A fin de semana pasada estivemos na Poboa de Trives, na IX Mostra do Patrimonio Inmaterial.
Este evento estivo organizado pola asociación A Caniceira de Trives, e houbo actividades, xogos e música para tódolos públicos.
A organización púxose en contacto con nós para convidarnos a participar na feira de artesanía que se fixo no casco vello do pobo durante toda a fin de semana…
E alí estivemos…
O VENRES DÍA 11
O venres pola tarde deu comezo a a IX Mostra do Patrimonio Inmaterial de Trives cos Cantos de Taberna que na su VII edición percorrreron os bares e tabernas do pobo.
A partir das oito da tarde seis grupos da zona animaron o pobo coas súas músicas.
E para rematar xuntáronse na praza do Reloxo para facer foliada e baile… Festa rachada…!
O SÁBADO DÍA 12
Sobre as once da mañá daba comezo a feira de artesanía, alí estivemos nós co noso posto.
Dando un paseo polo casco vello da Poboa de Trives podíanse ver postos de distintas artesanías como xoguetes, complementos, roupa, comida… e instrumentos tradicionais ( por suposto…!)
Esa mesma mañá tamén poidemos disfrutar do pasacalles da Banda de Gaitas Os Trintas… Había moito ambientillo…!
Outra das actividades que había programadas para o sábado pola mañá era a III edición do campionato de billarda.
E xaa pola tarde poidemos disfrutar das músicas do Ravelista Paco Cosío nun concerto de instrumentos medievais na praza Doutor Paz.
Aquí unha pequena mostra da música de Paco Cosío.
Pola noite houbo concerto do grupo do Barco, Los Íñigos cos seus covers dos anos 60. E por suposto a xente aproveitou para disfrazarse e meterse en ambiente.
Aquí tendes a Los Íñigos coa súa versión de O Tren de Andrés do Barro
O DOMINGO DÍA 13-Desfile dos folións de Entroido
O domingo pola mañá vimos a saida do sol nun sitio espectacular e aproveitamos para dar un paiseiño moi agradable polo pobo que a esas horas estaba completamente vacío.
E á volta das once da mañá abría as portas novamente a feira de artesanía.
Os nenos tiveron obradoiros de pintacaras, tatuaxes e globoflexia da man de “Máis que Brincos”.
E a sesión vermú estivo animada polos ritmos tradicionais das Macizas Centrais.
As Macizas Centrais tocando no Entroido de Verán 2016
E pola tarde desfilaron os folións de entroido… Unha pequena mostra do Entroido desta zona que nos deixa con ganas de ir a coñecelo.
O Folión da Asociación A Caniceira de Trives
O broche final puxoo outro grupo barquense, Son do Sil.
Son do Sil-Galicia Docemente
Unha fin de semana completiña….!
Estivemos moi a gusto, coñecemos moita xente, descubrimos unha zona moi bonita… e quedaronnos ganas de voltar para vela máis polo miudo….
Gracias xente de Trives, pola boa acollida…!
CÓNTANOS
Cóñeces Trives?
Tes ido o seu Entroido?
Que che parecen os folións?