Cales son os mellores recordos que gardas de cando eras un nen@?
Seguro que moitos son momentos pasados en familia.
E seguro que moitos estan vencellados á música e ó baile. ?
Nós meus recordos están as cancións cantadas baixiño, case nun murmurio que me convidaban a durmir.
Tamén os bailes tolos, de dar voltas e voltas ata cair ó chan mareada.
E o repetir … e repetir as cancións que me gustaban ata aprendelas de memoria…
Hoxe imos falar de 5 libro-discos en galego que se transformaran en fermosos recordos cando os nosos cativos medren. ❤?
5 libro-discos en galego para gozar en familia
1# Fíos de querer (Miudiño)
Cesar Freiría é quen se agocha tralo home orquestra.
Un músico autodidacta que comezou de ben pequeno coa música tradicional e que o longo da súa traxectoria pasou por grupos ben diversos.
Dende o folc tradicional ata o punk e rematando como home orquestra.
“Cé orquestra pantasma” e os seus “Fios do Querer” son unha diverida proposta “para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo”.
Cos seus instrumentos e os seus trebellos de fabricación propia deixa abraiados.
As ilustracións do libro son de Cristina Ouro.
Os temas do disco
- Adurmiñando
- A Teta
- Bos Días
- Que Ricos os Bicos
- Mamá
- Papá
- Os Abrazos
- Cinco Dediños
- Palmiñas
- Cucú
- Abaneando
- A Voar
- Tocototo
- A Formiguiña
- Caracoliño Caracoleiro
- O barqueiro
- Corre Corre
- Onde Está o Nené
- Se Tí Mancas
- Un Bico Polo Aire
- De Festa
- Bátelle Coa Man
- Chao Chao
- Durme
Vídeo promocional
Merca o libro-disco Fíos de Querer
2#. Canta o Cuco (Galaxia-2015)
O Canto do Cuco anuncia un cambio de ciclo, o despertar da natureza.
En Canta o Cuco, Uxía e Magín Blanco voltan a traballar xuntos.
Eles xa son vellos coñecidos… e xa tiñan colaborado en traballos como a Nena e o Grilo, María Fumaça, Rosalía pequeniña…
Nesta ocasión cantan a Manuel María.
Os temas do disco estan escollidos dos libros de poemas que Manuel María escribiu para os nen@s, “As Rúas do Vento Ceibe” e “Os Soños na Gaiola” e de outros poemarios como “Terra Chá”, “Panxoliñas” e “Os lonxes do solpor”.
Ademáis hai un tema de creación propia, “Todo me fala de ti” que fai referencia ó poeta e o seu universo.
Este é un traballo para nen@s do século XXI, así que podemos atopar dende ritmos de música tradicional, pop, rock, tango, son cubano…
Na gravación deste disco contaron coa colaboracion de Guillerme Fernández e Santi Cribeiro.
E as ilustracións foron ó cargo de Leandro Lamas.
Os temas do disco
- O Río-O Mar
- Poemiña Para Namorar Unha Rosa
- A Vaca
- O Lar
- O Meu Cuarto-Teatro de Guiñol
- A Roda Roda
- Traballos De Todo o Ano
- O Carro
- A Cidade
- O Cuco
- Todo Me Fala de Tí
- Dorna
- Panxoliña da Neve
- Galiza (recitado)
Magín e Uxía cantan a Manuel María
Merca o disco-disco Canta o Cuco
3#. Pan de Millo (Kalandraka-2013)
Este é o segundo traballo de Migallas Teatro despois de “Canta connosco!”
Neste proxecto queren amosarlle os nen@s a grande riqueza cultural herdada dos maiores. Para isto usan como fío condutor a elaboración do pan de millo, e todo aderezado con moito xogo, expresión dramática e diversión.
Algunhas cancións son propias e outras son versións de cancións tradicionais. Nelas falan da terra, da auga, do sol, do traballo …
As adaptacións e os arranxos están feitos polos membros do grupo Treixadura Magoia Bodega e Paulo Nogueira.
E tamén contan coa colaboración de músicos como Pancho Álvarez, César Longa, Segundo Grandío e Begoña Riobó, entre outros.
As ilustracións son creación de Dani Padrón.
Os temas do disco
- Miña “Abuela Manuela”
- O Piollo e a Pulga
- As actividades
- Pan de Millo
- Os Piratas Limpos
- O Tiroliro
- Campás Pola Paz
- Unha Vella tiña un can
- Que Cousa, Cousiña é?
- Pinocho
- O espantallo divertido
- Eu teño un Canciño
- Rodari
- O Moucho
Videoclip de Pan de Millo
Merca o libro-disco Pan de Millo
4#. Non hai berce coma o colo (Kalandraka-2014)
Este traballo invítate a vivir e desfrutar eses momentos tan únicos de acompañar os pequeniños no seu sono.
Música doce, contacto físico, alumiños… e ir pechando os olliños pouquiño a pouco.
Este proxecto está dirixido por Magoia Bodega e Paulo Nogueira.
Tódolos arrolos do disco son pezas recollidas en distintos lugares de Galiza.
As voces son de Merchi Rodríguez, do grupo Leilia, Sonia Lebedynski e Mini Rivas.
A interpretación musical está o cargo de Segundo Grandío, Navia Rivas, Pancho Álvarez, Cesar Longa e tamén Magoia e Paulo.
E as ilustracións son Mariona Cabassa.
Os temas do disco
- Non Hai Berce Coma o Colo
- Arrolo de Domaio
- Berce de Santalices
- Ora, Meu Meniño
- Berce de Bande
- Berce de Xacebáns
- Berce de Riós/Berce de Verín
- O Neno Ten Soniño
- Berce de Viveiro
- Berce de Pedro Chosco
- Arrolo de Cuñas
- Ven Soniño, Ven
- Berce de Meira
- Berce de Ribeira de Piquín
- Canto de Berce
Arrolo de Domaio
Merca o libro-disco Non hai berce coma o colo
5.# Alegría! (Galaxia-2015)
O título xa deixa moi claro o que nos imos atopar.
A protagonista deste conto é Alegra unha eiruga que no seu camiño irase atopando con seres diversos e moi divertidos. Todos eles serán unha oportunidade de aprender algo novo.
Tamén vivirá aventuras sorprendentes que terán como banda sonora as trece cancións do CD.
As ilustracións do libro son de Luis Barbolla e tamén transmiten optimismo e alegría.
Os temas do disco
- Libre Para Voar
- Nubes
- Oscar e a Xanela
- Sandaliña
- O Mosquito Inaudito
- Menta Polenta
- Eu Teño un Corpo
- Ou Iso ou Aquilo
- O Fututo Xa Chegou
- Máquina Do Amor
- Alegría
- Danza Do Universo
- Final
Presentación do Libro-Disco Alegría!
Merca o libro-disco Alegría!
UN EXTRA
Aire
Recén estreado o novo libro-disco de María Fumaça, Aire, o terceiro xa.
Onte, 4 de Decembro foi a presentación no Culturgal.
Dos anteriores traballos de María Fumaça xa falmos en CINCO PROPOSTAS DE MÚSICA GALEGA PARA NENOS
Atentos a este novo traballo!
A horta de Balbina, un pequeno adianto
Merca o libro-disco Aire de María Fumaça
E TÍ, que nos contas…!
Tes algún libro-disco ou disco para compartir cos nenos que che goste?
Durmes os teus fillos coa música?
Qué cancións lembras de cando eras pequeno?
Guardar
Guardar