Cando mercas unha pandeireta nova…
– Ai! Que ilusión fai…!
O que queres é sair por aí de troula para fachendear con ela.
E non te cansas de mirala.
-Ai! Que bonitiña é mi maaa…!
-OIES TÍ! Ten conta coa miña pandeireta que é nova, nova noviña do trinque. A ver se ma vas raiar…!
…Pero á volta de dúas semanas… xa pasou a novidade e xa vas deixando a pandeireta por aí, onde cadra.
A que sí…?
COMO MANTER A TÚA PANDEIRETA EN PERFECTO ESTADO
A verdade é que a pandeireta só con tocala, xa lle das ben tralla.
Sen falar dalgún que teño visto eu que nun arranque de paixón arrebola co instrumento polo aire, cal Kurt Cobain.
É decir, para tocar hai que zouparlle. Ahí non nos pode dar pena!
Pero fora diso podemos tomar algunhas precaucións para que nos dure un pouco máis.
Os coidados que precisa son mínimos e bastante de sentido común:
1#.Transportaa gardada na súa funda
- Evita que se raie.
- Protexe as ferreñas da humidade para que non se oxiden.
- Protexe á pel e a madeira dos cambios de temperatura é humidade.
E falando de fundas… andamos cun proxecto supersecreto… que será, será…? Xa vos iremos contando.
2#. Na casa gardaa nun lugar seco
Sempre metida na súa funda e sobre todo se vas estar un tempo sen collela.
A pandeireta está feita con madeira, pel natural e metal, a humidade é enemiga dos tres.
3#. Non lle botes Nivea a pel
Quen di Nivea… di calqueira tipo de crema, aceite ou grasa.
Esto vai ben para as peles curtidas pero a pel da túa pandeireta non está curtida, está seca.
Con estes tratamentos a pel seca adquire máis elasticidade e cambia o son do instrumento e estropease o seu timbre.
O único producto axeitado para as peles de percusión é a manteiga do Karité.
Esta manteiga é 100% natural e obtense de prensar as noces da árbore sagrada do Karité que medra de forma salvaxe en África.
Nutre e protexe a pel, cando está moi reseca, sen afectar o seu son.
4#. Non a deixes no coche
Sobre todo no verán, porque hai grandes cambios de temperatura.
Pódese dar o caso extremo de que a pandeireta se deforme, se a deixamos na bandexa traseira do coche a pleno sol.
5#. Limpaa de vez en cando
As veces entre a cera, que lle das para que risque mellor, e o licor café forman unha capa de merdiña… que en fín…!
Pódela limpar con un pouco de auga e xabón, sen enchoupala moito e frotando con un estropaxo que sea suave.
Tamén lin por ahí que se podía limpar a pel con un limón, e que ademáis o limón o ser astrinxente, tensa a pel.
Se queres probalo…!
COMO MANTÉS TÍ A TÚA PANDEIRETA
Eres dos que se emociona e lanza a pandeireta polo aire?
Tes algún truquillo para limpala?
Deixanos un comentario contando como coidas a túa pandeireta.