Houbo festa na Arca da Noe o sábado pasado para celebrar o seu segundo aniversario.
Non poideches estar?
Ou estiveches pero apetéceche revivir o que alí aconteceu?
Pois acompáñanos!
♣ A ORGANIZACIÓN da festa na Arca da Noe
Cando chegamos atopamos a praza engalanada, o escenario listo para os concertos, o material do circo preparado para comezar o obradoiro, o pultpo na pota, o arroz na tixola e as cervexas na neveira.
Neste caso os tripulantes da Arca da Noe aunaron esforzos para que todo estivera preparado e a punto para a festa.
Incluso fixeron maxia.
O camión que chegou para servir de escenario provocou as risas dos veciños.
-Que camión máis “hortera”!
Pero cunhas preciosas mantas feitas no tear, desapareceu o camión… et voilà…! un escenario do máis molón.
♣ O CIRCO
A tarde comezou co obradoiro de circo… Para os nenos?
Sí!, ainda que algún maior tamén puxo moito empeño en facer malabarismos!
Celso Pereira e Olmo Gómez foron os encargados do taller e ensinaron “os nenos” como andar pola corda, como andar enrriba dunha pelota xigante, como andar con zancos, os malabarismos… vamos! que o pasamos pipa!
♣ A MÚSICA na festa da Arca da Noe
Para abrir boca, comezamos cunha pequena actuación de Humberto Cao.
E a continuación o concerto de Uxía con João Gentil e Sérgio Tannus.
-Un luxo disfrutar dun concerto así, na pequena praza dunha pequena aldea.
-Un luxo ver tamén os pequenos sentados na primeira fila, disfrutando coa música.
♣ MOMENTO EMOTIVO
Na metade do concerto houbo unha sorpresa.
Chamaron a Noe ó escenario.
André Taboada deulle as gracias de parte da tripulación da Arca e dixo estas lindas palabras, “En Vilar de Santos hai un antes e un despois da Arca da Noe”
Tamén lle fixeron un agasallo moi orixinal.
O xogo Quem e Quem? da Arca da Noe.
Onde os personaxes son amigos, compañeiros e colaboradores da Arca (ainda que falta xente, porque non cabían todos!).
Neste pequeno video recóllese a entrega do regalo a Noe.
Feliz aniversario! e ata o próximo ano…
♣ CÓNTANOS
Coñeces a Arca da Noe?
Que é para tí a Arca?
Deixanos os teus comentarios
View Comments (2)
Pasástelo ben eh!
Hai que ver que equilibrio ten Estrela.
Nós non poidemos ir.
Xa nos extrañou non vervos!
A verdade é que estivo moi divertido.
Nós marchamos pronto pola pequena, pero a festa ainda seguiu.