Aprender a tocar a pandeireta é relativamente fácil.
É un instrumento moi agradecido e en pouco tempo, xa podes aprender os ritmos básicos e empezar a tocar.
É verdade que tocar ben, non é fácil e require adicación e práctica. Non hai nada que máis me guste que ver tocar ben a pandeireta.
Pero si estás empezando e buscas recursos que apoien a túa aprendizaxe, internet pode axudarte.
Aprender a tocar a pandeireta con…
1.#XABIER DÍAZ
Na súa escola virtual de pandeireta ofrécenos unha serie de videos para aprender e practicar.
Xabier Díaz, xunto as Adufeiras do Salitre, no seu último traballo “The Tambourine Man” convirte a percusión en protagonista, facendo un traballo precioso e levando a música tradicional á vangarda.
2.#ERICK FELES
Erick Feles é un gaiteiro venezolano que ten unha canle en youtube donde comparte videos ensinando a tocar dende gaita, tamboril, bombo, pandeireta, pandeiro e incluso as cunchas.
Na súa canle hai un apartado de pandeireta onde ensina os ritmos básicos.
Nos seus vídeos toca cada ritmo, primeiro máis amodo, para que nos demos conta como é. E logo toca máis rápido para que vexamos como ten que soar cando se toca ben.
Debaixo do vídeo, se premes no botón “mostrar máis” aí explica o ritmo usando onomatopeias para que te acordes mellor. E vai ensinando paso a paso como hai que tocalo.
Aquí tes como exemplo o Ritmo básico de pasodoble longo.
3.#GARDEN4EVER
Garden4ever é unha canle de youtube onde teñen toda unha serie de videos para aprender a tocar a pandeireta. Son arxentinos e contribúen a gardar o patrimonio musical dos seus antergos.
Revisa a caixa da descripción do video. sempre ten algunha explicación interesante.
Aiquí che deixo o ritmo básico de rumba
4.#XEITONAS
Xeitonas é unha web dunha rapaza que toca a gaita, o acordeón, percusión… Está moi chula e moi interesante. Entre outras cousas en youtube está facendo un curso de pandeireta. De momento só hai dous capítulos, espemos que continúe porque está moi ben.
Deixovos coa muiñeira.
5.#OS ZOQUEIROS
A asociación Cutural os Zoqueiros de Porriño na súa páxina web teñen unha sección de recursos, na que che ensinan como tocar algunhas das cancións do seu repertorio.
Neste video tocan a Foliada de Campelo.
6.#PANDEIRETA PRO
Pandeireta Pro é unha aplicación para ipad, iphone e Android desenvolvida por Taptil. Con ela podes tocar a pandeireta en calqueira momento sen molestar a ninguén.
Se che interesa podes descargala aiquí.
Este é o seu video promocional.
Cando vimos o vídeo pensamos que era broma, pero non, existe!
COMO PODES USAR TÍ ESTES RECURSOS
1#Pandeireta muda
Usa unha banda elástica (como as que se usan para o pelo) para porlle a pandeireta e que non soe.
2#A estudiar
Aprende o ritmo de memoria.
3.#Empeza a practicar
Ponte diante do ordenador co video do ritmo que estes aprendendo. Primeiro céntrate na primeira parte do video donde vai máis amodo, e tenta acompañalo.
4.#Seguir practicando
Practica, practica e volve a practicar, irás collendo velocidade e xa poderás ir a parte do video onde vai máis rápido.
5.#Agora coa gaita
Cando xa teñas unha certa soltura, podes buscar o video dunha canción que che guste tocada coa gaita ou coa frauta e ti acompañala coa pandeireta. Sempre coa túa pandeireta muda para escoitar ben a música.
E TÍ …
Coñeces algún recurso de internet que che axude a mellorar coa pandeireta?
Como o usas?
Cóntanolo nos comentarios.
Ah! e tamén podes compartir este artígo nas redes sociais e suscribirte.
E descárgate gratis o Cancioneiro de Son de Pau
Gratis e 100% libre de spam