X

Queres saber como foi o MAGOSTO de TRANDEIRAS? ?

Esta fin de semana estivemos no Magosto de Trandeira.

Dúas familias emprendedoras que viven alí dende hai algún tempo organizaron esta festa.

Por unha banda Elisa e Alex, da casa de turismo rural A Casa do Mosteiro que montaron alí o bar.

E pola outra, Zacarías, Ana, e os pequeno Pablo, Noa e Lucía, que se encargaron da comida, do seu posto de xoiería Noa’s e tamén de preparar os xogos para os nenos en inglés.

Nos fomos coa idea de botar unha man pero a verdade e que xa estaba todo bastante ben organizado.

 

OS POSTOS de artesanía que estiveron no Magosto de Trandeiras.

  • NOA’S co seu posto de bisutería de calidade con deseños exclusivos.
  • ALICORNIO cos seus licores ecolóxicos.
  • REISHITERAPIA dende Tui, cafés, chocolates e tés con setas reishi.
  • OZOCOgz dende Carballiño deseño gráfico adaptado a diferentes soportes como camisetas e bolsas de algodón orgánico…

 

A COMIDA

A bebida estivo a cargo do bar da Casa do Mosteiro.

E a comida que consistía en:

  • Carne asada
  • Empanadas de atún, de chourizo e vexetarianas.
  • Chourizos e criollos
  • Tortillas
  • Castañas asadas
  • Pan
  • Bizcoitos …

… foi feita por Ana e Zac, en forno de leña e usando fermento nai para as masas. Todo riquísimo…! ?

Tamén houbo:

  • Patacas Jalys, que colaboraron co magosto.
  • Froita, colaboración de Froitas e Verduras Sandra de Xinzo

 

OS XOGOS

Os máis pequenos estiveron encantados con Zac.

Poideron saltar, xogar, pasalo ben, ó tempo que aprendían inglés.

 

O FORNO

A verdade é que o tempo non acompañou … ? ☔

A ratos choveu e tivemos que acollernos no forno do Mosteiro.

Un forno enorme no que poidemos asar as castañas, a carne e os chourizos.

 

A MÚSICA

O Magosto estivo amenizado por tres grupos de gaiteiros.

Pola mañá Os gaiteiros da Armada.

E pola tarde-noite os grupos Gramalleira e Vai de Vagar.

 

 

A XENTE

Se fixera mellor tempo seguramente seriamos moitos máis.

Asi que gracias os valentes que se animaron a ir!

Un magosto sempre é unha boa ocasión para xuntarse, comer, falar, bailar… En fin pasalo ben, que é do que se trata!

 

AS INSTITUCIÓNS E A PRENSA

O Concello de Xinzo tamén colaborou co Magosto.

E estivo presente Carlos Gómez Salgado, concellal de Comercio e Turismo. Que animou a seguir organizando cousas no entorno do Mosteiro.

Tamén estivo disfrutando da festa, o periodista de La Región Xosé Lois Colmenero.

No seguinte enlace podes ler o artigo que escribiu na víspera do Magosto

¿Plan para hoy? Un magosto a la americana en Trandeiras

E para o domingo no suplemento de La Región, Vida, poderás ver publicadas tódalas fotos.

 

OS SORTEOS

O final da xornada sorteáronse:

  • Unha botella de licor Alicornio
  • Un conxunto de collar, pulseira e pendentes de Noa’s.
  • Unha noite para dúas persoas na Casa do Mosteiro.
  • E unha pandeireta Son de Pau

Non teño fotos da recollida de premios, unha magoa…!

Pero os agraciados marcharon ben contentos.

 

EN RESUMO

Un día ben completiño.

Entorno único, comida sabrosa, boa xente, música, agasallos… Que máis podemos pedir!

Foi toda unha experiencia sobre todo para os que organizaron.

Seguramente aprenderían un montón de cousas que lles servirán no futuro para novas aventuras.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Eloi e Pilar:
Related Post