X

5 discos de música galega para comezar o ano

Tes ganas de comezalo ano con novidades musicais?

Pois veña… empeza a construir a memoria musical do 2017….!

Aquí deixámosche a nosa proposta de 5 discos en galego para estrear novo ano.

5 Discos de música galega para comezar o ano

1#. Pasatempo de Radio Cos

Radio Cos, o grupo formado por Quique Peón, Xurxo Fernandes, Xan Pampín, Pedro Lamas e Nikolay Velikov, saca novo disco.

Pasatempo é o seu segundo traballo discográfico despois de Sete Cuncas.

Este disco está inspirado no parque do Pasatempo de Betanzos.

Un parque enciclopédico pioneiro no que se buscou reflexar feitos e  lugares do mundo.

Neste disco o protagonismo volveo a ter o  repertorio tradicional reinterpretado dun xeito moi persoal e misturandoo con outras tradicións culturais.

Sen dúbida hai que comezalo ano con Radio Cos!

Alalá Ghoró

Merca o disco Pasatempo

2#. Camiño de Bruxelas a Compostela de Ialma

Este é o quinto álbum deste grupo de pandereteiras galego-belgas chamado Ialma.

O fío do disco é o camiño da emigración Galega ó extranxeiro e tamén o camiño de volta á terra.

É un camiño de diversidade, de novas culturas, de autocoñecemento…

Música Galega dende Bruxelas….!

Compostela

Mercar o disco Camiño de Bruxelas a Santiago

3#.Cantares de Os Carunchos

Os Carunchos levan 20 anos facendo música galega para o baile e para a festa.

Acaban de presentar o seu sexto traballo discográfico, Cantares.

Entre as dezasete pezas do disco hai letras propias e poemas musicados de Rosalía de Castro, Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana, Manolo Pipas e Carlos Fontes.

Inmenso amor pola cultura e pola lingua!

Os Carunchos no seu anterior disco E ti que…?

4#. Opoñerse á extinción de Ses

Opoñerse a extinción é o cuarto disco de Sés.

Variedade de estilos para soster unha idea central o amor a identidade.

A mellor forma de opoñerse a extinción é… falando, cantando … e amando a nosa lingua e a nosa cultuta!

Música para gozar, escoitar e reflexionar!

A Paz Esquiva

Mercar o disco Oponerse Á Extinción

5#. Cantares de Eladio y los seres queridos

Retoman a banda sonora da súa nenez para facer unha homenaxe a música que escoitaban os seus pais.

E o mesmo tempo recuperala, dende un son máis pop, para os seus propios fillos.

No disco pódense escoitar denda Fonte do Araño, Havemos de ir a Viana, Meu amor é mariñeiro, Camariñas, Teño saudade, Camariñas…

Cancións que están na memoria de todos…!

Fonte do Araño

Merca o disco Cantares

PROPÓN TÍ

Cóntanos con que música empezas tí o ano.

Axúdanos a completar esta lista de novidades musicais.

Ou dinos calqueira cousiña que che preste!

Eloi e Pilar:
Related Post