X

Recordando a FUXAN OS VENTOS

As veces a música funciona como unha pequena chave que abre recunchos que estaban agochados.

Eso pasoume estes días escoitando as cancións de Fuxan os Ventos. Sentinas … e de súpeto vinme transportado a miña infancia.

E surxiron os recordos…

Don Xosé, a megafonía da igrexa, o coro e aquel pandeiro, Cantareliña e Moisés.

Explícome.

D. Xosé era o cura que tiñamos en Bande. Debeu ser un dos primeiros párrocos en dicir a misa integramente en galego.

Tiña por costume, nos días de festa, por a música de Fuxan os Ventos pola megafonía da igrexa. Así que estiveras onde estiveras escoitabas A Saia da Carolina, Sementar sementarei, O lobo…

Tamén había un grupo de rapaces, entre os que estaban Javier, Moisés, o seu irmán Pepe… que tocaban e cantaban na misa.

Dunha vez Moisés escribiu unhas cancións para que os nenos cantaramos no festival de Cantareliña.

Ensaíabamos no coro da igrexa. Un dos recordos máis presentes que teño é aquel pandeiro cadrado pendurado dunha cordiña verde, que tanto me chamaba a atención e que está unido no meu recordo as cancións de Fuxan os Ventos.

Non foi casualidade entón que o primeiro instrumento que fixen, e que toquei, fora un pandeiro.

FUXAN OS VENTOS

ORIXES

A finais de 1971 o cura Mato de Lugo tivo a idea de xuntar seis rapazas e seis rapaces para formar un coro.

Así que na casa Diocesana de Exercicios ensaiaban e foi alí, no  salón de actos, onde tiveron a súa primeira actuación no “Festival de Primavera”.

Mato compuxo unha canción co nome Fuxan os Ventos, coa que gañan o primeiro premio do “III Festival Musical de San Lucas” de Mondoñedo.

Entón deciden cambialo nome de Folk 72 co que se presentaban polo de Fuxan os Ventos.

A ESENCIA DO GRUPO

Os seus comezos nos últmos anos da dictadura, donde o atraso económico e social en Galicia era moi patente, marca dalgún xeito a esencia do grupo.

Fuxan os Ventos é un referente claro de grupo comprometido e nos seus recitais reclaman a liberdade e cantan a dignidade e o orgullo dun pobo.

Son quen de chegar non só a intelectualidade galega, vinculada a canción protesta, se non tamén a Galicia máis rural.

A TEMÁTICA DAS SÚAS LETRAS

Cantan letras propias e de outros escritores que lles ofrecen as súas poesias como Darío Xoán Cabana, Manuel María, Marica Campos…

Tocándo as seguintes temáticas:

#O atraso cultural

#A lingua

#A miseria

#A emigración

#Os problemas da muller

#Os traballos do campo

#Os oficios

#As festas

TRAXECTORIA

Estes rapaces que comezan con menos de vinte anos, percorren toda Galicia de aldea en aldea, cantando en palcos improvisados, subidos os carros, en remolques de tractores, nos teleclubes…

A xente sÍntese reflexada co que cantan. Unha vez terminada a actuación oficial mestúranse co público e cantan con eles. Aproveitan eses momentos para facer recollidas de temas tradicionais.

Tamen percorren os escenarios de toda Europa (París, Zurich, Lorient ….)

Ainda que no comenzo, o seu repertorio incluía algunha canción en castelán van se decantando por cantar só en galego.

Os seus primeiros discos grávanos en Madrid coa discográfica Phillips-Fonogram. Esta discográfica non confíaba que un grupo que cantaba en galego tivera moita difusión máis alá da súa terra, así que propóñenlles cantar en castelán. A súa negativa supúxolles unha reducción importante nos roialties que cobraban.

A sorpresa foi. que nese tempo que gravaron con eles, convertéronse nun dos grupos, que xunto con Paco de Lucia, máis discos vendían.

UN ALTO NO CAMIÑO

O grupo acada grande éxito e  cada vez lle esixe máis adicación os seus compoñentes.

No ano 1989 deciden baixar o ritmo e adicarse máis as súas familias e traballo.

Naquel periodo o grupo grava un par de discos e fan algunha que outra actuación.

En 2009 reaparecen nos escearios co proxecto Terra de Soños xunto con outros artistas.

Onte, 6 de Maio de 2016, saiu a reedición do disco “Terra de Soños” esta vez editado en formato libro.

Este ano, con motivo do día das Letras Galegas, tamén estrean un tema inédito, acompañado dun videoclip adicado ó poeta Manuel Marías.

DISCOGRAFÍA

#1976        Fuxan os Ventos

#1977         O tequeleteleque

#1978         Galicia canta ó neno

#1978         Sementeira

#1981         Quen a soubera cantar

#1984         Noutrora

#1999         Sempre e máis despois

#2009        Terra de soños

COMPOÑENTES

#Antón Castro, zanfona, mandolina e voz.

#Xose Vázquez, percusión tradicional e voz.

#Pedro Lucas, gaita, frauta e voz

#Xoan L. Fuertes Saavedra, bouzuki, guitarra, violín e voz.

#Carmen Vazquez, voz

#Tereixa Nova, voz

#Maruxa Fociños, voz

#Alfonso Fernández, voz

#Moncho Díaz, voz, guitarra, frauta.

COMENTA

A onde te transporta a tí a música de Fuxan os Ventas?

Coñeces algunha anécdota deles?

Cal é a canción que máis che gusta do grupo?

Eloi e Pilar:
Related Post