Unha das lectoras e afiliadas do noso blog, escribíunos para propornos que falásemos sobre poemas galegos musicados.
Tamén nos envióu o enlace dunha páxina onde se poden encotrar un lote deles.
Deixoche o enlace aquí por se queres botarlle un vistazo.
Como nos encantaou que nos escribira… pois hoxe… esta entrada vai por ela!
Moitas grazas Mar…!
“O niño novo do vento” de Álvaro Cunqueiro
Hoxe imos falar sobre o poema de Alvaro Cunqueiro “O niño novo do Vento” que está no seu libro “Cantiga Nova que se chama riveira” do ano 1933.
Este libro pertence o neotrobadorismo.
Nel recréanse as cantigas medievais da lírica galego-portuguesa cunha linguaxe renovada.
Este poema é moi coñecido porque foi musicado por moitos artistas.
O NIÑO NOVO DO VENTO
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!
5 VERSIÓNS DE… quen poidera namorala…
1#. Luis Emilio Batallán
No seu primeiro disco “Aí ven o Maio”(1975), Luis Emilio Batallán fixo a primeira version musicada deste poema.
A anécdota foi que a fixo sen o permiso de Cunqueiro, que pillou un bo cabreo.
Finalmente acabaron arranxando o asunto.
No 2007 Luis Emilio Batallán volve a regravar a canción para incorporala á banda sonora da película Pradolongo, dirixida por Ignacio Vilar.
Nesta ocasión con acompañamento de gaita e da Orquestra Sinfónica de Galicia, para facela máis cinematográfica.
Canción regravada para a película Pradolongo
2#. Astarot
No seu quinto traballo, “O sentir dunha terra”, Astarot fai unha homenaxe á cultura musical galega.
Nel contan con moitas colaboracións como, Suso Vaamonde, Susana Seivane, Mini, Herdeiros da Crus, Fuxan os Ventos…
Esta é a versión máis rocanroleira do poema de Álvaro Cunqueiro.
“Quen poidera Namorala” concerto de Astarot na Praza da Quintana
Merca o disco O Sentir Dunha Terra
3#. Milladoiro
No seu disco “A Quinta das Lágrimas”, Milladoiro bota unha mirada as relacións entre Galicia e Portugal.
Nel recrean a historia do amor prohibido entre a galega Dona Inés de Castro e Don Pedro de Portugal.
Neste traballo aparece unha versión do poema de Álvaro Cunqueiro.
“Quen Poidera Namorala” Milladoiro no Pazo da Cultura de Pontevedra
Mercar o disco A Quinta Das Lágrimas
4#. 2naFronteira
Esta versión, cantada en directo no Bâbâ Bar da Coruña, é do dúo 2naFronteira.
Este dúo esta formado pola cantante arraiana Carmen Penim e o pianista italiano Maurizio Polsinelli.
En directo no Bâbâ Bar da Coruña
5#. Abe Rábade Trío
O disco Versons (2013) de Abe Rábade Trío, é un disco íntegro de versións.
Nel hai dende referentes do jazz, pezas de compositores barrocos ata temas máis achegados a música tradicional galega como “No niño novo do vento”.
“No niño novo do vento” – Abe Rábade Trío
Merca o disco Versons by Abe Rabade Trio
UN EXTRA
Extra #. Eladio y los Seres Queridos
A última versión da que teño coñecemento é a que está, no recen estreado, Cantares.
Nel, Eladio y los Seres Queridos, tamén fan unha versión ben fermosa deste poema.
Merca o disco Cantares
CONTANOS
Cal versión che gusta máis das cinco?
Coñeces algunha outra versión?
Tes unha caixa de comentarios ó final desta páxina.
Anímate!
SUSCRÍBETE
Se che gusta o blog, suscríbete!
Recibirás as novidades no teu correo electrónico.
Poderás participar en promocións e sorteos exclusivos para os suscriptores.
E tamén te podes descargar un cancioneiro coa letra de quince cancións tradicionais e populares galegas.
E descárgate gratis o Cancioneiro de Son de Pau Gratis e 100% libre de spam
Ohhhhhhhh!!! Bo día!!!! Que honor inmerecido! Mil grazas!!
Déixovos outra versión, desta volta de Xoel López. Esta canción é fermosísima así que non se pode escoller unha única versión: https://www.youtube.com/watch?v=ScXcoTGbkik
Boa semana!!!!
Olá Mar:
Pareceunos interesante a túa aportación e queriamos compartila!
E a proposta de Xoel López tamén ben fermosa!
Unha aperta e boa semana!