X

Na procura da funda perfecta para o teu instrumento

Non fai moito escribimos unha entrada sobre os coidados da túa pandeireta.

Un dos coidados importantes é gardala na súa funda.

A funda protexe de raiazos, da humidade, do calor…

Polo tanto debe ser unha compañeira inseparable do teu instrumento.

Xa hai un tempo andámoslle dando voltas o de facer fundas.

NA PROCURA DA FUNDA PERFECTA PARA O TEU INSTRUMENTO

Estivemos investigando e facendo probas.

E hai moitas cousas a ter en conta

1#. A máquina de coser

O primeiro paso foi recuperar a máquina de coser da miña nai.

Unha máquina que viaxou nos anos 80 dende Caracas ata Reboreda.

Xa levaba uns cantos anos sen coser e houbo que levala a facer unha posta a punto.

Pero a máquina é boa e quedou coma nova.

2#. O tecido

En principio buscamos tecidos que sean impermeables, resistentes, lavables e tamén con deseños bonitos.

Estamos probando con lona, que cumple con todos estes requisitos. E a verdade é que vai moi ben.

Pero gustaríanos atopar outros tecidos, incluso a posibilidade de reciclar algún material que sexa axeitado.

Para o forro estamos escollendo tecidos de algodón que son suaves.

E para ó recheo guata gordiña para que quede ben acolchada.

Estamos en proceso de investigación así que agradecemos as vosas opinións ou ideas.

3#. O deseño

A función principal da funda é protexer ó instrumento.

Pero ademáis ten que ser cómoda de levar e adaptarse as túas necesidades.

Que levas na funda ademáis do instrumento?

Partituras, a carteira, o móvil, as chaves…

En función de todo isto debemos incorporar bolsillos adaptados.

Tamén para transportar a funda hai distintas posibilidades.

Pode levar unha cinta en bandoleira, asas ou incluso tipo mochila…

4#. O mundo da mercería

Tamén tivemos que adentrarnos no mundo da mercería, bies, borlas, pompóns, puntillas…

Hai todo un mundo de posibilidades á hora de engalanar tanto instrumentos como a funda.

COMO É A FUNDA PERFECTA PARA O TEU INSTRUMENTO?

Cóntanos…!

Agora fáltanos o máis importante, a túa opinión.

Que tecido che parece o máis axeitado?

Que prefires levála en bandoleira ou tipo mochila?

Gústache a típica en cor negro ou prefires algo máis de colorido?

Podes deixar os teus comentarios máis abaixo.

Eloi e Pilar:

View Comments (8)

    • Olá Manu!
      Grazas por darnos a túa opinión.
      Para nós é fundamental saber o que vos gusta.
      Unha aperta

  • Ola!
    Primeiriño de nada parabens por o blog. Encantame!!!
    Para min a funda perfecta sería una funda multifunción. Explícome.
    Teño pandeiro, pandeireta e pandeira. A funda perfecta para min sería por exemplo, una funda cadrada para o pandeiro pero con algún sistema para poder acoplar mediante corchetes ou calquera outra cousa que se vos ocorra unha funda para a pandeireta para cando precise levar as duas cousas. E o mesmo para a funda da pandeira para poder acoplar a de pandeireta. Por suposto colorida e para poder levar de bandoleira e tamén na man. Ahhhh, que case se me olvida. E tamén con espazo para gardar carpeta de partituras, carteira, mobil, chaves...etc.
    Casi nada verdade?
    Parabens outra vez polo blog

    • Olá Silvia!
      Que montón de ideas nos das...! Moitas grazas!
      Co que nos contas xa temos para darlle voltas a cabeza.
      Mola moito o de acoplar distintas fundas para levar varios instrumentos.
      Tomamos nota de todo...!
      Beixiños

  • Ola equipazo!
    Pois agora que o dicides a min prestábame ter unha funda de mochila, tal como dicides, impermeable de loneta. E na que caiban cousas como puxestes!!
    Que ganas de velas!!
    Así coloridas!!
    Ánimo!!

    • Nesas andamos!
      Esperamos poder ensinar algunhas pronto.
      Moitas grazas por compartir con nós a túa funda ideal, eso axúdanos a centrarnos un pouco.
      Beixiños

  • Olá, a miña funda perfecta sería aquela que, aparte de protexela fronte as inclemencias do tempo puidera usala como bolso cando a levo, é dicer, poder levar as chaves, o móvil, a carteira, o boli/lapiz e anotacións.
    Gústame que non sexa negra pero tampouco moi colorida, gustaríame que non fora redonda se non mais ben rectangular cunha solapa que abarcara toda a parte de diante, tipo bolso.
    Outra opción que non está mal e poder levala tipo mochila porque cando vas de foliada podela levar á espalda e bailar o mesmo tempo sen que te estorbe no lado.
    Saúdos.
    Moitos parabéns polo blog!!!!

    • Gracias Cris por contarnos como é a túa funda ideal.
      A verdade é que hai que ter moitas cousas en conta...!
      Nos aquí seguimos dandolle voltas... a ver que vai saindo.
      Iremos informando sobre os nosos avances.
      Unha aperta e grazas...!

Related Post