No mundo de hoxe existe a sensación de ter unha grande oferta de productos para mercar, pero se te das conta, vemos como, nos cinco continentes, acabamos por vestir igual, comer a mesma comida, escoitar a mesma música…
Sen darte conta rematas sendo un consumidor pasivo e impulsivo, coa falsa sensación de que eres tí quen elixe.
Fabrícanse productos en serie, baratos e atractivos a primeira vista, que envellecen con rapidez para ser tirados e sustituidos por outros, impóndose unha filosofía de usar e tirar.
Fronte o mundo da falsificación e a imitación están os productos artesanais.
Un producto artesano é o resultado da creatividade e da imaxinación.
Na súa elaboración transfórmanse materiais de orixe natural, xeralmente con procesos e tecnicas manuais que aportan un alto valor cultural.
Son productos atemporais e duradeiros que van dirixidos á persoas que non mercan por un impulso irracional se non que valoran todo o que rodea a ese producto artesano, tanto o que se ve como o que non.
Que pasa cando mercas unha pandeireta artesá?
5 RAZÓNS PARA MERCAR UNHA PANDEIRETA ARTESÁ
1#. Mercas unha pandeireta única e orixinal
Se decides mercar unha pandeireta artesá estás apostando pola creatividade e a singularidade.
Poderás personalizar a túa pandeireta escollendo a madeira que máis che guste, as cores, as ferreñas… Terás unha pandeireta única e adaptada o teu gusto.
A nós gústanos o concepto de instrumento-compañeiro, a pandeireta que te acompaña é un obxeto especial, ó que cuidas e mimas. É especial para tí porque a escolliches tí, ou porque te escolleu ela a tí, eso da igual, pero ademáis é especial porque sabes quen a fixo, como a fixo… todos eses pequeniños detalles transforman a esa pandeireta en un obxeto único.
2#. Coñeces á persona que as fai
Podes establecer unha relación de confianza co artesán coa garantía que esto supón, tanto a hora de mercar un instrumento como a hora de facer unha reparación.
Sabes que esa persoa está traballando e experimentando para mellorar a calidade dos teus instrumentos.
E non é o mesmo ter un obxeto feito a man, con dedicación e de grande calidade que obxetos feitos en serie. A simetría fría fronte a orixinalidade de pezas que nunca son iguais.
Ningún artesano te deixará colgado no telefóno, con unha musiquiña de fondo, mentres te pasa coa atención ó cliente.
E falando de coñecer ó artesán, se nos queres coñecer mellor aquí tes unha pequena presentación.
Xa sabes! estamos á túa disposición para calquera dúbida ou para calquera proposta que teñas. Aquí podes ver como contactar con nós.
3#. Mercas unha pandeireta de calidade
Cando falamos de artesanía falamos de materias primas de calidade e de fabricación e acabados impecables.
Nunha pandeireta artesá os pequenos detalles marcan a diferencia.
No Obradoiro Son de Pau eses pequenos detalles son:
- As ferreñas que non desgasten tanto na madeira.
- A empuñadora adaptada para diestros ou para zurdos.
- O aro unido con parafusos que permite poder cambiar pel ou ferreñas sen dañar a madeira.
- A maioría das madeiras que usamos son autóctonas.
- O acabado final das pandeiretas faise cun producto con certificación Ecolabel.
4#. Apoias ó mercado local
Nun mundo como o de hoxe onde todo ven de China e cunha filosofía de usar e tirar a túa decisión de mercar un producto artesano sí importa.
O mercar unha pandeireta artesana apoias ó mercado local e de cercanía con tódolos beneficios que esto supón.
- Apoías un pequeno proxecto.
- Colaboras na mellorara da economía da túa localidade.
- Contribues á reducción da contaminación en transportes.
- Consigues que se poida conxugar a economía coa conservación dos bens do patrimonio cultural.
- Axudas a que o mundo rural non esmoreza xa que usamos materias primas que proceden tamén do rural, xenerando un efecto contaxio da riqueza.
5#. Contribúes a manter viva a cultura
Os instrumentos tradicionais represéntante, representan a túa cultura, a túa terra e a túa esencia.
Un producto artesá combina cultura, tradición, inspiración e esforzo, e incluso pode chegar a ter un sentido espiritual.
Cando decides mercar unha pandeireta artesá estás:
- Apoiando que o traballo dos artesáns continúe e sigan sendo depositarios das técnicas de traballo do seu oficio.
- Aportas o teu graniño de area para que a música tradicional e todo o que a rodea siga viva.
- Axudas a manter as formas de ocio propias da nosa cultura.
- Creas a túa cultura e axudas a mantela e espallala…
Como ves a pandeireta non é só o que se ve, se non moito máis…
COMENTA
Atopas ti algunha outra razón para mercar unha pandeireta artesá?
Pensas que estas razóns son suficientes para decidirte a mercar unha pandeireta artesá?
Cóntanos o que che parece nos comentarios, esperámoste!