X

XOSÉ MANUEL BUDIÑO 20 aniversario de Paralaia

Xosé Manuel Budiño, orixinario de Moaña, é un artista que se inicia dende ben pequeno no mundo da gaita.

Estivo na Banda de Gaitas Xarabal e posteriormente participou e colaborou con varios grupos e artistas de distintos xéneros.

En 1997 saca o seu primeiro proxecto persoal, Paralaia,  que revolucionou o mundo da música folk en Galicia e do que se cumplen agora 20 anos.

O longo destes anos ten actuado en escenarios de todo o mundo e o seu traballo ten sido recoñecido con numerosos premios.

XOSÉ MANUEL BUDIÑO,  a súa discografía

Faremos un repaso pola súa discografía comezando polo seu traballo máis recente.

Comeza a conta atrás…! Imos…!

7#. Paralaia-20 Aniversario (2017)

Fai 20 anos que Xosé Manuel Budiño saca o seu primeiro traballo discográfico, Paralaia.

Para celebrar este aniversario preséntase agora unha nova edición remasterizada deste álbum.

Nesta volta presentase como un libro-CD, con ilustracións de Ana Zon.

Os temas do disco

  1. Santa compaña
  2. Paralaia
  3. Cantar de Santa Sabiña
  4. Aire de cruceiro
  5. Rapa Bestas
  6. Lóstregos
  7. Marcha de Breixo
  8. Ardora
  9. A fonte de pedra
  10. Alalá da vila ortegán
  11. Jotón club
  12. O pateado
  13. Santa compaña

Paralaia 20 Aniversario

Mercar o libro-disco Paralaia-20 Aniversario

6#. Sotaque (2013)

A palabra Sotaque fai referencia a un acento peculiar ou a unha pronunciación particular de un individuo, unha rexión ou unha nación.

En Sotaque mistúranse as dúas paixóns de Budiño, a tradición e as novas tecnoloxías.

Por unha banda profundíza na percusión tradicional galega e por outra aplíca a tecnoloxía os instrumentos tradicionais para sacarlles toda a súa forza.

Todas as composicións son de Budiño que ademáis conta coa colaboración de:

  • O músico portugués Antonio Zambujo que canta o tema “Deixame Adiviñar”
  • O actor e cantante Luis Tosar que canta unha letra de Celso Emilio Ferreiro “Hoxe canto en Libertá”
  • Os Cantareiros do fiadeiro cantan e tocan no tema Riamonte
  • Michael McGoldrick coa súa frauta na muiñeira Sotaque

Os temas do disco Sotaque

  1. Nubeiros e Tronantes
  2. Hoxe Canto e Libertá ( con Luis Tosar )
  3. Danza das Bateas
  4. Sotaque ( con Michael McGoldrick )
  5. Déixame Adiviñar ( con Antonio Zambujo )
  6. Serán de Maias
  7. Riamonte ( cos Cantareiros de O Fiadeiro)
  8. Chal Indiano
  9. Soños ( con Paulo Borges )
  10. Bica na Baiúca

Nubeiros e Tronantes

Merca o disco Sotaque

5#. Volta (2010)

O seu quinto traballo, VOLTA  ten o formato de CD+DVD.

No DVD podes ver o espectáculo do Festival de Ortigueira do 2009 intercalado con  imaxes das súas viaxes por catro continentes e tamén con mini-entrevistas con músicos cercanos a Budiño como Mercedes Peón, Xoel López, Kepa Junkera, Jorge Pardo, Karen Matheson e Donald Shaw.

O CD danos a oportunidade de vivir, como se estiveramos entre o público, o espectáculo do Festival de Ortigueira do 2009.

En Volta están os grandes clásicos de Budiño reinterpretados para a ocasión e algúns temas novos.

