Xosé Manuel Budiño, orixinario de Moaña, é un artista que se inicia dende ben pequeno no mundo da gaita.
Estivo na Banda de Gaitas Xarabal e posteriormente participou e colaborou con varios grupos e artistas de distintos xéneros.
En 1997 saca o seu primeiro proxecto persoal, Paralaia, que revolucionou o mundo da música folk en Galicia e do que se cumplen agora 20 anos.
O longo destes anos ten actuado en escenarios de todo o mundo e o seu traballo ten sido recoñecido con numerosos premios.
XOSÉ MANUEL BUDIÑO, a súa discografía
Faremos un repaso pola súa discografía comezando polo seu traballo máis recente.
Comeza a conta atrás…! Imos…!
7#. Paralaia-20 Aniversario (2017)
Fai 20 anos que Xosé Manuel Budiño saca o seu primeiro traballo discográfico, Paralaia.
Para celebrar este aniversario preséntase agora unha nova edición remasterizada deste álbum.
Nesta volta presentase como un libro-CD, con ilustracións de Ana Zon.
Os temas do disco
- Santa compaña
- Paralaia
- Cantar de Santa Sabiña
- Aire de cruceiro
- Rapa Bestas
- Lóstregos
- Marcha de Breixo
- Ardora
- A fonte de pedra
- Alalá da vila ortegán
- Jotón club
- O pateado
- Santa compaña
Paralaia 20 Aniversario
Mercar o libro-disco Paralaia-20 Aniversario
6#. Sotaque (2013)
A palabra Sotaque fai referencia a un acento peculiar ou a unha pronunciación particular de un individuo, unha rexión ou unha nación.
En Sotaque mistúranse as dúas paixóns de Budiño, a tradición e as novas tecnoloxías.
Por unha banda profundíza na percusión tradicional galega e por outra aplíca a tecnoloxía os instrumentos tradicionais para sacarlles toda a súa forza.
Todas as composicións son de Budiño que ademáis conta coa colaboración de:
- O músico portugués Antonio Zambujo que canta o tema “Deixame Adiviñar”
- O actor e cantante Luis Tosar que canta unha letra de Celso Emilio Ferreiro “Hoxe canto en Libertá”
- Os Cantareiros do fiadeiro cantan e tocan no tema Riamonte
- Michael McGoldrick coa súa frauta na muiñeira Sotaque
Os temas do disco Sotaque
- Nubeiros e Tronantes
- Hoxe Canto e Libertá ( con Luis Tosar )
- Danza das Bateas
- Sotaque ( con Michael McGoldrick )
- Déixame Adiviñar ( con Antonio Zambujo )
- Serán de Maias
- Riamonte ( cos Cantareiros de O Fiadeiro)
- Chal Indiano
- Soños ( con Paulo Borges )
- Bica na Baiúca
Nubeiros e Tronantes
Merca o disco Sotaque
5#. Volta (2010)
O seu quinto traballo, VOLTA ten o formato de CD+DVD.
No DVD podes ver o espectáculo do Festival de Ortigueira do 2009 intercalado con imaxes das súas viaxes por catro continentes e tamén con mini-entrevistas con músicos cercanos a Budiño como Mercedes Peón, Xoel López, Kepa Junkera, Jorge Pardo, Karen Matheson e Donald Shaw.
O CD danos a oportunidade de vivir, como se estiveramos entre o público, o espectáculo do Festival de Ortigueira do 2009.
En Volta están os grandes clásicos de Budiño reinterpretados para a ocasión e algúns temas novos.
Os temas do disco Volta
- Volta
- Paralaia
- Nós
- Rapa Bestas
- Cantar de Santa Sabiña
- Aire do Cruceiro
- Galo Galán
- Ortegal
- Arredor
- Pedra de Abalar
- Sempre Alalá
- Shokran
- Fume de Lume
- A Fonte da Pedra
- Tradi
- Lóstregos
Trailer de Volta
4#. Home (2007)
Co seu anterior disco Zume de Terra, Budiño fixo unha xira de presentación que o levou polo mundo adiante durante 18 meses (México, Arxentina, Bulgaria, Siria, Xordania…)
Deste paseo por distintos paises e culturas volta cargado de novas experiencias e novas melodías.
En Home estan presentes todas estas experiencias.
Neste disco conta unha vez máis coa colaboración de Mercedes Peón, Kepa Junquera e tamén con Xoel López.
Os temas do disco Home
- Pedra de Abalar
- Ollos de Sal
- Ortegal
- Inmaterial
- Ollin Kan
- Sempre Alalá
- Vía Sacra 3
- Shokran
- Nacín na Espuma
- Imos Dj.
3#. Zume de Terra
( 2004 )
Zume de Terra é o terceiro traballo discográfico de Xosé Manuel Budiño.
Neste disco él asume, por primeira vez, as labores de composición, arranxos, produccion e gravacion no seu propio estudio.
Este traballo ten como base a tradición pero tamén é universal grazas as colaboracións de Lilian Vieira (Brasil), Sara Tavares (Cabo Verde), Capercaillie e Michael McGoldrick (Escocia) ou Jacky Molard (Bretaña).
Según o propio Budiño “é un disco que respira terra, humidade, auga e Galicia en xeral, pero que nace con vocacion internacional”
Os temas do disco Zume de Terra
- Nós
- Galo Galán
- Na Liña da Maré
- Xogo Tolo
- Santiago-Lisboa
- Danza dos Arxinas
- Meu Mar
- Arrieiros Somos
- Quérome Salvar
- Desafío
- Burbullas á Grella
- De Sol e Lúa
- A Galicia vente xa
“A Galicia vente xa” canción promocional do Xacobeo 2004 en Galicia
Merca o disco Zume de Terra
2#. Arredor (2000)
Neste disco, Xosé Manuel Budiño segue misturando a instrumentación galega con ritmos actuais como funkie e sons electrónicos.
Mercedes Peón volve a colaborar con Budiño neste traballo.
Os temas do disco Arredor
- Arredor ( con Jackie Molard )
- Fala da Noite ( con Tony McManus )
- Fume de Lume ( con Donald Shaw )
- Se Souberas ( con Mercedes Peón )
- Pos3 Par2
- Roncos de Son
- Pola Man
- Xa
- Amalgama
- Compostela ( Leilía )
- Eixe Elástico
- A modo
Se souberas con Mercedes Peón
Mecar o disco Arredor
1#. Paralaia
(1997 )
Este é o primeiro traballo en solitario de Xosé Manuel Budiño.
Supuxo toda unha revolución no mundo da música folk.
Colleitou un sinfín de premios e supuxo a súa proxección internacional.
Neste disco conta coa colaboracion de:
- Jacky Molard-Violín
- Mercedes Peón-Voz
- Soïg Siberil-Guitarra
- Kepa Junkera-Trikititxa
Os temas do disco Paralaia
- Paralaia
- Cantar de Santa Sabiña
- Aire do Cruceiro
- Rapa Bestas
- Lóstregos
- Marcha de Breixo
- Ardora
- A Fonte da Pedra
- Alalá da Vila de Ortegán
- Jotón Club
- O Pateado
- Santa Compaña
Paralaia na Festa dos Mundos en Oleiros
Mecar o disco Paralaia
E TÍ QUE OPINAS DE XOSÉ MANUEL BUDIÑO?
Gústache a música que fai?
Cal é o teu disco favorito?
Estiveches nalgún dos seus concertos?