Cando mercas unha pandeireta nova… – Ai! Que ilusión fai…! O que queres é sair por aí de troula para fachendear con ela. E non te cansas de mirala. -Ai! Que bonitiña é mi maaa…! -OIES TÍ! Ten conta coa miña pandeireta que é nova, nova noviña do trinque. A ver se ma vas raiar…! […]
Este pandeiro que toco… NON TEÑAS MEDO QUE ROMPA!
O pandeiro é un instrumento moi primitivo, que consta dun marco de madeira recuberto dunha pel, e que se atopa principalmente no entorno mediterráneo. En Galicia, nun tempo, debeu estar moi extendido, proba disto é que é o instrumento máis mencionado nas coplas tradicionais. Antigamente ó pandeiro cadrado chamábaselle adufe, pero este nome foi caendo […]
TAMBORIL GALEGO, percusión tradicional
O tambor é un instrumento ancestral que está presente en tódalas culturas como elemento ritual e de poder. O son do tambor está vinculado os ritmos naturais. ó latido do corazón, á tormenta …. En Galicia o tamboril é un instrumento de percusión imprescindible nos grupos tradicionais. Se che gusta o son do tamboril e […]
A Pandeireta, Percusión tradicional galega
A pandeireta é un instrumento de percusión que aparece na música tradicional en moitos lugares do mundo. A pecusión conecta directamente coa orixe da música, xunto coa voz. Podemos atoparnos con ela en escenarios musicais ben diferentes, dende a música orquestral, música folclórica ata no pop e no rock. Que é a pandeireta? A […]
APRENDER A TOCAR A PANDEIRETA con Internet
Aprender a tocar a pandeireta é relativamente fácil. É un instrumento moi agradecido e en pouco tempo, xa podes aprender os ritmos básicos e empezar a tocar. É verdade que tocar ben, non é fácil e require adicación e práctica. Non hai nada que máis me guste que ver tocar ben a pandeireta. Pero si […]
PERCUSIÓN TRADICIONAL e o ritmo orixinal
A percusión tradicional historicamente estivo relegada a un segundo plano. Incluso nalgúnhas partituras de principios de século XX para referirse ó bombo e a caixa usaban o termo Ruido. Considerábase como un simple acompañamento sen máis importancia. Pero é isto así? É a percusión música de segunda? A Percusión a música orixinal E curioso ebservar […]





