Pensas que é unha pena que o rural galego vaia esmorecendo?
Cres que no rural hai moitos recursos que se poderían aproveitar mellor?
Eres dos que pensa que hai que darlle a imaxinación para buscar novos xeitos de vivir?
Pois, sigue lendo, esto vaiche interesar!
Nun recuncho dunha pequena aldea do Sur de Ourense, Vilar de Santos, atopámonos coa Arca da Noe.
Como a arca da historia bíblica esta tamén acolle a todo tipo de especies, en parella ou sos, e sirve de refuxio a este diluvio moderno que deixa as aldeas soas e o rural abandonado.
A Arca da Noe recolle a esencia da antiga taberna, punto de encontro e reunión dos veciños. Veñas de onde veñas, unha vez que pos o pé dentro da Arca xa te sintes parte desa veciñanza.
É un espazo aberto para todos onde se misturan grandes e pequenos, vellos e novos, os da cidade e os da aldea… unidos todos polo desexo de convivir e pasalo ben.
Que é a ARCA DA NOE?
1.#Un proxecto de dinamización do rural
A realidade en Galicia é que cada vez queda menos xente nos pobos. Este proxecto pretende traer ó rural toda unha serie de actividades que de outro xeito non chegarían.
2.#Un punto de encontro para os do pobo e para os que veñen de fóra
Os veciños da Arca están plenamente integrados na súa actividade, colaboran e participan en tódolos proxectos que se poñen en marcha.
E por outra banda, a Arca, chama a moita xente de fóra, gracias a tódalas actividades, talleres, concertos… que organiza.
3.#Un punto de encontro para proxectos locais
Na Arca está moi presente a idea de colaboración e axuda mutua con outros emprendementos locais.
4.#Cultura
•Exposións permanentes de pintura e artesanía.
•Concertos ó vivo
•Actividades varias…
Embarcate na ARCA DA NOE e…
1.# Desfruta dun lugar agradable
Onde podes tomarte algo. Fóra…? dentro…? na terraciña…? arriba…? . Onde queiras pero sempre en boa compañía.
E se vas con nenos eles tamén teñen o seu espacio de xogos.
2.#Desfruta dunha boa comida
No verán se queres facer unha cea cos teus amigos ou familia bótalle un vistazo o menú e chama para encargalo.
1º Prato- Salada Rusa
2º Prato- Cordeiro criado nos montes de Vilar de Santos + patacas (da casa) e salada.
Pan tradicional de Faragullas + Viño.
Sobremesa: Bolachas de algarroba (Faragullas) e de castañas (Forno das Cândeas) con Marmelada de sabugueiro (Carabuñas) + 1 copiño de Licores Alicornio.
A demáis das tostas, hamburguesas e taboas de sempre.
3.#Merca productos locais
•Productos da zona con sabores auténticos dende pan, bolachas, marmelada, mel, licores…
•Música
•Arte e artesanía
Podes atopar todo isto na Arca pero periodicamente tamén organizan unha feira de productos locais.
4.#Toca algún instrumento e canta
Se che da envidia ver como a xente saca os seus instrumentos e se poñen a tocar, non te quedes mirando, participa!
Na Arca hai foliada día sí e día tamén. E os concertos acostuman a rematar co grupo do día tocando cos espectadores.
5.#Aprende
De forma continua organízanse talleres de distintas temáticas.
6.#Desfruta dos concertos
Un dos platos fortes da Arca da Noe son os concertos.
recibiu o premio Martín Codax a mellor sala de música.
Este premio concedeo a Asociación de Músicos ao vivo, formada por máis de 350 músicos que escolleron á Arca da Noe entre dezasete salas de toda Galicia.
E alá foi a Noe, a recollelo premio ó Pazo da Cultura de Pontevedra. Pero non foi ela soa, non!, ía acompañada dos seus veciños e amigos. Fixo falla un autobús para levalos a todos!
E, por certo, montaron unha boa troula para rematar aquel acto tan oficial e tan serio.
É un luxo ter preto un local así, onde disfrutar da música e de grupos e artistas ben interesantes.
Nos concertos non se cobra entrada.
A Arca garantiza un mínimo ó grupo e o final da actuación o público ten que facer a súa contribución para completar o caché.
Si non se completa A Arca pon o que falta.
Xa ves que esta aportación final é moi importante para garantir a rendabilidade e a continuidade destes concertos.
Quen está detrás da ARCA DA NOE?
Como te podes imaxinar todo isto supón moito traballo e unha grande organización.
Quen está a fronte da Arca é alguén con experiencia, que xa formou parte de outros proxectos e que finalmente pon en marcha o seu propio.
Como di ela, “non son eu soa, hai moita xente que me axuda e colabora” pero non hai dúbida que a alma da Arca é a Noe.
O terceiro aniversario
O día 14 de Agosto a Arca celebra o seu terceiro aniversario.
Sí! só tres anos e xa conseguiu ser un local de referencia.
Tres anos cheos de xentes e de historias.
Historias como a do Juan, un veciño o que lle costaba un mundo chegar ata a Arca pero en canto lle puxeron un marcapasos ía como un foguete ou a da Rosita, outra veciña, que cede a súa casa como camerino ós artistas que veñen actuar.
Ou como acabou Xosé Lois Romero, despois de actuar, botando unha man na plancha porque había moita xente, ou cando Uxía Pedreira preparou a cea….
A Arca da Noe prepara xa os últimos detalles para esta celebración.
Como podes ver no cartaz, a festa comeza a partir das 7 da tarde.
1#. As 19:00 haberá Cabaret para nenos con Nelson Quinteiro Cabaret.
Según eles mesmos contan, a Compañía de Nelson Quinteiro ofrece “experiencias que integran os 5 sentidos y que permiten ó espectador vela realidade dende un novo punto de vista. Un prisma divertido, alegre, onírico, optimista, que celebra a vida e a alegría de vivir”
Desta volta traen o Pequeno Cabaret Infantil, unha propuesta de teatro de rúa, cómico e para un público infantil y familiar.
Unha pequena mostra do traballo desta Compañía
2#. As 21:00 será a presentación do proxecto e a exposición de Músicas Galegas Ilustradas
Con este proxecto, Laura Romero que é ilustradora e baixista, pretende dar visibilidade as mulleres da música galega.
3#. As 22:00 concerto das Malvela
Que imos decir… mulleres da terra que aman e desfrutan da música… e iso nótase…! Alegría e festa.
O Pirimpinpín
4#. Foliada
Por suposto non podía faltar unha boa foliada, así que xa estás levando algún instrumento para participar…!
E se queres estar o tanto de todo o que se organiza na Arca podes seguir o seu facebook, alí van dando conta de tódolos concertos e actividades.
5#. E a comida que non falte…! ????
E para coller folgos estará o Pucho co pulpo e Viktor e Natalia cos seus platos veganos.
E TÍ, cóntanos…
Coñeces a Arca da Noe?
Tes pensado ir ó aniversario? Nós sí que estaremos por alí, así que se te animas a ir, pásate a saudarnos…!
Tes algún proxecto vinculado o rural?
Esperámoste nos comentarios.