X

INSTRUMENTOS tradicionais XAPONESES

Os instrumentos tradicionais xaponeses, no fondo, non deixan de ser similares os de outras partes do mundo.

Unha pel sobre a que bater, unha cana pola que soprar, unhas cordas que rasgar…

O fin e ó cabo nacen da necesidade de expresión do ser humano, que busca na natureza os materiais para construilos.

O que sí cambia é a maneira de entender e tocar eses instrumentos.

A música é  a expresión dun pobo, a través dela podemos coñecer as súas ilusións, os seus desexos, as súas penas, os seus traballos, as súas crenzas…

Como estamos no verán e o verán é a época típica para viaxar imos facer unha viaxe ata Xapón para coñecer algúns dos instrumentos tradicionais xaponeses.

Acompáñanos!

OS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS XAPONESES

1.#TAIKO

Taiko significa gran tambor.

Hoxe en día úsase este termo para denominar ós tambores en xeral.

O Taiko é o tambor xaponés que se toca con baquetas de madeira denominadas bachi.

Tócase en moitas festas tradicionais.

Según o tipo de construcción, os tambores Taiko, clasifícanse en dous tipos:

  • Byou-uchi daiko (nos que os parches están clavados ó corpo). Estes tambores fánse de troncos de árbores furados e non son afinables.
  • Tsukushime-daiko (os parches están fixados con aros de metal e cosidos con cordas). Estes pódense afinar.

Dentro de cada un destes tipos existen variedade de tamaños e formas.

Os tambores máis espectaculares están feitos con árbores de 1200 anos e pesan aproximadamente 300Kg o que fai dificil movelos. O normal e que permanezan fixos no mesmo sitio.

O Taiko era usado polos guerreiros no antigo xapón e tamén foi usado para facer música de corte.

2.#BINZASARA

A Binzasara é un instrumento de percusión tradicional xaponés.

É da familia dos idiófonos é usase en pezas folclóricas, no teatro Kabuki e nos bailes rurais.

Este instrumento tradicional xaponés componse de moitas pezas de madeira con forma de placas enfiadas cun cordel.

Ten unhas asas nos extremos por onde se agarra, e faise soar facendo movementos ondulatorios.

3.#KOTO

O koto e un instrumento tradicional xaponés que tamén se coñece como arpa xaponesa.

Este instrumento consiste nunha caixa de resonancia de madeira, de forma rectangular, duns dous metros de lonxitude que ten dous furados na parte posterior e trece cordas.

Tócase cunhas uñas de marfil que se colocan nos dedos polgar, índice e maior da mán dereita. Coa man esquerda modifícanse os tonos das cordas.

A arpa xaponesa é un instrumento milenario.

Antigamente úsabase como un elemento ritual nas cerimonias relixiosas.

O longo da historia foi variando o seu tamaño e o número de cordas.

Hoxe en día serve tanto, para interpretar pezas de música xaponesa antiga como para facer música de fusión.

O seu son pretende recrear os sons da natureza e é tan variable que as veces parece un arpa e as veces parece unha guitarra.

4.#SHAMISEN

O Shamisen é un intrumento tradicional xaponés, similar a un banjo, que está construido cunha estructura de madeira recuberta cunha pel tensada e un mastil. Leva tres cordas que se tocan coa axuda dunha púa grande.

Para tocalo existen distintas técnicas que permiten conseguir distintas tonalidades.

A capacidade do shamisen para crear grande variedade de tons é a súa caracerística máis peculiar.

Podemos cambiar o seu ton modificando:

  • O mástil
  • A púa
  • As cordas
  • Os materiais da súa construcción
  • A técnica que se usa para tocalo

Existen cerca de vinte tipos de shamisen, cada un deles con cadanseu tono.

Úsase para contar historias, para cantar cancións de amor, no teatro kabuki…

5.#SHAKUHACHI

Córtase un anaco de bambú dende a sua raíz, ponse a secar durante varios anos e con él constrúese unha frauta chamada  Shakuhachi.

Ten catro orificios ó frente e un pola parte posterior. A embocadura está cortada oblicuamente na superficie do bambú.

Esta frauta produce sons intermedios que en occidente se denominan microtonales esto consíguese con:

  • Unha dixitación simple que xenera unha escala pentatónica
  • Técnicas especiais que inclúen movementos da cabeza, cambios na embocadura e no interior da boca.

No Xapón tradicional os monxes Komusō practicaban a meditación soprando unha frauta Shakuhachi.

Estes monxes pertencían a unha orde mendicante que vagaba polo país tocando a frauta e pedindo limosna, pretendían chegar á iluminación a través do son da frauta.

Naquel entón  o shakuhachi non era considerado un instrumento musical se non un elemento da práctica relixiosa.

En 1871 o grupo foi proscrito, e a partir de entón o son do Shakuhachi comeza a ser transmitido en calidade de música co nome de música orixinal.

Na actualidade o Shakuhachi ten un repertorio moi amplo e pódese ver en pezas da música tradicional xaponesa pero tamén na música clásica contemporánea occidental  incluso en agrupacións de salsa ou música dance.

E TÍ, QUE OPINAS?

Cal destes instrumetos che gustou máis?

Coñeces algún dos outros instrumentos tradicionais xaponeses?

Esperámoste nos comentarios…

Eloi e Pilar:

View Comments (2)

    • A verdade é que a música tradicional xaponesa é unha música moi delicada, imitando os sons da natureza e que invita á introspección.
      Ideal para relaxarse.
      Pero a mín os que me impresionan de verdade son os tambores...!

Related Post