X

Réplica do Organistrum do Pórtico do Paraíso

O Organistrum do Pórtico do Paraiso

Non sei se sabías… pero en Ourense temos ( a parte de outras moitas cousas….!) unha xoia da arquitectura románica.

Con case mil anos de antiguidade a Catedral de Ourense, adicada a San Martiño de Tours, é un lugar de obrigada visita se pasas pola Cidade.

Ainda que na Catedral podes atopar obras importantes de distintas épocas e representivas de distintos artes, un dos conxuntos monumentais que destacan  é o Pórtico do Paraíso.

O Pórtico do Paraíso constrúese seguindo o modelo do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago pero, o ser a súa construcción máis tardía e estar influida por novos estilos como o gótico,  fai  que o Pórtico do Paraíso teña un estilo e unha personalidade propios.

Nas arquivoltas do arco central do Pórtico están representados 24 anciáns. Cada un deles porta un instrumento musical. En total aparecen 20 instrumentos distintos.

O instrumento que queda na parte superior do arco é o Organistrum.

Este instrumento impresiona polas súas dimensións, a súa ornamentación e tamén polo feito de que precisa de dous anciáns para ser tocado.

Esta é a única representación que existe en Ourense deste instrumento que chegaría a desaparecer totalmente para ser sustituído pola zanfoña.

A construcción do Organistrum do Pórtico do Paraíso

Xa fai uns cantos anos que o Obradoiro de instrumentos musicais da Deputación de Ourense, dirixido por Manuel Brañas, se propuxo a recuperación e reconstrucción destes instrumentos.

Transformar os instrumentos de pedra que se representan no Pótico en instrumentos reais non é doado. Para facelo coa maior fidelidade posible e que ademáis se poidan tocar é necesario un estudio organolóxico en profundidade.

Froito deste traballo de investigación e recuperación, Ourense dispón hoxe dunha importante colección de instrumentos medievais.

A última das réplicas que se ten feito no Obradoiro é precisamente do Organistrum.

Xunto con un grupo de compañeiros dirixidos polo mestre artesán Luciano Pérez reconstruímos este fermoso instrumento.

Foi un pracer ademáis dunha grande aprendizaxe traballar con todos eles.

E un especial recordo para Octavio que non chegou a ver este traballo rematado.

A exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Estes días o Organistrum, e outras réplicas de instrumentos do Pórtico, están expostos no Centro Cultural 
Marcos Valcárcel de Ourense. Comparten espazo  coa exposición adicada os instrumentos de Leonardo Da Vinci “Leonardo o músico”.

Podes velos todos ata o día 23 de Febreiro.

No seguinte artígo fálase dalgúns dos instrumentos diseñados por Leonardo e que poderás ver se te pasas pola mostra “Recordamos a Leonardo da Vinci y su legado en la música”

Está expo é moi interesante…! Hai que ver… a este Leonardo non lle paraba a cabeza…!

 

As publicacións SonDePau
Título do artigo
Réplica do Organistrum do Pórtico do Paraiso da Catedral de Ourense
Resumo do Artigo
A réplica do Organistrum do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense está exposto, xunto coas réplicas de outros instrumentos que tamén aparecen no Pórtico, no Centro Cultural Carlos Valcarcel de Ourense.
Autores
Publicado por:
SonDePau Obradoiro de Percusión Tradicional
Eloi e Pilar:
Related Post