Hoxe en día a música está presente nas nosas vidas a todas horas.
E moi fácil que nos transformemos en consumidores pasivos da música máis comercial que se escoita en todas partes.
É responsabilidade nosa que os nenos teñan acceso a un abano amplo de músicas que lles servan para crear o seu propio criterio persoal.
Nesta ocasión falaremos de música que foi concebida para os máis pequenos e que acaba enganchandonos ós pais, porque, dalgún xeito, tamén desperta ó neno que levamos dentro.
Así que, acábanse rompendo as etiquetas, e nós andamos a tararear as cancións da “Nena e o grilo” e a nosa filla Estrela pide para durmir o disco de Maite Martín “Al cantar a Manuel”.
Aquí deixamos algunhas propostas das que nós disfrutamos moito en familia.
CINCO PROPOSTAS DE MÚSICA GALEGA PARA NENOS
1.#ROSALÍA PEQUENIÑA
Rosalía pequeniña (Galaxía 2013)
O seu obxetivo é achegar ós nenos a figura de Rosalia dende un novo punto de vista, unha Rosalia “pirata, insumisa e loitadora” é tamén “luminosa, divertida e vestida de moitas cores…”
Os textos de Rosalía foron musicados con melodías variadas, actuais e dirixidas a un público familiar.
O libro ten prólogo de Begoña Caamaño e as fermosas ilustracións son de Marina Seoane.
Neste disco hai numerosas colaboracións.
O brasileiro Sergio Tannus foi o encargado da producción, a edición e os arranxos.
Para musicar os poemas contou coas voces de Aline Franzao, Sés, a Señora Carme ou Guadi Gallego.
E os sons de, Benxamín Otero, Isaac Palacín, Santi Cribeiro, Pablo Seoane e Magín Blanco.
Mercar o libro-disco Rosalía pequeniña
2.#NA PUNTA DO PÉ
Pesdelán é un grupo de música que, cos seus discos e espectáculos, pretende recuperar o espíritu participativo das festas.
Buscan que o público espectador se transforme en público participativo.
O libro CD-DVD “Na punta do pé (Kalandraka-2010)”
No CD hai doce temas en galego, portugués e mirandés.
No DVD explican os pasos e ensinan os bailes.
O libro foi ilustrado polo portugués João Vaz de Carbalho.
Mercar Na punta do pé (Libro-disco)
3.#PELO GATO 24
“PELO GATO 24″(2008) é un libro disco-CD-DVD.
Este traballo foi impulsado e producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
Mistura xogos e música que veñen da tradición para amosarllos os nosos cativos de hoxe.
No CD hai trece cancións , recollidas da tradición oral galega .
A dirección musical é de Paulo Nogueira e Magoia Bodega e foron interpretadas por cantantes e músicos do prestixio de Leilía, Fuxan os Ventos,Xabier Díaz, Segundo Grandío, Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski, Xosé Liz, Sra. Carmen, Migallas, César Longa, Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Xurxo Souto e a charanga “Vai de Baile”.
O DVD está formado por un docufilm dirixido por Pablo Carpintero e Gustavo Couto sobre os xogos tradicionais, ademais dun “Como se fixo” e os videoclips e playbacks das cantigas.
Mercar o disco Pelo Gato 24
4.#A NENA E O GRILO e A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO
Os dous traballos de Magín Blanco “A nena e o Grilo” e “A nena e o Grilo nun barquiño” .
•”A nena e o grilo” (OQO-2010)
A nena e o grilo
É un collage de textos, debuxos e cancións.
Neste traballo Magín Blanco conta coa colaboración de Uxía, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Fred Martíns…
As imaxes do libro son do ilustrador galego Iván Prieto.
•”A nena e o grilo nun barquiño” (Fol música-2013)
A nena e O grilo nun barquiño
- trece cancións, cada unha delas vai introducida con un conto,
- e unha chea de actividades creativas e interactivas para os máis pequenos que poderán escribir, pintar e dibuxar no propio libros.
