X

PERCUSIÓN TRADICIONAL e o ritmo orixinal

A percusión tradicional historicamente estivo relegada a un segundo plano. Incluso nalgúnhas partituras de principios de século XX para referirse ó bombo e a caixa usaban o termo Ruido.

Considerábase como un simple acompañamento sen máis importancia.

Pero é isto así? É a percusión música de segunda?

A Percusión a música orixinal

E curioso ebservar como o máis sinxelo, vital, e por iso, común, pásache desapercibido.

Estamos falando do primeiro son que escoitaches e que te sigue acompañando día a día, estamos falando de corazón.

Cando viñeches a este mundo a túa principal banda sonora durante nove meses foi algo así como  pum-pum….shiii    pum-pum…..shiii      pum-pum…….shiii….  latido e fluir de sangue. A primeira e vital percusión que te sigue acompañando hoxe en día.

Algo obvio que todos sabemos e que pasamos por alto sin darlle a importancia que merece. Quizais por orixinaria esta sexa a máis sinxela e intensa música que levamos dentro.

Párate, escoita e sinte…

A música náceche dentro, e quere ser expresada. Deixa que flúa!

Agora todo é cuestión de sentir, de observar, de experimentar, de construir…

E a percusión tradicional en Galicia que?

Cada territorio ten as súas particularidades e a súa enerxía, eso fai que as cousas vaian  evolucionando dun xeito ou doutro.

En Galicia a música estaba ligada a vida cotiá, ó rural. A xente cantaba e tocaba para acompañar os traballos do campo, os traballos da casa e tamén os momentos de lecer.

Os nenos xogaban construindo instrumentos con elementos da natureza que pouco a pouco se ían perfeccionando e mellorando.

Pero os que realmente tiñan a consideración de Músicos eran os homes que tocaban e que recibían un pago polo seu traballo.

O resto das expresións musicais quedaban relegadas a un segundo plano.

Esto ponse de manifesto na grande evolución que tivo a gaita nos derradeiros vintecinco anos fronte os instrumentos de percusión que se mantiveron sen moita variación.

Será traballo dos músicos e dos constructores de instrumentos innovar neste campo. Pero a percusión tradicional ainda ten moito que dicir.

Para mostra un botón…

Agora tócache a tí

Deixanos un comentario. E cóntanos:

#Cal é a túa relación coa percusión tradicional?

#Sintes tamén esa conexión da percusión co máis primitivo que hai en tí?

As publicacións SonDePau
Título do artigo
Percusión Tradicional e o ritmo orixinal
Resumo do Artigo
A percusión tradicional é unha percusión ligada co corazón como primeria percusión e a súa evolución.
Autores
Publicado por:
SonDePau
Eloi e Pilar:

View Comments (0)

Related Post