A percusión tradicional historicamente estivo relegada a un segundo plano. Incluso nalgúnhas partituras de principios de século XX para referirse ó bombo e a caixa usaban o termo Ruido.
Considerábase como un simple acompañamento sen máis importancia.
Pero é isto así? É a percusión música de segunda?
A Percusión a música orixinal
E curioso ebservar como o máis sinxelo, vital, e por iso, común, pásache desapercibido.
Estamos falando do primeiro son que escoitaches e que te sigue acompañando día a día, estamos falando de corazón.
Cando viñeches a este mundo a túa principal banda sonora durante nove meses foi algo así como pum-pum….shiii pum-pum…..shiii pum-pum…….shiii…. latido e fluir de sangue. A primeira e vital percusión que te sigue acompañando hoxe en día.
Algo obvio que todos sabemos e que pasamos por alto sin darlle a importancia que merece. Quizais por orixinaria esta sexa a máis sinxela e intensa música que levamos dentro.
Párate, escoita e sinte…
A música náceche dentro, e quere ser expresada. Deixa que flúa!
Agora todo é cuestión de sentir, de observar, de experimentar, de construir…
E a percusión tradicional en Galicia que?
Cada territorio ten as súas particularidades e a súa enerxía, eso fai que as cousas vaian evolucionando dun xeito ou doutro.
En Galicia a música estaba ligada a vida cotiá, ó rural. A xente cantaba e tocaba para acompañar os traballos do campo, os traballos da casa e tamén os momentos de lecer.
Os nenos xogaban construindo instrumentos con elementos da natureza que pouco a pouco se ían perfeccionando e mellorando.
Pero os que realmente tiñan a consideración de Músicos eran os homes que tocaban e que recibían un pago polo seu traballo.
O resto das expresións musicais quedaban relegadas a un segundo plano.
Esto ponse de manifesto na grande evolución que tivo a gaita nos derradeiros vintecinco anos fronte os instrumentos de percusión que se mantiveron sen moita variación.
Será traballo dos músicos e dos constructores de instrumentos innovar neste campo. Pero a percusión tradicional ainda ten moito que dicir.
Para mostra un botón…
Agora tócache a tí
Deixanos un comentario. E cóntanos:
#Cal é a túa relación coa percusión tradicional?
#Sintes tamén esa conexión da percusión co máis primitivo que hai en tí?
[…] que aparece na música tradicional en moitos lugares do mundo. A pecusión conecta directamente coa orixe da música, xunto coa […]