Cando se fala de música galega o primeiro que pensas é na música tradicional, pero a música galega ofréce hoxe unha grande variedade. Hai para tódolos gustos e de tódolos estilos, dende tradicional, folk, pop, rock, hip-hop….
Moitos músicos que empezaron nos grupos tradicionais ou de folk, foron evolucionando hacia outros estilos dando lugar a un panorama musical moi diverso.
Desfruta del!
Xa sabemos que hoxe todo vai as presas e que tes pouco tempo.
Escoitas música mentres vas no coche, nun bar mentres tomas algo, de fondo mentres estás de compras…
Moita da música que escoitas é case imposta, acabas oindo o que che poñen.
Pero merece a pena que te regales un tempiño para disfrutar con calma da música e que sexas tí quen decida o que quere escoitar.
Crea ó ambiente… media luz, unha bebida rica un sofá cómodo… se é en boa compañia xa non podes pedir máis…
Hoxe imos facer un repaso de cinco discos que sairon á luz no que levamos de ano.
Esta é a nosa proposta.
Que a disfrutes!
MÚSICA GALEGA DE HOXE
#XOSÉ LOIS ROMERO E ALIBORIA
O pasado 27 de Marzo saiu á venda o disco da banda Xosé Lois Romero e Aliboria.
Aliboria é un grupo de dez percusionistas dirixidos por Xosé Lois Romero.
Forman parte do grupo ademáis do propio Xosé Lois, Alejandra Montero, María Montero, Andrea Montero, Mariana Montero, Cristina Sánchez, Ramón Dopico, Antonio Prado, Jorge García y Cristina Pico.
O disco, que leva o mesmo nome da banda, ten nove cancións tracionais todas elas moi coñecidas.
A innovación neste traballo ven da man dos arranxos na percusión.
Coma eles mismos dín prentenden “provocar unha revolución no ámbito da percusión tradicional, dotándoa así dunha innovadora linguaxe e aportando novas fórmulas sonoras a un amplo conxunto de instrumentos”.
#GELRIA
A banda Gelria que está formada por Elena Tarrats, Mario G. Cortizo e Federico Mosquera, estreou o pasado mes de Abril o seu libro-disco “Cantos de Poeta”.
Este é o seu primeiro disco, eles defíneno como “unha antoloxía poetica musicada” na que fan un percorrrido pola poesía galega contemporanea.
No disco hai catorce cancións de catorce poetas, catorce clásicos…
Outro poeta, Manuel Rivas, escribiu algúns poemas para intercalalos entre os versos dos poetas.
O libro-disco ten un prólogo de Xosé Lois Romero e ven acompañado de ilustracións e fotografías. As letras dos poemas preséntanse en catro idiomas, galego, castelán, portugues e inglés.
Neste disco hai moitos músicos invitados o que lle aportan unha rica sonoriedade e unha gran variedade instrumental.
Como mostra “ZOCAS” de Manuel María.
#ROI CASAL
Roi Casal é un músico de Catoira que foi o harpista de Milladoiro durante nove anos.
Este é o seu cuarto traballo en solitario “Son Galego, Son Cubano” que rende homenaxe os emigrantes galegos en Cuba.
O estreo na Habana foi este pasado mes de Maio no Gran Teatro Alicia Alonso, antiga sede do Centro Galego en Cuba.
En Galicia estrearase o próximo 18 de Xuño.
As cancións foron escritas por Neira Vilas especialmente para este disco e conta coa colaboración do músico cubano Pablo Milanés.
Neira Vilas faleceu antes de ver rematado o proxecto pero era o seu desexo que as súas cancións se escoitaran en Cuba o país que as inspirou e no que viviu 30 anos.
Este é un avance deste traballo que ademáis do disco presentarán varios videos musicais e un documental titulado “A illa dos Galegos”
Mercar o libro-disco Son galego, son cubano
#SONIA LEBEDINSKY
A cantante de Fía na Roca, Sonia Lebedinsky, inicia a súa carreira en solitario cun disco recén estreado “Deserto de Centos”.
Sonia ven de participar en multiples proxectos colectivos e este traballo é o punto de partida da súa carreira en solitario, nel quere reflexar tódalas músicas que lle gustan e que ferven na súa cabeza.
Este disco ten estilos moi variados, nel está presente a música tradicional, pero tamén topamos ritmos brasileiros, funky, pop, baladas ou blues.
Sonia Lebedinsky contou coa colaboració de grandes músicos coma, Xosé Lois Romero (que anda en todas!), Guadi Galego, Uxía, Oscar Losada ou Serxio Tannus.
E para os seus concertos conta cunha banda de oito músicos na que teñen un papel principal os metais.
Merca o disco Deserto De Centos (MP3)
#CAXADE
Caxade é o proxecto musical do músico galego Alonso Caxade.
Este pasado mes de Maio, estreou o seu segundo traballo “E isto é o amor” (Discos da Máquina 2016).
Fan unha música minimalista con mensaxe reivindicativa.
Os seus temas son poéticos e reflexivos.
En canto a música apostan polos metais e o acordeón. Ademáis de engadir sons electrónicos coa incorporación de acordeóns MIDI e sintetizadores.
O tema que da nome ó disco “E isto é o amor” é o único que non foi escrito por Alonso Caxade. Trátase dun poema do Escritor Sechu Sende.
Merca o disco E Isto É o Amor (MP3)
E TÍ QUE MÚSICA GALEGA ESCOITAS?
Cóntanos
Buscaches un ratiño para tí, para escoitar música, para disfrutar…?
Que che parecen a nosas propostas musicais?
Engadirías algunha outra?
Estamos desexando que nos contes…

Moitas grazas por estas achegas tan fermosas.
Olá Manolo, que ben que che gustara!
Espero que as disfrutaras moito.
O importante é regalarse un momento para disfrutar da música.
Que ben…..!!!!
Apertas para tí e para María…!