Aquí podes ver os instrumentos que fabricamos no Obradoiro de percusión tradicional galega SonDePau.
Cada instrumento é distinto porque os facemos o teu gusto.
Cóntanos o que queres…!
Gustache a pandeireta e por fin decidíches apuntarte a clases?
Cando empezaches a tocar deixáronche unha, pero xa vai sendo hora de ter a túa propia?
Levas anos coa mesma pandeireta e a pobre xa non da pra máis?
Ou simplemente pensas que xa te mereces un pequeno capricho?
Os tamboriles e tambores estan ligados en casi tódalas culturas cos traballos de cultivar, de construir, de fabricar. Cada traballo ten o seu ritmo.
Nas culturas ancestrais, os Druidas, Chamáns e Sacerdotes usábanos nos seus rituais. Consideraban que a percusión en xeral e o toque dos tambores en particular estaban ligados a maxía e facilitaban a comunicación co máis alá.
Os pandeiros cadrados tradicionalmente son usados polas mulleres para acompañar o canto e os bailes.
Deberon ser usados dende moi antigo e recibían o nome de adufes, de ahí se lle supón a súa procedencia árabe.
A pandeira é un dos instrumentos máis antigos de marco redondo e con ferreñas que se conserva en Galicia.
Normalmente tócase de dous xeitos:
-Sosténdoa coa mán esquerda e introducindo o polgar no furado do marco. O son prodúcese principalmente ó bater a man dereita na pel.
…
O bombo introdúcese na música tradicional galega através das bandas que proliferaban no século XIX .
Convírtese en compañeiro inseparable da gaita, o clarinete e a caixa nos Cuartetos Tradicionais que se popularizaron a principios do século XX.
É o encargado de remarcar o pulso da melodía.
Copyright © 2017 SonDePau