MAGOSTO no Mosteiro de Trandeiras
O domingo día 6 de Novembro haberá unha festa do Magosto no Mosteiro de Trandeiras.
O magosto sempre é unha festa moi esperada e da que desfrutamos un montón.
É todo un ritual que marca a chegada do Outono no que son protagonistas o Lume e as Castañas, se ademáis engadimos o entorno do Mosteiro de Trandeiras a maxia está asegurada.
ACTIVIDADES DO DÍA
1#. Mercado de artesanías e productos locais
A partir das once da mañá terás a ocasión de visitar os postos do mercado de artesanía.
Xa sabes!, se queres cousiñas únicas, orixinais e artesás non podes faltar.
Aquí tes algúns dos postos que estarán para que lles vaias botando un ollo. Seguro que atopas algo que che gusta!
- NOA’S Aquí poderás atopar bisutería de calidade con deseños exclusivos.
- ALICORNIO estarán cos seus licores ecolóxicos.
- REISHITERAPIA dende Tui, cafés, chocolates e tés con setas reishi. Non te perdas a degustación.
- OZOCOgz dende Carballiño deseño gráfico adaptado a diferentes soportes como camisetas, bolsas de algodón orgánico…
- A CASIÑA DOS AROMAS cosmética e aromaterapia artesá, natural e ecolóxica.
- A MEIGA GOLOSA traen dende Ponteareas as súas golosinas e barriñas de cereais artesás e ecolóxicas 100%
- MILI TRAJES cousiñas feitas a mán para os teus bonecos dende Tomiño.
- BELLS I VELLS dende Pontevedra con obxetos de decoración e reciclaxe e tamén restauran mobles antigos.
2#.Comida
A comida será caseira feita en forno de Leña.
Terá un custo de 7 euros por persoa, e inclúe xantar, merenda, magosto e unha participación nos sorteos que che contamos máis adiante.
As reservas para a comida pódense facer nos número de teléfono 617 03 18 54 ou 619 38 91 93 e tamén no facebook
Como é lóxico terán preferencia as persoas que teñan reservado con antelación.
Así que reserva xa!
A Casa do Mosteiro instalará un bar no Mosteiro para que non falte bebida.
3#. Xogos en inglés para os nenos
As catro da tarde comezaran os xogos para os nenos.
Para esta actividade cóntase coa colaboración da Acacemia English is Cooll de Xinzo.
Os xogos estarán a cargo dun profesor de inglés nativo.
4#. Merenda e Magosto
A partir das seis chega a hora da merenda e do magasto.
Por suposto non pode faltar a música tradicional.
Trae os teus instrumentos… e únete á foliada!
5#. Sorteo
Ademáis de pasalo ben, e ter un día cheo de actividades podes marchar para a casa cun pequeno agasallo.
O fin de festa será o sorteo de:
- Un conxunto de collar, pulsera e pendendes de plata e cristal Checo feito por NOA’S
- Unha noite para dúas persoas na CASA DO MOSTEIRO
- Unha botella de licor de ALICORNIO
- Unha pandeireta artesá de SON DE PAU
Só por reservar a túa comida xa tes unha participación no sorteo, pero podes mercar máis rifas por só 0.50€ cada unha.
6#.Agradecementos
Finalmente agradecer a tódalas persoas que dun xeito ou outro colaboraron coa organización deste Magosto:
- A Noa’s
- English is cool
- Casa do Mosteiro
- Os veciños de Trandeiras
- Son de Pau
- Gallega de Patatas
- Concello de Xinzo
- Asesoria Século XXI
- Patatas Carlos Casas
- Frutas y verduras Sandra
- Licores Alicornio
- Fritas Jaly’s
7#. O Cartel
CONTANOS
Que che parece este plan?
Apúntaste a ir?
Cal dos agasallos que se sortean che gustaría que che tocase?
Se te animas vémosnos alí…!
Guardar