O libro está fermosamente ilustrado por Leandro Lamas.
Mercar o disco-libro A nena e o grilo
Mercar o libro-discoA Nena E O Grilo Nun Barquiño
5.#MARÍA FUMAÇA
María Fumaça é un proxecto literario e audiovisual promovido pola cantante Uxía Senlle.
O que nace como agasallo de Reis para o seu sobriño Rui, un neno especial que disfruta moito coa música, vai medrando e sai da casa para viaxar polo mundo.
O nome de María Fumaça está tomado dun tren que percorre o Brasil, e este proxecto e tamén unha locomotora que percorre o mundo repartindo felicidade é alegría e que nos mostra que a discapacidade non é unha maldición, se non unha diferenza que se pode vivir con alegría e optimismo.
Ata o de agora este proxecto plasmouse en dous discos:
•María Fumaça… cantar e bailar para ser máis felíz!!!
O primeiro traballo de proxecto María Fumaça é María Fumaça… cantar e bailar para ser felíz!!! (Sonárbore-2012)
É un libro que vai acompañado dun CD e dun DVD, con karaoke incluido.
Hai música, videoclips, cancións con pictogramas, videos dos nenos cantando con Rui, e como broche final “Rui e as Baleas” onde escoitamos a voz do inspirador de todo isto.
•Xiqui Xoque, fiu fiu!
é o segundo libro-CD-DVD de María Fumaça no que amáis de Uxía seguen participando moitos outros artistas.
En Xiqui xoque, fiú fiú! (Sonárbore-2014) a locomotora volve para amosarnos un mundo sen barreiras físicas nin mentais onde as discapacidades son un diferencia máis que enriquece o noso mundo.
Mercar o disco María Fumaça… Cantar Y Bailar Para Ser Más Feliz!!!
Mercar o disco Xiqui xoque, fiú fiú! de María Fumaça
E TÍ, TES ALGUNHA PROPOSTA DE MÚSICA GALEGA PARA NENOS?
Cóntanos nos comentarios:
Cal destes discos che gusta máis?
Coñeces ti algún outro?
Que música lle gusta os teus nenos?
Guardar
View Comments (8)
Todas as propostas xeniais!!
Gústanme tantos que non sabería cal poñer, pero venme á cabeza FIOS DO QUERER do CE ORQUESTRA PANTASMA!
Moi moi atinado!!
Apertas
Olá Lucía,
Pasamos momentos moi bonitos con estas músicas de fondo, por iso nos apetecía compartilas con vós.
Gracias polas túas propostas, non a coñecíamos, pero iso ímolo solucionar enseguida...
Apertas para tí tamén.
Migallas.pan de millo.
Xenial
Moitas gracias Fran pola túa suxerencia.
Non o coñecíamos pero acabamos de botarlle un vistazo e pareceunos precioso e moi recomendable.
Iremos tomando nota destes descubrimentos para facer unha nova entrada no blog e que máis xente poida disfrutalos.
Unha Aperta e a seguir disfrutando da música...!
Ola! Ás miñas pequenas encantoulles o disco de Paco Nogueiras: Bricavai. Temolo escoitado unha chea de veces. Tamen o de Pablo Diaz : Toc toc
Olá Mari Carmen:
Imos tomando nota para incluilas nun próximo artigo.
Cando hai nenos e música polo medio a diversión está asegurada!
Moitísimas grazas por compartir con nós.
E un beixiño para tí e as túas nenas.
Encántanme todos....Eu nn teño pekechos nin pekechas na casa, pero teño unha curmá moi feita de 6 aniños que lle encanta que lle cante as cancións destes libros cd....imos ós concertos e disfrútaos moitísimo...sobre todo se Uxía toca a pandeireta...
Recomendación: xogos musicais de Luis Prego
Sempre está moi ben desfrutar cos pequenos, ainda que non sexan teus.
Seguro que ela a gardar as túas cancións como bonitos recordos...
E moitas grazas tamén pola túa recomendación.
Unha aperta e un beixiño para tí e a túa curmá.