O tambor é un instrumento ancestral que está presente en tódalas culturas como elemento ritual e de poder.
O son do tambor está vinculado os ritmos naturais. ó latido do corazón, á tormenta ….
En Galicia o tamboril é un instrumento de percusión imprescindible nos grupos tradicionais.
Se che gusta o son do tamboril e queres coñecer un pouco máis da súa historia sique lendo…
¿Que é o tamboril galego?
O tamboril galego é un instrumento de percusión membranófono.
Faise dobrando unha lámina de madeira duns 5 mm. de grosor ata formar con ela unha caixa de resoancia de forma cilíndrica que vai reforzada interiormente. A esta peza chamámoslle o corpo.
A unión das distintas pezas de madeira faíse con cola.
Leva dúas peles, unha na parte superior do corpo, na que se toca, e outra na parte inferior, onde vai o bordón.
As peles van suxeitas nuns arillos finos de madeira, porriba destes van os aros do tambor.
Os aros levan uns furados por onde pasa a corda. A corda enfíase en forma de zig-zag unindo o aro superior co inferior e vai zinguida cos arrochos que permiten aumentar ou diminuir a tensión das peles.
O tamboril galego tamén leva bordón. O bordón é unha corda de tripa (ou outro material) que atravesa a pel inferior. Xeneralmente leva dous bordóns e pódense tensar co mecanismo do tirabordón ou tensor do bordón.
Tamén leva o enganche do cinto que é unha peza metálica que sirve para suxeitar o tamboril no cinto do tocador.
A altura do tamboril nunca supera a medida do seu diámetro, é un instrumento máis ben chato.
Historia do tamboril galego
En Galicia hai dúas denominacións que se usan como sinónimos pero que poden facer referencia a dobre orixe do instrumento:
- Tambor: Probablemente fai referencia ós tambores máis grandes, de procedencia militar.
- Tamboril: que posiblemente ven dos tambores máis pequenos que tocaban os tamboriteiros pendurados do brazo e acompañado cunha frauta de tres furados.
Parece que non foi ata o século XVIII que o tamboril formou dúo coa gaita de fol.
A primeira iconografía galega na que aparece a gaita acompañada do tamboril data de 1715 e está nas tallas da Sacritía da Catedral de Tui.
Dende entón a gaita e o tamboril formaron parella inseparable, ainda que con algúns altibaixos.
No século XIX as bandas populares tocaban a caixa de aros metálicos e tensadas con parafusos, e no rural foise sustituindo o tambor de madeira por este novo instrumento.
A partir de 1920 grupos como os gaiteiros de Soutelo de Montes volven recuperan o tamboril que se mantén ata hoxe.
O tamaño dos tambores dos grupos folclóricos foi diminuindo dende os 35 a 40 cm. a principios do século XX ata os 25cm. dos nosos días. O mismo tempo tamén diminuiu a lonxitude dos paus que se usan para tocalo. Esto provocou que o son do tambor cambiase moito neste tempo, pasando dun son máis grave a outro máis agudo.
Historicamente, así como os tambores de marco eran tocados polas mulleres para acompañar a voz, o tamboril era un instrumento masculino e que acompañaba a outros instrumentos melódicos.
Como se toca o tamboril?
O tamboril vai pendurado do cinto do tocador, en posición horizontal lixeiramente inclinado hacía esquerda.
Tócase con dúas baquetas, chamadas paus, duns 35-40cm. de lonxitude, máis anchas na parte posterior e que se van estreitando cara adiante. Na punta teñen un engrosamento que é o que bate na pel.
O tambor debe imitar a melodía da gaita.
Para practicar e repasar os ritmos básicos do repertorio tradicional, podes ver o Curso de tamboril de Erick Feles.
Neste caso vemos o ritmo básico de pasodobre curto.
Non tes tamboril ou precisas un novo?
Podes ver os nosos tamboriles aquí.
Si falas con nós, e nós contas o que queres, faremosche un tamboril a medida dos teus gustos.
Tamén nos podes deixar un comentario contándonos:
- Si tocas o tamboril ou che gustaría tocalo
- Como che gusta que soe o tamboril
- Se precisas un tamboril novo ou arrenxar o que xa tes
Contestarémosche o antes posible
Fonte: “Os Instrumentos Musicais na Tracición Galega” Pablo Carpintero


[…] A man dereita bate coa pel facendo os distintos ritmos, semellantes os que tocamos coa pandeireta. […]