X

O MUNDO ESTÁ PARADO, o novo de Guadi Galego

Gaiteira, compositora e unha das voces imprescindibles da música contemporánea galega.

Despois de Benzón e Lúas de outubo e agosto chega, O mundo está parado o terceiro disco en solitario de Guadi Galego.

Na súa intensa traxectoria musical, a compositora galega tamén formou parte de proxectos como Berrogüetto, Nordestin@s, Espido ou aCadaCanto.

A súa carreira está asentada na música galega de raíz e dende ahí explora outros territorios.

A DISCOGRAFÍA de Guadi Galego

Imos facer un repaso pola súa discografía comezando dende os discos máis recentes os máis antigos:

  1. Os seus discos en solitario
  2. O seu discos con Nordestinas
  3. Os seus discos con aCadaCanto
  4. O seu disco con Espido
  5. Os seus discos con Berrogüetto

1. Os seus discos en solitario

1#. O mundo está parado (2016-FOL música)

O 4 de novembro verá a luz o terceiro traballo de Guadi Galego, O mundo está parado.

É un disco universal e diverso que reflexiona sobre a imposibilidade da coherencia e sobre a necesidade de activarnos humanamente.
O mundo está parado” ten 10 temas: 6 escritos por Guadi Galego , tres por Carlos Abal e un por Pachi Garcia, que é tamén o productor musical.
É un traballo moi coidado, esto tamén se pode ver no formato do disco: vinilo-CD con fotografías. “A idea é poñer en valor as cousas feitas con moito esforzo e moito sacrificio”.

Os temas do disco O mundo está parado:

1. Cedeira
2. O Privilexio É Soñar
3. Mente En Branco
4. O Mundo Está Parado
5. El Entorno
6. Vas Cara Arriba
7. Dende Que Marchaches
8. Vida
9. Tribu
10. Canción Para Ver

O video da canción Cedeira

Merca o disco O Mundo Está Parado

Estará dispoñible a partir do 4 de Novembro.

2#. Lúas de Outubro e Agosto (2014-FOL música)

Este é un disco homenaxe as súas lúas, os seus pequenos Tiago e Carme.

No disco están presentes temas como a maternidade ou a reivindicación da muller na sociedade.

Musicalmente supón un cambio hacia o pop, dentro dunha evolución natural.

“Lúas de outubro e agosto” gravouse en xuño do 2014 nos estudios Alis Records de Baeza coa producción musical ó cargo de Pachi Alis.

Saiu ó mercado en formato cd, vinilo y álbum dixital.

Os temas do disco Lúas de Outubro e Agosto

1. Mergullei
2. Curso de un Río
3. Pernoctei
4. Chea de Vida
5. Aromas de Terra
6. Sentir
7. Ramo
8. Norte do Norte
9. Matriarcas
10. O Muro

Video da canción Matriarcas
Merca o disco Lúas De Outubro E Agosto

3#. Benzón (2009-Músicas de Salitre)

Benzón é unha antiga locución popular que denota agradecemento (“Bendición”).

Agradecemento ós máis de vinte músicos que a arroupan neste traballo.

E un disco totalmente acústico e para escoitar máis dunha vez.

Hai cancións con pandeiro, sartén e shakers, composicións para piano ou letras tradicionais arranxadas para clarinete. Por iso as cancións teñen sabor a vello pero tamén un aire moi novo.

É unha visión contemporanea do noso fermoso patrimonio cultural.

É un disco para disfrutar con calma e non se tocará en directo. Tantos estilos, tantos participantes, non sería posible.

Os Temas do disco Benzón
  1. Acordes
  2. Madama
  3. Muiñeira de Concha de Luneda
  4. Dama
  5. Muineira de Luz de Baldaio
  6. Norte do Alén (I)
  7. Norte do Alén (II)
  8. Canto
  9. Xota do 9 de Abril
  10. París-La Habana (I)
  11. París-La Habana (II)
  12. Imende
  13. Ruada

Ainda que me empeñei en buscar algún video de este disco, non atopei ningún.

É ben certo que non o tocaron en directo!

ACTUALIZACION

Pois sí que houbo concerto de Benzón en concreto houbo dous.

Temos video da interpretación da canción Acordes en Vilagarcía de Arousa

Merca o disco Benzón

2. O seu disco con Nordestinas

1#.Nordestin@s

No Teatro Principal de Compostela gravouse en setembro do 2006, o único disco das Nordestin@s.

