X

TAMBORIL DE NENO. Un encargo especial

Acabamos de facer o primeiro tamboril de neno Son de Pau.

Ata agora só fixemos tamboriles para adultos, pero fai unhas semanas recibimos o encargo de facer un tamboril para un neno de cinco anos.

Estes encargos especiais sirvenos para ir ampliando o catálogo de instrumentos que podemos ofrecerche.

Como o que nos gusta é expirementar e facer cousas novas puxemonos mans a obra.

A IDEA

A ilusión dun neno pon en marcha un proceso de creación.

Él quere tocar, a súa nai contaxiada desa ilusión encárganos que lle fagamos un tamboril a Iker.

A cabeza ponse a traballar nesta idea para descubrir cal e a mellor maneira de facelo.

Hai que conseguir un tamboril con un bó son e que se adapte a idade do neno. Así que hai que reducir o tamaño e a lixeireza dos materiais.

O tamboril non pode ser moi pequeno por que ten que durarlle uns aniños, polo menos ata os doce ou trece anos.

Eleximos madeira de chopo para o corpo cun diametro de 22cm. e unha altura de 15 cm. E os aros de madeira de faia de 2.2 cm. de altura.

O proxecto plásmase no papel. Onde quedan anotadas tódalas medidas e tódolos detalles.

COMO FIXEMOS O TAMBORIL DE NENO

O tamboril ten que pasar agora do papel a realidade.

1.#Serrar e cepillar a madeira

2.#Doblar a madeira

Se tes interese en saber como doblamos a madeira pódelo ver aquí.

3.#Colar

Unha vez que a madeira está doblada e seca entón procedemos a encolar.

Este é un traballo delicado e de precisión pois tódalas pezas teñen que ter unha medida xusta e encaixar unhas nas outras.

4.#Lixar

Este é un dos procesos máis laboriosos para nós.

Empezamos a lixar con lixas de grao 100-180 e acabamos con lixas de grao moi fino 800-1000.

5.#Pintar

Neste caso decidimos darlle un acabado en cor clara e está suavemente tinguido cun destilado de cerdeira, que obtemos no proceso de doblar a madeira de cerdeira na caixa de vapor.

E o acabado final é con tres mans de berniz incoloro.

6.#Os arrochos

Os arrochos son uns conos de coiro que van enfiados na corda para tensar o tamboril.

Nesta ocasión fixémolos de coiro marrón claro

7.#Pel

Usamos pel de cabra, que ata agora é a que usamos para todo.

Unha vez cortada a pel do diámetro axeitado pómola unhas horas en auga.

E logo montámolas nos aros feitos para tal fin.

Non empregamos grapas para suxeitar a pel senón que envolvemos a pel nos aros, unha vez que seca xa non se solta.

8.#Prensa

Antes da montaxe final pomos o tamboril nunha prensa para que as peles sequen estiradas e equilibradas.

9.#Mensaxe no tamboril

Ademáis dos materiais que usamos, o tamboril tamén leva a enerxía e a intención de quen o fai.

Para darlle un significado máis alá do material leva agochada no seu interior unha frase do libro “O Principezinho”.

10.#A montaxe final

Agora queda montar tódalas pezas e unilas coa corda de cáñamo que lle dará tensión ó tamboril.

CONCLUSIÓN

Gracias a que Iker tiña ilusión de tocar o tamboril, a súa nai chamounos para facernos este encargo tan especial. E nós tivemos a posibilidade de vivir a ilusión de facer un tamboril para un neno.

Ademáis a partir de agora, entre os instrumentos Son de Pau, xa aparece un tamboril de neno. Pódelo ver aquí.

TES TI ALGÚN ENCARGO ESPECIAL?

Tes algunha idea na cabeza pero non sabes si se poderá facer?

Necesitas un instrumento adaptado a algunha circunstancia especial?

Cóntanolo nos comentarios e estaremos encantados de contestarche.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Eloi e Pilar:

View Comments (2)

Related Post