X

Leiliando con LEILÍA, un grupo pioneiro

Leilía nace a finais dos anos 80.

Seis rapazas (Rosario Rodríguez, Patricia Segade, Mercedes Rodríguez, Felisa Segade, Montse Rivera e Ana Rodriguez)  inician a súa andaina na recuperación e posta en valor das melodías tradicionais cantadas polas mulleres e acompañadas coa pandeireta que estaban olvidadas e a piques da desaparición.

Leilía fixo un gran traballo de campo e de recollida de material.

Voltaron a aldea, falaron coas mulleres e rescataron da memoria cancións e músicas que xa estaban medio olvidadas.

Foron pioneiras na recuperación da nosa tradición oral. E foron as que abriron o camiño a todos os grupos de pandereteiras dos que hoxe en día podemos disfrutar.

DISCOGRAFÍA

Imos facer un repaso pola súa discografía comezando polo seu último traballo e rematando polo máis antigo.

5#. Consentimento

Este disco é unha homenaxe a tódalas mulleres que fixeron, conservaron e transmitiron a tradición oral galega personifícadas en Eva Castañar, cantadora e pandereteira da nosa terra.

Leilía, acompañadas pola gaita, o acordeón, a guitarra e o contrabaixo, poñen voz, neste disco, a poemas de escritoras galegas como Marilar Aleixandre, Eva Moreda, Ana Romaní, Mariña Pérez, Eva Veiga, Yolanda Castaño e Ana Amado.

Os arranxos son de Xoan Porto e Felisa Segade e o diseño do espectáculo corre ó cargo de Quico Cadaval.

Os temas do disco:

  1. Bonaval ( letra de Mariña Pérez Rei )
  2. Por riba do medo ( Ana Romaní )
  3. Cinsas ( Rosario Rodríguez )
  4. Corazón de sal ( Marilar Aleixandre )
  5. A voz das Evas ( Ana Amado )
  6. De rondón ( Tradicional )
  7. Cortellas ( Tradicional )
  8. Voz das amigas ( Yolanda Castaño )
  9. Coiro de cacique ( Tradicional )
  10. Corren os amores ( Tradicional)
  11. Noite de festa ( Eva Moreda )
  12. Como un soño que pasa ( Eva Veiga )
  13. Jota de Eva ( Tradicional )

O video presentación do disco

Merca o disco Consentimento

4#. Son de Leilía

Coincidindo co seu 15º aniversario publican “Son de Leilía”

Neste traballo fan unha recompilación de temas inéditos do grupo, colaboracións en discos colectivos que non se chegaron a distribuír en España, colaboracións con outros músicos e grupos e temas de bandas sonoras.

Fan un repaso a eses 15 anos de traballo.

Os temas do disco:

  1. Serán de Rubiós
  2. Muiñeira de Calvos de Randín
  3. Ai La-le-lo
  4. Muiñeira de Anxeríz
  5. Danza de Cerdeira
  6. Pasodoble de Folgoso
  7. Tocatas do serán de Queimadelos
  8. Romance de Fonseca
  9. Canto de Nadal de Laxoso
  10. Finisterre
  11. O naúfrago
  12. Compostela
  13. Danza das Cortellas
  14. Camiños
  15. Toutón

Canción As danzas das Cortellas (Palmira)

3#. Madama

Este disco sigue a estela do traballo anterior pero incorpora novos instrumentos e as letras das cancións tratan temáticas actuais, como o Prestige ou o conflicto xudeo-palestino.

Os temas do disco:

  1. Pedras contra tanques
  2. Se souberas
  3. Hei de estar alí
  4. Falando de máis
  5. Vaite polo mundo
  6. Vai dando a volta
  7. Non digas o que non hai
  8. O meu amor
  9. Deusa Antiga
  10. Amantes
  11. E tí que tanto tes
  12. Olvídame
  13. Cantar por non chorar

Video da canción “Vai dando a volta”

Merca o disco Madama

2#. I é verdade i é mentira (1998)

Unha vez que o grupo consolidada a raíz co primeiro disco neste dan un paso adiante e inclúen arranxos musicais.

Traen a tradición o noso tempo.

Os temas do disco:

  1. Axúdame a cantar
  2. Danza das pereiras
  3. Lévame
  4. Jota de Cornes
  5. Palabra de casamento
  6. Muiñeira de Seaia
  7. Noutro tempo
  8. O gharutiño
  9. Jota de Zobra
  10. Estreliña do luceiro
  11. Ruada de Bearíz
  12. Canto de Nadal
  13. Ribeirana-Manuel
  14. I é verdade i é mentira

Video da canción Ruada de Beariz

1#. Leilía (Dismedic-1994)

Este traballo está composto exclusivamente por pezas tradicionais. Nace do desexo de salvar do esquecemento as melodias que forman parte do pobo e que ían camiño da desaparición.

Temas do disco:

  1. Serán do Barrio do Ceo
  2. Alalá e muiñeira vella de Seaia
  3. Mazurca e jota de Axeitos
  4. Muiñeira de Grixoa e jota de Soutelo de Montes
  5. Trulla, añas e canto de Abril de Gargamala
  6. Pandeirada de Miñata
  7. Canto de andar o camiño de Bembibre
  8. Muiñeira de Barrán
  9. Jota en danza de Cerdeira
  10. Canto de berce
  11. Devina estrella
  12. Jota e pasodoble de Mangüeiro
  13. Verde-Gaio
  14. Ruada de Folgoso
  15. Ronda de Mangüeiro

Video da canción do “Verde-gaio”

Merca o disco Leilía

Guardar

Guardar

Eloi e Pilar:
Related Post