X

ELIXE a madeira dos instrumentos de percusión tradicional

As árbores sempre estiveron cheas de maxia e significados místicos e foron veneradas en moitas culturas.

Non é de extrañar, pois dende antigo as árbores proporcionaron alimento, remedios, sombra e por suposto a súa madeira que servía para alimentalo lume e para construir. Era un recurso imprescindible.

Hoxe tamén sabemos que as árbores contribuen ó equilibrio ecolóxico evitando a erosión e purificando o aire.

O longo do tempo a madeira foise sustituindo, para moitos usos, por outros materias como plástico, metal,… pero a madeira ten unha beleza dificil de igualar e sigue sendo moi aprezada.

Tradicionalmente a madeira tamén foi a materia prima na construcción dos instrumentos musicais. E botábase mán das madeiras que había no entorno.

Hoxe en día hai unha oferta máis variada de madeiras pero é máis complicado conseguir as madeiras autóctonas.

A madeira dos instrumentos de percusión tradicional – CAL ELIXIR?

Cando vas mercar un instrumento de percusión, que madeira escoller?

Que diferencias hai entre unhas e outras?

Imos facer unha guía para axudarche nesta decisión.

Tes que fixarte:

  • Nas cualidades sonoras da madeira. Se ben é verdade que cada madeira ten o seu son particular tamén é verdade que tes que ter un oido moi fino para apreciar eses matices.
  • En cuestións estéticas. A madeira ofrécenos unha variedade de tons, debuxos e incluso de olores.  Esto xa vai no teu gusto persoal.
  • Un factor importante que tes que ter en conta é o  peso do instrumento. Un peso escesivo provocará dor na mán ou nas costas.
  • Na resistencia e a durabilidade da madeira.

CLASIFICACIÓN DAS MADEIRAS

A madeira pode clasificarse de moita maneiras, Aquí imos facer unha clasificacion un tanto xenérica:

1#.Madeiras duras

  • Proceden de árbores de folla caduca.
  • Son madeiras de crecemento lento.
  • Teñen pouca resina.
  • A súa cor é, habitualmente, máis oscura.
  • Ten máis densidade que as madeiras blandas.
  • Son máis difíciles de traballar.
  • Son máis escasas e polo tanto máis caras.
  • Exemplos de madeiras duras son: carballo, castiñeiro, faia, freixo, nogueira, cerdeira, olivo, castaño…

2#.Madeiras blandas

  • Normalmente as madeiras blandas proceden das coníferas.
  • As árbores que medran rápido producen madeiras brandas.
  • En xeral son máis resinosas.
  • A súa cor e máis clara.
  • Son madeiras máis lixeiras.
  • Son máis fáciles de traballar
  • Son fáciles de conseguir e máis baratas.
  • Exemplos de madeiras blandas son: pino, chopo, abeto, balsa…

ALGÚNS CONCEPTOS SOBRE A MADEIRA

  • Ámago

É a parte máis xoven do tronco e corresponde ós últimos aneis de crecemento. A madeira do ámago é máis clara, menos densa e ten máis humidade que o cerne.

É por esta zona do tronco por donde se conducen a auga e as sales minerais das raíces ata as follas.

  • Cerne

A medida que o árbol medra, a parte máis interna do tronco deixa de conducir auga e sufre certas transformacións químicas e físicas. Basicamente escurece a súa cor (nuns casos moi evidente  e noutros non tanto),vólvese máis dura e máis resistente.

A función do cerne é servir de sostén a árbore. Tamén se lle chama o corazón da madeira.

  • Veta

A veta é o debuxo que presentan tódalas variedades de madeira. Este debuxo débese á propia estructura da árbore.

  • Grao

O grao é como as venas no corpo humano, son os conductos por donde circula a auga e os nutrintes nas árbores. Se estes conductos son finiños falamos dunha madeira de grao fino e son máis anchos falamos de madeira de grao groso. O grao afecta ó acabado final das pezas. Un grao fino consegue un acabado máis púlido e un grao gordo da unha maior resonancia.

  • Densidade

A densidade é a relación entre a masa e o volumen da madeira. Esta relación vese moi afectada pola humidade, por iso sempre se mide a densidade da madeira cun grao de humidade do 12%.

A densidade mídese en kilográmos por metro cúbico.

Cuanto máis densa é unha madeira máis pesa.

Para que te fagas unha idea, a densidade pode ir dende os 400Kg. por m³ das máis lixeiras (como o chopo) ós máis de 1000Kg. por m³ das máis pesadas (como o granadillo)

  • Dureza

A dureza é a resistencia da madeira ó desgaste e o raiado. A dureza vai ligada á densidade, a maior densidade, maior dureza.

E como xa vimos no apartado anterior según a súa dureza podemos distinguir madeiras duras e madeira brandas.

A dureza mídese do 1 das máis brandas ata o 10 das máis duras.

AlGUNHAS ÁRBORES E AS SÚAS MADEIRAS

Imos che falar de cinco especies que son das máis usadas, polas súas características, para a construcción dos instrumentos de percusión tradicional.

