As árbores sempre estiveron cheas de maxia e significados místicos e foron veneradas en moitas culturas.
Non é de extrañar, pois dende antigo as árbores proporcionaron alimento, remedios, sombra e por suposto a súa madeira que servía para alimentalo lume e para construir. Era un recurso imprescindible.
Hoxe tamén sabemos que as árbores contribuen ó equilibrio ecolóxico evitando a erosión e purificando o aire.
O longo do tempo a madeira foise sustituindo, para moitos usos, por outros materias como plástico, metal,… pero a madeira ten unha beleza dificil de igualar e sigue sendo moi aprezada.
Tradicionalmente a madeira tamén foi a materia prima na construcción dos instrumentos musicais. E botábase mán das madeiras que había no entorno.
Hoxe en día hai unha oferta máis variada de madeiras pero é máis complicado conseguir as madeiras autóctonas.
A madeira dos instrumentos de percusión tradicional – CAL ELIXIR?
Cando vas mercar un instrumento de percusión, que madeira escoller?
Que diferencias hai entre unhas e outras?
Imos facer unha guía para axudarche nesta decisión.
Tes que fixarte:
- Nas cualidades sonoras da madeira. Se ben é verdade que cada madeira ten o seu son particular tamén é verdade que tes que ter un oido moi fino para apreciar eses matices.
- En cuestións estéticas. A madeira ofrécenos unha variedade de tons, debuxos e incluso de olores. Esto xa vai no teu gusto persoal.
- Un factor importante que tes que ter en conta é o peso do instrumento. Un peso escesivo provocará dor na mán ou nas costas.
- Na resistencia e a durabilidade da madeira.
CLASIFICACIÓN DAS MADEIRAS
A madeira pode clasificarse de moita maneiras, Aquí imos facer unha clasificacion un tanto xenérica:
1#.Madeiras duras
- Proceden de árbores de folla caduca.
- Son madeiras de crecemento lento.
- Teñen pouca resina.
- A súa cor é, habitualmente, máis oscura.
- Ten máis densidade que as madeiras blandas.
- Son máis difíciles de traballar.
- Son máis escasas e polo tanto máis caras.
- Exemplos de madeiras duras son: carballo, castiñeiro, faia, freixo, nogueira, cerdeira, olivo, castaño…
2#.Madeiras blandas
- Normalmente as madeiras blandas proceden das coníferas.
- As árbores que medran rápido producen madeiras brandas.
- En xeral son máis resinosas.
- A súa cor e máis clara.
- Son madeiras máis lixeiras.
- Son máis fáciles de traballar
- Son fáciles de conseguir e máis baratas.
- Exemplos de madeiras blandas son: pino, chopo, abeto, balsa…
ALGÚNS CONCEPTOS SOBRE A MADEIRA
-
Ámago
É a parte máis xoven do tronco e corresponde ós últimos aneis de crecemento. A madeira do ámago é máis clara, menos densa e ten máis humidade que o cerne.
É por esta zona do tronco por donde se conducen a auga e as sales minerais das raíces ata as follas.
-
Cerne
A medida que o árbol medra, a parte máis interna do tronco deixa de conducir auga e sufre certas transformacións químicas e físicas. Basicamente escurece a súa cor (nuns casos moi evidente e noutros non tanto),vólvese máis dura e máis resistente.
A función do cerne é servir de sostén a árbore. Tamén se lle chama o corazón da madeira.
-
Veta
A veta é o debuxo que presentan tódalas variedades de madeira. Este debuxo débese á propia estructura da árbore.
-
Grao
O grao é como as venas no corpo humano, son os conductos por donde circula a auga e os nutrintes nas árbores. Se estes conductos son finiños falamos dunha madeira de grao fino e son máis anchos falamos de madeira de grao groso. O grao afecta ó acabado final das pezas. Un grao fino consegue un acabado máis púlido e un grao gordo da unha maior resonancia.
-
Densidade
A densidade é a relación entre a masa e o volumen da madeira. Esta relación vese moi afectada pola humidade, por iso sempre se mide a densidade da madeira cun grao de humidade do 12%.
A densidade mídese en kilográmos por metro cúbico.
Cuanto máis densa é unha madeira máis pesa.
Para que te fagas unha idea, a densidade pode ir dende os 400Kg. por m³ das máis lixeiras (como o chopo) ós máis de 1000Kg. por m³ das máis pesadas (como o granadillo)
-
Dureza
A dureza é a resistencia da madeira ó desgaste e o raiado. A dureza vai ligada á densidade, a maior densidade, maior dureza.
E como xa vimos no apartado anterior según a súa dureza podemos distinguir madeiras duras e madeira brandas.
A dureza mídese do 1 das máis brandas ata o 10 das máis duras.
AlGUNHAS ÁRBORES E AS SÚAS MADEIRAS
Imos che falar de cinco especies que son das máis usadas, polas súas características, para a construcción dos instrumentos de percusión tradicional.