Os temas do disco Volta

  1. Volta
  2. Paralaia
  3. Nós
  4. Rapa Bestas
  5. Cantar de Santa Sabiña
  6. Aire do Cruceiro
  7. Galo Galán
  8. Ortegal
  9. Arredor
  10. Pedra de Abalar
  11. Sempre Alalá
  12. Shokran
  13. Fume de Lume
  14. A Fonte da Pedra
  15. Tradi
  16. Lóstregos

Trailer de Volta

Mercar o disco Volta

4#. Home (2007)

Co seu anterior disco Zume de Terra, Budiño fixo unha xira de presentación que o levou polo mundo adiante durante 18 meses (México, Arxentina, Bulgaria, Siria, Xordania…)

Deste paseo por distintos paises e culturas volta cargado de novas experiencias e novas melodías.

En Home estan presentes todas estas experiencias.

Neste disco conta unha vez máis coa colaboración de Mercedes Peón, Kepa Junquera e tamén con Xoel López.

Os temas do disco Home

  1. Pedra de Abalar
  2. Ollos de Sal
  3. Ortegal
  4. Inmaterial
  5. Ollin Kan
  6. Sempre Alalá
  7. Vía Sacra 3
  8. Shokran
  9. Nacín na Espuma
  10. Imos Dj.

Merca o disco Home

3#. Zume de Terra ( 2004 )

Zume de Terra é o terceiro traballo discográfico de Xosé Manuel Budiño.

Neste disco él asume, por primeira vez, as labores de composición, arranxos, produccion e gravacion no seu propio estudio.

Este traballo ten como base a tradición pero tamén é universal grazas as colaboracións de Lilian Vieira (Brasil), Sara Tavares (Cabo Verde), Capercaillie e Michael McGoldrick (Escocia) ou Jacky Molard (Bretaña).

Según o propio Budiño “é un disco que respira terra, humidade, auga e Galicia en xeral, pero que nace con vocacion internacional”

Os temas do disco Zume de Terra

  1. Nós
  2. Galo Galán
  3. Na Liña da Maré
  4. Xogo Tolo
  5. Santiago-Lisboa
  6. Danza dos Arxinas
  7. Meu Mar
  8. Arrieiros Somos
  9. Quérome Salvar
  10. Desafío
  11. Burbullas á Grella
  12. De Sol e Lúa
  13. A Galicia vente xa

“A Galicia vente xa” canción promocional do Xacobeo 2004 en Galicia

Merca o disco Zume de Terra

2#. Arredor (2000)

Neste disco, Xosé Manuel Budiño segue misturando a instrumentación galega con ritmos actuais como funkie e sons electrónicos.

Mercedes Peón volve a colaborar con Budiño neste traballo.

Os temas do disco Arredor

  1. Arredor ( con Jackie Molard )
  2. Fala da Noite ( con Tony McManus )
  3. Fume de Lume ( con Donald Shaw )
  4. Se Souberas ( con Mercedes Peón )
  5. Pos3 Par2
  6. Roncos de Son
  7. Pola Man
  8. Xa
  9. Amalgama
  10. Compostela ( Leilía )
  11. Eixe Elástico
  12. A modo

Se souberas con Mercedes Peón


Mecar o disco Arredor

1#. Paralaia (1997 )

Este é o primeiro traballo en solitario de Xosé Manuel Budiño.

Supuxo toda unha revolución no mundo da música folk.

Colleitou un sinfín de premios e supuxo a súa proxección internacional.

Neste disco conta coa colaboracion de:

  • Jacky Molard-Violín
  • Mercedes Peón-Voz
  • Soïg Siberil-Guitarra
  • Kepa Junkera-Trikititxa

 

Os temas do disco Paralaia

  1. Paralaia
  2. Cantar de Santa Sabiña
  3. Aire do Cruceiro
  4. Rapa Bestas
  5. Lóstregos
  6. Marcha de Breixo
  7. Ardora
  8. A Fonte da Pedra
  9. Alalá da Vila de Ortegán
  10. Jotón Club
  11. O Pateado
  12. Santa Compaña

Paralaia na Festa dos Mundos en Oleiros

Mecar o disco Paralaia

E TÍ QUE OPINAS DE XOSÉ MANUEL BUDIÑO?

Gústache a música que fai?

Cal é o teu disco favorito?

Estiveches nalgún dos seus concertos?

Eloi e Pilar:
Related Post