1#.A Cerdeira

A cerdeira (Prunus Avium) é unha linda árbore froiteira que chega a medir 25 metros de altura.

Encontrámola fundamentamente nas zonas templadas do hemisferio norte.

Na primavera cúbrese de frores.

Os seus frutos son deliciosos e moi apreciados.

A madeira de cerdeira é moi apreciada en ebanistería, tornería e construcción de instrumentos musicais.

As súas tonalidades van dende o rosa claro do ámago ata o rosa vermellón do cerne.

Ten un grao moi fino, cunha fibra recta e  un veteado chamativo.

A súa densidade é de 620Kg. por m³, é decir que ten un peso medio.

Ten unha dureza media de 4,3.

Esta é unha madeira chamativa, cunha bonita cor, non pesa moito e é resistente.

Estos son algúns instrumentos feitos con cerdeira.

2#A Faia

A Faia (Fagus Sylvatica) pertence á familia das Fagáceas, pode alcanzar una altura de 30 metros.

Ten un tronco groso, ramas altas, copa redondeada e follas alongadas e punteagudas e con bordes dentados.

É unha árbore que medra moi lentamente, esto fai que a súa madeira sexa moi resistente.

Unha curiosidade é que a madeira de faia está moi relacionada en Europa coa aparición da escritura.

Parece ser que os xermánicos usaron tablillas de madeira para gravar os seus escritos.

A súa madeira é apreciada en ebanistería, tornería e tamén na construcción de instrumentos musicais.

A súa cor está entre branco alaranxado e rosa claro.

O seu veteado é discontinuo fusiforme o que lle da un aspecto punteado.

O seu grao é fino e de fibra recta.

E ten unha densidade de 730 Kg. por m³. Polo tanto é a máis pesada das cinco das que che falamos hoxe.

E a súa dureza está en torno a 4.

Esta madeira é resistente pero pesa un pouco máis.

Este é un tambor que ten corpo e aros de faia.

3#.O Freixo

O freixo (Fraxinus excelsior) é unha árbore que pode alcanzar os  30 ou 40 metros.

Ten un tronco dereito e cilíndrico e a copa é alta e de forma ovoide.

Esta árbore é orixinaria de Europa e o oeste de Asia.

En Galicia abonda moito no norte.

Podemos vela en sebes, nas ribeiras dos ríos e en bosques de terras frescas e profundas.

Polas súas cualidades de robustez e flexibilidade a súa madeira foi usada para a construcción de carros e apeiros de labranza.

As súas varas tamén son empregadas na cestería.

A cor dor freixo é dunha cor amarela pálida, como o nácar ou rosa con vetas escuras e marcadas.

A súa densidade é de 670 Kg. por m³.

E a súa dureza 4,2.

É unha madeira resistente, con un peso medio e con unhas lindas vetas.

Dous tamboriles de freixo.

4.#A nogueira

A nogueira (Juglans Regia) é unha árbore que pode chegar os 20 metros de altura.

O tronco é dereito e o seu diámetro pode superar os 2 metros de ancho.

A súa copa é ramosa e esférica.

A nogueira regálanos uns froito exquisitos e moitas propiedades nutricionais.

A cor da súa madeira varía do amarelo grisáceo no ámago ó grisáceo marrón no cerne.

A madeira de nogal é moi apreciada pola súa resistencia e durabilidade.

Ten un grao medio e ten a fibra recta e as veces ondulada.

A súa densidade é de 650Kg. por m³.

É ten unha dureza de 3,8.

Nas fotos podes ve unha pandeireta de nogueira, ademáis de resistente é bastante lixeira.

5.#O Amieiro

O Amieiro (Alnus glutinosa) é unha árbore da familia das betuláceas.

Podemos atopala en toda Europa, no norte de África e en Siberia.

En Galicia podemos vela nas beiras de tódolos ríos.

A súa altura pode chegar ata os 20 ou 30 metros.

Ten moitas follas que son redondiñas e rematadas en punta, as súas beiras son dentadas e onduladas.

Ten unha madeira resistente e doada de traballar e que aguanta moi ben a humidade.

Un dos usos tradicionais desta madeira era para facer as zocas.

É dificil distinguir entre o ámago e o cerne.

A cor da madeira pasa de un marrón claro cando se corta a un marrón encarnado co paso do tempo.

Ten un grao fino e un veta recta cando se cultiva. Se proven de lugares salvaxes é máis irregular.

Ten unha densidade de 550Kg. por m³, polo tanto é a máis lixeira das que presentamos aquí.

É dunha dureza media.

Estas son dúas pandeiretas de amieiro, unha ó natural e outra tinguida.

EXPERIMENTANDO

Sempre nos gusta facer probas con novas madeiras.

Agora estamos empezando a probar o bidueiro.

Xa vos iremos contando os froitos destes experimentos!

CÓNTANOS tí

Cal é a madeira que máis che gusta?

Tes algún instrumento feito con unha madeira rara? Que tal sona?

Esperámoste nos comentarios!

Eloi e Pilar:
Related Post