Os compoñentes do grupo son Guadi Galego (voz), Ugía Pedreira (voz) e Abe Rábade (piano).

Neste traballo reinterpretanse as cancións populares vencelladas ó mar, os temas mariñeiros que se foron transmitindo durante xeracións nos pobos que miran ó mar Cantábrico.

Os temas do disco Nordestinas
  1. Lenda do Mar
  2. Canción do Leiteiro/Nana de Ordes
  3. Montemar
  4. Ari Ari
  5. Mal de Amores
  6. Romaxe a Santo Andrés
  7. Habaneira de Ribadeo
  8. Falar de Amores
  9. Non sei
  10. Cantar do Val de Vieiro
  11. Camariñas
  12. Aguinaldo Pandereteiriño
Neste video os protagonistas falan deste proxecto
Mercar o disco Nordestin@s

3. Os seus discos co AcadaCanto

1#. A Rosa D’Adina (2013-Músicas do Salitre)

aCadaCanto (Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero) sacan o seu segundo disco.

Neste traballo musicalizan unha seleccion de seis poemas de Rosalia de Castro coincidindo con 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

Os temas do disco A Rosa D’Adina
  1. Dende a Limia
  2. Levoume o río
  3. Tecín
  4. Este meu camiño
  5. Onde pousei a infancia
  6. Aló
Video grabado nos xardíns da Catedral de Tui-Dende a Limia
Merca o disco A rosa d’Adina

2#. aCadaCanto (2012-Músicas do Salitre)

Neste proxecto coinciden, por primeira vez, os catro xuntos. Guadi Galego, Xabier Díaz, Gillerme Fernández e Xosé Lois Romero forman aCadaCanto

O disco ten trece cancións, moitas orixinais pero tamén algunha tradicional e algunha procedente da lírica culta.

A pesares de que as letras e as músicas son de distintas procedencias o disco consegue ter unha unidade estética.

Temas do disco ACadaCanto
  1. Teu nome por mar e terra
  2. Lúa
  3. Astronauta Lírico
  4. A lírica do silencio
  5. Mar Maior dos namorados
  6. Vexo
  7. Desafío
  8. Dous meses I
  9. Dous meses II
  10. A misteriosa
  11. Coplas de Estrelas
  12. Aurora Nordestina
  13. A forma do Amor. a fin
aCadaCanto “Coplas de Estrelas”
Merca o disco aCadaCanto

4. O seu disco con Espido

1#. Espido (2005-Músicas de Salitre)

Espido foi o dúo musical  formado por Guadi Galego  e Guillerme Fernández, membros por aquel entón do grupo Berrogüetto.

Xuntos gravaron un disco homónimo onde Guadi Galego pon a voz e Guillerme Fernández toca a guitarra.

Un traballo directo, cheo de sentimento, no que as cancións transmiten por sí mesmas, sen adornos.

Os temas do disco Espido
  1. Quixera
  2. Santa muller
  3. Eu a vin
  4. Se tí queres
  5. Nana
  6. Máis nada
  7. Cántame
  8. Monte mar
  9. Por mín
  10. Soñarei
  11. Amar a mares
  12. Merlo Branco
Video no que interpretan Santa Muller
Merca o disco Espido

3. Os seus discos con Berrogüetto

1#.10.0 (2006-Boa Music)

Con este disco os Berrogüetto celebraban o seu décimo aniversario.

10.0 non contén composicións tradicionais e tódolos temas son composicións dos propios compoñentes do grupo.

Como dí Anxo Pintos, “este disco pretende ser  cálido, optimista e luminoso”

Polo demáis, con 10.0 tamén estrean empresa propia que edita este traballo e promove as actuacións do grupo.

Acompañan ó disco fotografías de Karlos Abal e un texto de Rodrigo Romaní.

Temas do disco 10.0
  1. Xente ( Guadi Galego e Guillerme Fernández )
  2. Cracovia ( Santiago Cribeiro )
  3. Brest ( Quim Farinha )
  4. Unha volta e un poema ( Guadi Galego e Guillerme Fernández )
  5. Permafrost ( Anxo Pintos )
  6. Lévame de aquí ( Guadi Galego e Guillerme Fernández )
  7. Vamosindo ( Santiago Cribeiro )
  8. Sálgame ( Guadi Galego e Guillerme Fernández )
  9. Deneb (Quico Comesaña )
  10. Nosocomial ( Anxo Pintos )
  11. Entropialxia ( Quico Comesaña )
Interpretando o tema Xente
Merca o disco 10.0

2#. Hepta (2001)

O eixo deste disco é o hepta, o número sete en grego.

