMBILA MUZIMBA
Fran Pérez coñecido como Narf é un compositor e cantante galego.
Na súa búsqueda de novos escenarios musicais chega a facer o proxecto Bumba o Da Zigala a Zemambiquo convidando os Mozambicanos pertencentes o grupo Timbila Muzimba.
Neste traballo fusiónase guitarra eléctrica coa timbila, instrumento tradicional Chopi.
*Timbila: xilófono ou balafón, con láminas de madeira e resonadores de cabaza, típico do pobo Xopi en Mozambique.
3#.No Focus Galician Tunes
Este avance do Womex 2016 celebraráse en Santiago entre os días 16 e 19 de Outubro.
Estarán presentes neste evento 26 programadores de importantes festivais internacionais.
Aproveitarán a ocasión para coñecer de primeira man, a música, a gastronomía e a cultura galegas.
O programa incluirá 10 concertos que se celebrarán:
- Na Sala Capital de Santiago, este será o único que este aberto ó público.
- En Cambados, nas bodegas Martín Códax
- No Aquarium Finisterrae
- Na taberna O Cunqueiro
- Na Sala Filloa da Coruña
- No Garufa Club da Coruña
Os 10 artistas e grupos galegos que participarán no Focus Galician Tunes serán:
- Leilía
- Faltriqueira
- Sumrrá
- Os D’Abaixo
- Pepe Vaamonde Grupo
- Rosa Cedrón
- Alberto Conde Human Evolution Project
- Susana Seivane
- Alejandro Vargas Trío
- TRIM
CÓNTANOS
Que che parece o Womex?
Gustaríache ver algún dos concertos?
Xa estiveches antes no festival?
Esperámoste nos comentarios

[…] Pasatempo é o seu segundo traballo discográfico despois de Sete Cuncas. […]