X

A Pandeireta, Percusión tradicional galega

A pandeireta é un instrumento de percusión que aparece na música tradicional en moitos lugares do mundo. A pecusión conecta directamente coa orixe da música, xunto coa voz.

Podemos atoparnos con ela en escenarios musicais ben diferentes, dende a música orquestral, música folclórica ata no pop e no rock.

 

Que é a pandeireta?

A pandeireta é un pequeno instrumento que está formado por unha lámina de madeira curvada e unida polos seus extremos, á que chamamos corpo.

No corpo leva uns furados nos que se insertan as ferreñas, que son unhas láminas metálicas rizadas que baten entre sí aportando o son agudo.

Un dos lados do corpo está recuberto por unha pel tensa, cosida pola súa beira formando un reberete e suxeita cun arillo pequeno de madeira que vai atornillado ó corpo. Ó bater a man coa pel emite o son grave.

 

Orixe

Hai referencias á pandeireta en moitas culturas antigas, en Mesopotamia, en China, Grecia, Roma…

Na Biblia tamén se fala dela relacionada con celebracións, victorias militares e ceremonias relixiosas.

En Europa popularízase o seu uso na Idade Media. Son os cruzados os que a traen dende Oriente e os xograres e trovadores os que a extenden polo continente.

 

En Galicia

A pandeireta é un instrumento imprescindible na tradición musical galega.

Antes da eclosión da gaita, a primeiros do século XX, o que se tocaba era a pandeireta.

Era un instrumeto basicamente feminino que xunto coa voz servía para facelo baile.

Pero máis antigos que a pandeireta son a pandeira e o pandeiro cadrado ou adufe.

É a propia lírica popular a que nos vai dando conta disto en numerosas coplas.

A pandeira e o pandeiro tocábanse acompañados dos ferriños, que eran un marco de madeira con ferreñas que se tocaba coa man dereita batendo na perna.

Precisábanse duas tocadoras, unha para o pandeiro e outra para os ferriños.

Co tempo os ferriños pasaron a ter un marco circular de madeira que se seguía tocando na perna pero tamén se empezou a tocar batendo no brazo. A estes ferriños finalmente púxoselles unha pel.

Este novo instrumento combinaba, nun só, o son grave da pel co son agudo dos ferriños e foi o que fixo que a pandeira e o pandeiro cadrado caeran no olvido moi rapidamente.

A pandeireta seguíuse tocando ó xeito dos ferriños. Collendoa coa man dereita que é a que se articula e bateando contra a man esquerda que está quieta.

Esta é unha forma de tocar peculiar que non se ve en ningún outro lugar.

O feito de tocar coa man dereita dalle tamén máis protagonismo as ferreñas, que soan máis e máis forte, fronte ó parche.

A pandeireta tocábase basicamente para bailar, de aí, que en cada zona de Galicia os ritmos tiveran acentos e xeitos diferentes según os costumes de cada lugar.

 

A Pandeireta hoxe

Nos últimos anos a pandeireta, e en xeral os tambores de man, foron considerados instrumentos de seguda e a súa evolución quedou estancada tanto no aspecto constructivo como no xeito de tocar.

Pero… chegou o momento da percusión!

Estanse facendo traballos espectaculares que conceden todo o protagonismo a estes instrumentos.

“Vivan as pandeiretas e os adufes! Somos fortes!”
 

Cóntanos

Gústache a pandeireta?

Tocas nalgún grupiño ou gustaríache aprender?

Se nos queres contar algunha cousiña sobre as pandeiretas escríbenos un comentario.

 

Fontes documentais:
O libro “Os Instrumentos musicais na Tradición Galega” de Pablo Carpintero
Obradoiro de Percusión e canto tradicional “As ferreñas fanlle o son” de Xabier Díaz

 

Eloi e Pilar:

View Comments (4)

  • Temos que recoñecer que son mellores que os "Entrehortas" pero.... todo se andrará.

    Canta razón tedes na vosa referencia a árbore na pasada semana, pero aí está tamén ese artesán que é capaz de facer de canal transmisor para que o silencio da cerdeira se transforme nesa música tan fermosa.
    Unha aperta

  • Que bonita é a nosa música!
    As pandeiretas en Galicia soan mellor.
    Será polos músicos, pola madeira, ou polos artesáns.......?

    • Todo axuda...!
      Pero que imos decir nós, somos galegos e a música da terriña é a que nos tira.

Related Post