1#.A Cerdeira
A cerdeira (Prunus Avium) é unha linda árbore froiteira que chega a medir 25 metros de altura.
Encontrámola fundamentamente nas zonas templadas do hemisferio norte.
Na primavera cúbrese de frores.
Os seus frutos son deliciosos e moi apreciados.
A madeira de cerdeira é moi apreciada en ebanistería, tornería e construcción de instrumentos musicais.
As súas tonalidades van dende o rosa claro do ámago ata o rosa vermellón do cerne.
Ten un grao moi fino, cunha fibra recta e un veteado chamativo.
A súa densidade é de 620Kg. por m³, é decir que ten un peso medio.
Ten unha dureza media de 4,3.
Esta é unha madeira chamativa, cunha bonita cor, non pesa moito e é resistente.
Estos son algúns instrumentos feitos con cerdeira.
2#A Faia
A Faia (Fagus Sylvatica) pertence á familia das Fagáceas, pode alcanzar una altura de 30 metros.
Ten un tronco groso, ramas altas, copa redondeada e follas alongadas e punteagudas e con bordes dentados.
É unha árbore que medra moi lentamente, esto fai que a súa madeira sexa moi resistente.
Unha curiosidade é que a madeira de faia está moi relacionada en Europa coa aparición da escritura.
Parece ser que os xermánicos usaron tablillas de madeira para gravar os seus escritos.
A súa madeira é apreciada en ebanistería, tornería e tamén na construcción de instrumentos musicais.
A súa cor está entre branco alaranxado e rosa claro.
O seu veteado é discontinuo fusiforme o que lle da un aspecto punteado.
O seu grao é fino e de fibra recta.
E ten unha densidade de 730 Kg. por m³. Polo tanto é a máis pesada das cinco das que che falamos hoxe.
E a súa dureza está en torno a 4.
Esta madeira é resistente pero pesa un pouco máis.
Este é un tambor que ten corpo e aros de faia.
3#.O Freixo
O freixo (Fraxinus excelsior) é unha árbore que pode alcanzar os 30 ou 40 metros.
Ten un tronco dereito e cilíndrico e a copa é alta e de forma ovoide.
Esta árbore é orixinaria de Europa e o oeste de Asia.
En Galicia abonda moito no norte.
Podemos vela en sebes, nas ribeiras dos ríos e en bosques de terras frescas e profundas.
Polas súas cualidades de robustez e flexibilidade a súa madeira foi usada para a construcción de carros e apeiros de labranza.
As súas varas tamén son empregadas na cestería.
A cor dor freixo é dunha cor amarela pálida, como o nácar ou rosa con vetas escuras e marcadas.
A súa densidade é de 670 Kg. por m³.
E a súa dureza 4,2.
É unha madeira resistente, con un peso medio e con unhas lindas vetas.
Dous tamboriles de freixo.
4.#A nogueira
A nogueira (Juglans Regia) é unha árbore que pode chegar os 20 metros de altura.
O tronco é dereito e o seu diámetro pode superar os 2 metros de ancho.
A súa copa é ramosa e esférica.
A nogueira regálanos uns froito exquisitos e moitas propiedades nutricionais.
A cor da súa madeira varía do amarelo grisáceo no ámago ó grisáceo marrón no cerne.
A madeira de nogal é moi apreciada pola súa resistencia e durabilidade.
Ten un grao medio e ten a fibra recta e as veces ondulada.
A súa densidade é de 650Kg. por m³.
É ten unha dureza de 3,8.
Nas fotos podes ve unha pandeireta de nogueira, ademáis de resistente é bastante lixeira.
5.#O Amieiro
O Amieiro (Alnus glutinosa) é unha árbore da familia das betuláceas.
Podemos atopala en toda Europa, no norte de África e en Siberia.
En Galicia podemos vela nas beiras de tódolos ríos.
A súa altura pode chegar ata os 20 ou 30 metros.
Ten moitas follas que son redondiñas e rematadas en punta, as súas beiras son dentadas e onduladas.
Ten unha madeira resistente e doada de traballar e que aguanta moi ben a humidade.
Un dos usos tradicionais desta madeira era para facer as zocas.
É dificil distinguir entre o ámago e o cerne.
A cor da madeira pasa de un marrón claro cando se corta a un marrón encarnado co paso do tempo.
Ten un grao fino e un veta recta cando se cultiva. Se proven de lugares salvaxes é máis irregular.
Ten unha densidade de 550Kg. por m³, polo tanto é a máis lixeira das que presentamos aquí.
É dunha dureza media.
Estas son dúas pandeiretas de amieiro, unha ó natural e outra tinguida.
EXPERIMENTANDO
Sempre nos gusta facer probas con novas madeiras.
Agora estamos empezando a probar o bidueiro.
Xa vos iremos contando os froitos destes experimentos!
CÓNTANOS tí
Cal é a madeira que máis che gusta?
Tes algún instrumento feito con unha madeira rara? Que tal sona?
Esperámoste nos comentarios!










