X

5 RAZÓNS para mercar unha pandeireta artesá

No mundo de hoxe existe a sensación de ter unha grande oferta de productos para mercar, pero se te das conta, vemos como, nos cinco continentes, acabamos por vestir igual, comer a mesma comida, escoitar a mesma música…

Sen darte conta rematas sendo un consumidor pasivo e impulsivo, coa falsa sensación de que eres tí quen elixe.

Fabrícanse productos en serie, baratos e atractivos a primeira vista, que envellecen con rapidez para ser tirados e sustituidos por outros, impóndose unha filosofía de usar e tirar.

Fronte o mundo da falsificación e a imitación están os productos artesanais.

Un producto artesano é o resultado da creatividade e da imaxinación.

Na súa elaboración transfórmanse materiais de orixe natural, xeralmente con procesos e tecnicas manuais que aportan un alto valor cultural.

Son productos atemporais e duradeiros que van dirixidos á persoas que non mercan por un impulso irracional se non que valoran todo o que rodea a ese producto artesano, tanto o que se ve como o que non.

Que pasa cando mercas unha pandeireta artesá?

5 RAZÓNS PARA MERCAR UNHA PANDEIRETA ARTESÁ

1#. Mercas unha pandeireta única e orixinal

Se decides mercar unha pandeireta artesá estás apostando pola creatividade e a singularidade.

Poderás personalizar a túa pandeireta escollendo a madeira que máis che guste, as cores, as ferreñas… Terás unha pandeireta única e adaptada o teu gusto.

A nós  gústanos o concepto de instrumento-compañeiro, a pandeireta que te acompaña é un obxeto especial, ó que cuidas e mimas. É especial para tí porque a escolliches tí, ou porque te escolleu ela a tí, eso da igual, pero ademáis é especial porque sabes quen a fixo, como a fixo… todos eses pequeniños detalles transforman a esa pandeireta en un obxeto único.

2#. Coñeces á persona que as fai

Podes establecer unha relación de confianza co artesán coa garantía que esto supón, tanto a hora de mercar un instrumento como a hora de facer unha reparación.

Sabes que esa persoa está traballando e experimentando para mellorar a calidade dos teus instrumentos.

E non é o mesmo ter un obxeto feito a man, con dedicación e de grande calidade que obxetos feitos en serie. A simetría fría fronte a orixinalidade de pezas que nunca son iguais.

Ningún artesano te deixará colgado no telefóno, con unha musiquiña de fondo, mentres te pasa coa atención ó cliente.

E falando de coñecer ó artesán, se nos queres coñecer mellor aquí tes unha pequena presentación.

Xa sabes! estamos á túa disposición para calquera dúbida ou para calquera proposta que teñas.  Aquí podes ver como contactar con nós.

3#. Mercas unha pandeireta de calidade

Cando falamos de artesanía falamos de materias primas de calidade e de fabricación e acabados impecables.

Nunha pandeireta artesá os pequenos detalles marcan a diferencia.

No Obradoiro Son de Pau eses pequenos detalles son:

  • As ferreñas que non desgasten tanto na madeira.
  • A empuñadora adaptada para diestros ou para zurdos.
  • O aro unido con parafusos que permite poder cambiar pel ou ferreñas sen dañar a madeira.
  • A maioría das madeiras que usamos son autóctonas.
  • O acabado final das pandeiretas faise cun producto con certificación Ecolabel.

4#. Apoias ó mercado local

Nun mundo como o de hoxe onde todo ven de China e cunha filosofía de usar e tirar a túa decisión de mercar un producto artesano sí importa.

O mercar unha pandeireta artesana apoias ó mercado local e de cercanía con tódolos beneficios que esto supón.

  • Apoías un pequeno proxecto.
  • Colaboras na mellorara da economía da túa localidade.
  • Contribues á reducción da contaminación en transportes.
  • Consigues que se poida conxugar a economía coa conservación dos bens do patrimonio cultural.
  • Axudas a que o mundo rural non esmoreza xa que usamos materias primas que proceden tamén do rural, xenerando un efecto contaxio da riqueza.

5#. Contribúes a manter viva a cultura

Os instrumentos tradicionais represéntante, representan a túa cultura, a túa terra e a túa esencia.

Un producto artesá combina cultura, tradición, inspiración e esforzo, e incluso pode chegar a ter un sentido espiritual.

Cando decides mercar unha pandeireta artesá estás:

  • Apoiando que o traballo dos artesáns continúe e sigan sendo depositarios das  técnicas de traballo do seu oficio.
  • Aportas o teu graniño de area para que a música tradicional e todo o que a rodea siga viva.
  • Axudas a manter as formas de ocio propias da nosa cultura.
  • Creas a túa cultura e axudas a mantela e espallala…

Como ves a pandeireta non é só o que se ve, se non moito máis…

COMENTA

Atopas ti algunha outra razón para mercar unha pandeireta artesá?

Pensas que estas razóns son suficientes para decidirte a mercar unha pandeireta artesá?

Cóntanos o que che parece nos comentarios, esperámoste!

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Eloi e Pilar:
Related Post