As sete notas musicais, as sete cores do arco da vella… os sete músicos de Berrogüetto.

O concepto de Hepta é a mistura e a combinación de artistas de diferentes disciplinas.

Chama a atención o apartado gráfico do disco no que colaborou Georges Rousse, coñecido artista contemporaneo francés.

Por encargo de Berrogüetto, o artista francés modificou o edificio histórico da antiga fábrica de Sargadelos en Cervo, Lugo.

O espazo pintouse con figuras xeométricas das sete cores creando un xogo óptico.

Os compoñentes do grupo participaron activamente do proceso facendo de artesáns, obreiros e actores.

Os temas do disco son composicións de tódolos membros do grupo.

Os temas do disco Hepta
  1. Nanatsu ( Anxo Pintos )
  2. Vinte anos ( Santiago Cribeiro )
  3. Heptacordo ( Quim Farinha )
  4. Baixando de tí ( Guadi Galego)
  5. Armenia ( (Guillermo Fernández e Quim Farinha)
  6. Samesugas ( Anxo Pintos )
  7. Setestrelo ( Guadi Galego e Guillermo Fernández )
  8. Hebdomadaria ( Anxo Pintos )
  9. Albores (Isaac Palacin , Quico Comesaña, Guillermos Fernández )
  10. Cantos de Monzo ( Xabier Díaz )
  11. Galiz@matias.com ( Quico Comesaña )
  12. Alquimista de soños ( Guadi Galego e Guillermo Fernández )
  13. Azul Grasso ( Anxo Pintos )
Reportaxe da grabación do disco Hepta
Merca o disco Hepta

3#.Viaxe por Urticaria (1996)

Este é o segundo traballo de Berrogüetto e o primeiro de Guadi Galego co grupo.

Neste ano Paco Juncal abandoa o grupo pero hai dúas incorporacións, Guadi Galego e Quim Farinha.

Etienne Cabet, no seu libro Viaje por Icaria (1840), mostraba un mundo utópico no que a xornada laboral era de oito horas, a xente disfrutaba da xubilación e as casas tiñan baño…

O desenrolo transformou a utopía da cidade de Icaria en realidade.

As utopias de hoxe, aquí en Urticaria son “Liberdade, Igualdade e Fraternidade”

Viaxe por Urticaria, no tocante á música,  tamé é unha viaxe utópica que algún día se fará realidade.

Chama a atención, a parte da música, a imaxe gráfica obra de Xoan Piñon

Os temas do disco Viaxe a Urticaria
  1. Aquí Canto
  2. Tránsito ( Quico Farinha )
  3. Indosesta ( Anxo Pintos )
  4. “K” ( Anxo Pintos )
  5. Lusco ( Quico Comesaña )
  6. Fusco ( Quico Comesaña )
  7. Alalá das humidades ( Anxo Pintos )
  8. Neocórtex ( Anxo Pintos )
  9. Bailador ( Tradicional )
  10. A forza das mareas ( Quico Comesaña e Guadi Galego )
  11. Ausencia ( Guillermo Fernández )
A canción Fusco
Merca o disco Viaxe por Urticaria

CONCLUSIÓN

Despois de facer este traballo de recopilación, o que sentimos é asombro.

Guadi Galego é unha cantante ben coñecida, pero ata que non miras o seu traballo máis polo miudo, non eres consciente  de  toda a súa traxectoria e de tódolos traballos que leva feito.

A nosa sensación é que isto pasa con moitos artistas e grupos galegos.

Así que seguiremos nesta liña, facendo pequenos resumes das súas discografías.

OPINA TÍ ?

Gústache a música de Guadi Galego?

Cal dos seus discos che gusta máis?

Apetéceche escoitar o seu novo traballo O mundo está parado?

Tes algún artista ou grupo sobre o que che gustaría que falásemos?

Esperámoste nos comentarios. Anímate…?!

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Eloi e Pilar:

View Comments (0)

Related Post